Agora tócalle a Irlanda
A crise deixou ao descuberto o carácter dogmático e infundado do neoliberalismo
A día de hoxe, e coa que está caendo, aterréceme cada vez máis ver como os fundamentos teóricos das políticas neoliberais que impuxeron con total impunidade a ditadura dos mercados non só non se cuestionan senón que se seguen a impoñer como única liña viábel de actuación.
O discurso repetido até a saciedade de que as medidas (brutais) que se están a tomar por parte da maioría dos gobernos europeos son a única opción de "tranquilizar aos mercados" e de que calquera outra alternativa sería peor non é máis que un pretexto para facernos aceptar unha ideoloxía que ten amosado con claridade a súa ineficacia económica e o seu potencial destrutivo no plano político e social.
A pesar de que a crise deixou ao descuberto o carácter dogmático e infundado do neoliberalismo, a pesar dos seus reiterados e gravísimos fracasos, seguen a preconizar a redución do gasto público, a privatización dos servizos públicos e a flexibilización do mercado laboral como solucións aos problemas que eles mesmos crearon.
Agora tócalle a Irlanda, e quizais a Portugal, pero antes xa foi Grecia e, moito antes, o colapso económico de Arxentina, do cal, por certo, nin as todopoderosas axencias calificadoras nin os sabios economistas internacionais aprenderon absolutamente nada. Unha recesión, a de Arxentina a principios desta década, que se agravou precisamente polo axustes extremos no orzamento público.
En Grecia, efectivamente, despois dos salvaxes recortes orzamentarios esixidos polos gurús do FMI e do BCE reduciuse o déficit público -imposíbel non facelo con semellantes tesoiradas-, pero a economía atópase, segundo todas as informacións, nunha situación pouco menos que terminal: O desemprego polas nubes, a actividade económica en caída libre, os impostos en aumento, os salarios á baixa e as xubilacións recortadas vertixinosamente. Un panorama, en definitiva, no que se entende perfectamente que a xente non teña cartos para gastar e aínda, por enriba, as implacábeis medidas son como a pescada que se morde o rabo, prexudiciais para o propio orzamento do estado xa que a caída na recadación pode ser máis grande que o efecto dos recortes do gasto. Noutras palabras, os axustes só xeran menor actividade económica o que, á súa vez, xera novos problemas orzamentarios que poden rematar esixindo aínda maiores axustes e... suma e sigue.
Pese ao espello grego, que cega até ao máis fervoroso defensor das proclamas neoliberais, non hai escapatoria. Agora vai ser Irlanda a que ten que aplicarse o conto e pór en práctica as bestiais receitas do FMI. A priori, non parece nada difícil de entender, aínda que, como no meu caso, non se saiba nada dos tortuosos camiños da economía, que si os salarios baixan e o emprego tamén, a xente compra menos, reduce o seu consumo. O espello non serviu de nada nin para os propios dirixentes gregos que, a pesar de teren levado a cabo o maior axuste na historia económica mundial, están sumidos de novo nun debate sobre maiores recortes.
Durante os últimos días, as autoridades irlandesas repetiron unha e outra vez que non necesitan ningún tipo de rescate e, sen embargo, é precisamente esa reiteración o sinal inequívoco de que o rescate xa está en marcha. E volve a chover sobre mollado, de nada serviron as rebaixas de salarios e o incremento dos impostos xa levados a cabo no 2008 baixo a vixilancia estrita do FMI e do BCE. As recomendacións, ao máis alto nivel europeo, que se prometían como a táboa de salvación a todos os problemas económicos do país, non deron o resultado agardado: O inmenso burato que xerou o rescate dos grandes bancos irlandeses por parte do seu goberno tivo como consecuencia que o déficit se desorbitara e case se duplicara a destrución de emprego. Deste xeito, unha vez máis o exemplo do que non debe volver a facerse quedou á vista, Irlanda súmase a Grecia e noutros estados, como Portugal e España, deberíase comezar a analizar como as medidas tomadas están levando á actividade económica a niveis perigosamente baixos e como a crise está servindo, con máis virulencia que nunca, para radicalizar o neoliberalismo. Como a fortísima redución dos gastos sociais comprometen a cohesión social, como empuxan ás familias a intentar aforrar para a súa xubilación e a súa saúde, paradoxicamente nas mesmas ou semellantes entidades financeiras responsábeis da crise.
O poder ilimitado das finanzas e as desastrosas consecuencias das políticas adoptadas están á vista e, aínda así, a maioría da poboación non acaba de ver con nitidez que as reformas para mellorar a situación actual, para cambiala, non poden vir da man, de ningunha maneira, dos que a crearon. Os dos famosos bonos, os que repudian o intervencionismo e a regulamentación non dubidaron hipocritamente en acubillarse nos estados para reclamar axudas cando as necesitaron e, unha vez que as obtiveron, esqueceron, obviaron e enganaron, máis unha vez, aos prexudicados. Polo tanto, non se trata de macroeconomía, é simplemente sentido común, pura supervivencia remexerse contra os que só buscan salvar aos mercados financeiros e todo supeditan a este obxectivo, contra os que só consideran necesarias as reformas laborais ou das pensións pero fuxen espavorecidos ao oír falar das necesarias reformas dos mercados e do sector financeiro.
Claro que existen outra ideas, claro que hai alternativas a estes dogmas pero o problema é que non caben neses ámbitos onde se toman as decisión e onde están instalados o engano, a manipulación e a directriz absoluta de saír da crise sen cambiar nada.
Claro que son posíbeis os cambios, a historia mesma encárgase unha e outra vez de demostralo, pero... hai que loitalos.