As preocupacions de Christine Lagarde
A Directora Executiva do Fondo Monetario Internacional (FMI) advirte que existe un risco de deflación que pode afectar as economías desenvolvidas, particularmente a Unión Europea
A Directora Executiva do Fondo Monetario Internacional (FMI) advirte que existe un risco de deflación que pode afectar as economías desenvolvidas, particularmente a Unión Europea.
A deflación é un fenómeno económico que supón unha baixada xeneralizada do nivel de prezos das mercadorías, bens e servizos. O termo medio de inflación dos prezos europeos que teñen como moeda común o euro, achégase ao un por cento, por baixo do obxectivo do Banco Central Europeo (BCE). Estas febles taxas de inflación por moito tempo poden levar á deflación. É un risco que hai que superar con novas reformas dos mercados financeiros, advirte a directora francesa.
Por que tanta preocupación pola deflación e non, por exemplo, pola taxa de paro ou polos millóns de europeos que están a caer na pobreza co desmantelamento total do Estado de Benestar. Pois a única explicación que lle vemos a esta inquedanza é, que a pesar das constantes baixadas dos ingresos por salarios, servizos sociais, xunto a degradación brutal das condicións do traballo, a taxa media xeral de ganancia non acaba de se elevar suficientemente para servir de estímulo ao investimento empresarial na economía produtiva. Deste xeito, coa deflación, as baixadas dos salarios son compensados coa baixada dos prezos das mercadorías producidas e vendidas, o que se gaña por unha parte vaise pola outra, e o capital non recupera unha taxa media de ganancia de abondo que estimule a investimento privado de capital produtivo. Eis o quid da cuestión. O problema para o FMI non é o paro obreiro nin a miseria da xente, nin os dereitos humanos que tanto predica..., o problema é a taxa de ganancias dos capitalistas privados. Unha minoría que cada día acumula máis riqueza nas súas mans a costa da explotación e ruína dos pobos, e que non obtén unha ganancia satisfactoria para ela no proceso produtivo de bens e servizos destinados á satisfacción das necesidades das maiorías sociais, mantendo o aparello produtivo en folga ou con paros intermitentes, pois resulta máis rendíbel investir en intercambios especulativos. Só se produce estritamente para a demanda solvente, e esta é cada vez máis reducida o que obriga a conxelar ou baixar os prezos das mercadorías. A deflación.
Para que está o Estado? Simplemente para protexer a propiedade do capital privado e a súa acumulación sen límite ningún. Esta é a verdadeira face da UE.
Lagarde chama a continuar realizando reformas e o FMI pide que baixen máis os salarios no Estado español, e dio Christine Lagarde, que cobra máis de 350.000 euros ao ano, case cinco veces o de Rajoi, que non é pouco.
As galegas e os galegos, pola nosa condición colonial, estamos a expensas das arbitrariedades que se ditan desde o exterior pola troika (FMI, BCE e a Comisión Europea), onde o euro é o instrumento de poder da oligarquía financeira europea. Mais a nosa dependencia colonial do Estado español é o problema principal da Galiza. O Estado español é a causa secular da súa opresión e sobreexplotación, por medio do cal son executadas todas as políticas contrarias aos intereses nacionais galegos, veñan de onde veñan. Esta é a grave contradición interna, a máis relevante que soporta a sociedade do noso pais, impedindo o seu desenvolvemento. A súa resolución desde Galiza debe ser o obxectivo primordial e exclusivo do pobo galego.
A existencia ou non dun imperialismo estadounidense, ou a dependencia ou independencia da Unión Europea, e mesmo a dunha España republicana ou monárquica son contradicións externas secundarias, e aínda que poidan constituír marcos máis ou menos favorábeis para a emerxencia dunha nación galega independente, o subordinar a estas a loita pola soberanía do pobo galego é colocarse ao lado dos postulados imperialistas e contrarios aos galegos. Hai que afirmar rotundamente que non é posíbel un desenvolvemento nacional galego sen a súa autoorganización nin sen contar cun Estado galego propio. Esta certeza debe ser sempre a base da política nacionalista.
Ninguén pode pór en dúbida a identidade europea do pobo galego pois cando os ingleses ou alemáns andaban en taparrabos, aló pola Alta Idade Media, xa as galegas e os galegos tiñamos un Estado propio, o Reino Suevo de Galiza, e nun entorno mundial peor que o actual xa brillaba aquí o primeiro Estado europeo de Occidente. Ser europeo non é depender do euro, nin dun IV Reich en decadencia.
Hoxe unha Europa dos Pobos é incompatíbel cunha UE formada xerarquicamente polos Estados opresivos europeos. A disolución da UE é a condición para poder construír unha Europa dos Pobos asociados en liberdade.
Nun escenario como este é posíbel que rematen para sempre as preocupacións da directora do Fondo Monetario Internacional, e mesmo o propio FMI, ao mudar a taxa de ganancias do capital pola taxa de soberanía dos pobos, como mecanismo fundamental para conseguir o benestar das nacións. A primeira ten un carácter cuantitativo e a segunda un carácter cualitativo.