Banca Pública Galega
![](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/terraetempo/images/2022/07/06/20220706160630041497.jpg)
Non é posíbel desenvolvemento económico do país sen banca pública eficaz
A situación económica que padecemos obriganos a avivar o engeño en buscar alternativas a un sistema económico ruín e malvado coas nacións e persoas. É un sistema moribundo, decrépito, e criminoso para coa maioría das persoas. E vai camiño, de non ser trabado, de escravizarnos dunha maneira indigna. Vai levando a ruína a moitos sectores sociais, obrigando a moitas persoas a levar unha vida de pobreza impensábel, onte. O que se aviciña, de non pórlle fin a este modelo é: perda das prestación socias básicas tanto en sanidade como en educación; paro e fame; miseria.
A batalla polos servizos público tradicionais debe intensificarse, pero un novo servizo público debe entrar nas nosas reivindicacións: unha Banca Pública Galega. Non deixa de ser curiosos que sempre lle prestáramos moita atención a certos servizos público e pouca a conquista dunha banca pública. Coa importancia que esta ten en calquera economía ou modelo económico. Non é posíbel desenvolvemento económico do país sen banca pública eficaz. Non é posible unha económica popular e social sen banca pública. Non son posíbeis as prestacións socias, logo desta crise, sen banca pública. Non é posible un sector produtivo, nin o mantemento das explotacións agro-industrias ou pesqueiras, sen banca pública. Non son viábeis as pequenas e medianas empresas sen resorte financeiros, igual que non son posíbeis os prestamos as familias e persoas que os necesiten para a súa actividade diaria. Banca pública onde o padrón que se utilice non prime a usura de xuros inxustificábeis. Isto, sería, seguir apostado, de novo, por políticas económicas especulativas, política económica de crise permanente. É volver a aplicar as mesmas receitas que provocaron este estado de cousas. Acaso non é política especulativa o cuestionar o sistema de pensións pública para encamiñalo ao de pensións privada? Que fortuna e lucro terían os especuladores dos cartos?
Bon, hoxe que a Novacaixagalega parece encetar a súa andaina, debería ter en consideración varias cuestión relacionadas coa súa actividade:
1.- Que o mantemento de representantes nos seus organismos, de institucións publica ou grupos políticos, o que comunmente se da en chamar politización, en un valor en si, fronte ao que só falan da eficiencia do grande capital privado. A crise ben nos ensina esa eficiencia, non? Erradicar dunha vez esa idea tan nefasta e danosa para o conxunto da sociedade, de que os formulamentos políticos parecen ser os responsábeis ou as maldades das cousas.
2.- Que sexa unha banca con criterios primordialmente sociais, fronte aos criterios puramente especulativos. Estes criterios deben de ter o seu epicentro no apoio, axuda e colaboración, co sistema produtivo Galego. A Novacaixagalega debe ser unha coluna na orientación produtiva-industrial da economía galega. Na axuda a comercialización dos nosos produtos, sobre todo nos sector agroindustriais e pesqueiros. Na prestación de cartos, con criterios de desenvolvemento da nosa capacidade económica, as familias e pequenos e medianos empresarios. No coto a esa influencia, a todas luces, nefasta dos criterios económicos aplicados pola elites; chámense empresarias ou financeiras, de dentro e fora do país. En fin, que base a súa fortalece nos nosos sectores produtivos e económicos, e non nas economías especulativas, foráneas ou de elites empresarias que nada aportan ao país. Vetar e non colaborar no drenaxe dos nosos recursos para outras zonas do estado. En fin, que se escoiten e teñan en conta, preferentemente, aos sectores económicos e socias do país.
3.- E tamén, como remate, debe prestar axuda e colaboración as actividades relacionadas coa nosa promoción cultural e linguística, no seu mais amplo sentido. De non facelo así, estaría dando as costas a sociedade galega e iso hoxe non seria perdonábel.