As empresas de traballo temporal (ETT) e a súa entrada nas administracións públicas
Nun breve período de tempo comenzarán a proliferar ETT especializadas en servizos relacionados coa administración
A recente "reforma" laboral", concretada na Lei 35/2010, de 17 de setembro, de medidas urxentes para a reforma do mercado do traballo, fai unha serie de modificacións á Lei pola que se regulan as empresas de traballo temporal (ETT) indicando que poderán incidir na súa relación coas Administracións Públicas.
Así, empézanse a suprimir as limitacións ou prohibicións que ata o momento impedían a actuación das ETT en determinados sectores e ámbitos concretos. Un dos cales era, con carácter xeral, as Administracións Públicas.
A situación anterior a Lei 35/2010, e apoiándose na propia constitución española, na lexislación de contratos do sector público,no Estatuto Básico do Empregado Público e demais lexislación ,contribuían a establecer os supostos concretos nos que se permitía recorrer as ETT por parte das Administracións Públicas, así como a salvidade acerca das consecuencias dos incumprimentos en canto a normativa reguladora que, en este ámbito, poderían considerarse problemas, e facíao do seguinte modo:
"1.- Non poderán celebrarse contratos de servizos con ETT salvo cando se precise a posta a disposición de persoal con carácter eventual para a realización de enquisas, toma de datos e servizos análogos.
2.- En estes contratos, vencido o prazo de duración, non poderá producirse a consolidación como persoal do ente, organismo ou entidade contratante das persoas que, procedentes das citadas empresas, realicen os traballos ....."
Ademais, o artigo 103.3 da constitución española era , en efecto, un importante condicionante. O acceso a función pública débese de producir de conformidade cos principios de igualdade, mérito e capacidade, posto que esta esixencia é esixible á totalidade do persoal o servizo da Administración.
Era moi relevante a labor levada a cabo, con idénticos propósitos restritivos, dende algunhas comunidades autónomas, establecendo mesmo en leis autonómicas, límites o exercicio das ETT, algo que era legalmente posible, como unha auto-limitación (renuncia) por parte da Administración Pública correspondente, en canto a eventual empresa usuaria, a hora de acudir ás ETT.
Tamén no marco da Negociación Colectiva producíase a renuncia das Administracións Públicas a determinadas potestades directas. Elo, antes que unha renuncia de dereitos, constituían un compromiso temporal de non exercitar o seu dereito a poder contratar con ETT.
A incorporación da directiva 2008/104/CE, de 19 de novembro de 2008, á normativa española, é a "desculpa" para abrirlle as portas as ETT nas Administracións Públicas. Tal e como xa nos ten acostumados a UE, non hai nada gratuíto, e impón unha revisión das prohibicións ou restricións o recurso das ETT. A intención de xeneralizar a actividade levada a cabo por estas empresas resulta manifesta nesta directiva, pero como en calquera incorporación dunha directiva europea, deberíanse ter en conta as peculiaridades de cada lugar de adaptación, e neste caso concreto, as especialidades, mesmo constitucionais, presentes no emprego público.
A pesar de todo o exposto anteriormente, sería cínico negar que existían vías indirectas que de feito fixeron posible a presenza nas Administracións Públicas de traballadores cedidos por ETT. Así, a través dos contratos de servizos cando a contratista recorre a unha ETT. Isto constituía unha vía para esquivar a normativa restritiva existente ata o momento. Tamén é certo que as Administracións Públicas tiñan postos os ollos sobre este mecanismo de cobertura temporal dos seus postos de traballo, así como que as propias empresas de ETT estaban pedindo a entrada para poder ampliar os seus negocios a este campo. Nun breve período de tempo comenzarán a proliferar ETT especializadas en servizos relacionados coa administración, e serán estas empresas as verdadeiras beneficiarias desta medida.
Pois ben, todo iso é xa unha realidade a día de hoxe, o "grande" argumento defendido pola propia Administración, na súa faceta de empresa, e en defensa da utilización de estas empresas esta vinculado o principio de "eficacia da actuación administrativa para poder cubrir a insuficiencia de medios persoais con que conte a propia administración".
Recentemente a Administración do estado español ven de presentar un Proxecto de Real Decreto, que será aprobado polo goberno español, ás organizacións sindicais, polo que se regulará a entrada de empresas de traballo temporal nas Administracións Públicas para desenvolver tarefas que até agora realizaba persoal laboral da Función Pública.
Esta materialización mediante esta normativa, ten que ser valorada moi negativamente por canto supón un avance no proceso de privatización e desmantelamento progresivo dos Servizos Públicos e unha agresión ás condicións laborais dos/as empregados/as. Esta decisión do goberno español supón unha volta máis no deterioro e na privatización dos servizos públicos e vén a instalar as prácticas máis nocivas das relacións laborais dentro da administración. Cumpre non esquecerse dos altos índices de precarización aos que están sometidos as persoas que traballan a través delas, xa que as súas condicións laborais e salariais son moi inferiores á do resto dos traballadores/as.
Aínda que de entrada aparece limitada a supostos concretos, ábrese a porta a ampliación de máis actividades da propia Administración nos vindeiros anos.
Cumpre demandar á Xunta de Galiza, aquí no noso País, que faga un exercicio de responsabilidade e de defensa dos Servizos Públicos e que non permita a entrada das ETT nos servizos e prestacións que teñen que ser realizados pola propia Administración. Non se pode esquencer que o criterio de aforro non serve para este tipo de servizos, xa que debe de primar o criterio de calidade e as condicións laborais de quen os presta.