A manipulación do valor do diñeiro
Se o prezo do diñeiro está cada vez máis baixo é debido a que en contra do afirmado hai máis diñeiro que nunca, pero cada vez está máis concentrado en menos mans
Aparentemente coa privatización das Entidades financeiras e das tarefas de supervisión e control (hoxe en mans de axencias, consultoras, etc) e a través da aprobación dun marco normativo europeo que aposta por un sector financeiro neoliberal, o mercado financeiro debería ser un mercado libre, deses que gustan tanto ao PPSOE e á UE.
Se o diñeiro é hoxe un ben escaso o seu valor nun mercado libre debería ser maior, a deflación incipiente en Europa podería ser un indicador do incremento do valor do diñeiro, pero sucede todo o contrario, o diñeiro malia ser escaso (para as persoas e as PEMES) é artificialmente barato (para as grandes empresas e determinados Estados).
Canto maior é o endebedamento dunha persoa, empresa ou administración pública maior, o risco de impago é maior, de aí que son maiores os xuros que se lle cobran. Precisamente as subprime consistían en especular co alto rendemento dos préstamos lixo.
Curiosamente dende a chegada do Partido Popular ao Goberno, medrou o endebedamento do Estado acadando records históricos, xa supón o 96% do PIB (no ano 2012 supuña o 74,3). En boa lóxica a prima de risco debería ser hoxe mais alta que a do 2012, pero os mercados préstanlle hoxe mais barato ao Estado que daquela. Con todo no 2013 os prestamistas cobraron cerca de 40.000 millóns de euros en xuros.
Cando o PP chegou ao goberno a gran banca española saíu ao rescate converténdose en tenedora de débeda pública española. Un patriotismo que non foi de balde, o 95% dos beneficios dos 6 grandes bancos no ano 2013 7.700 millóns de euros, son froito do que se denomina carry-trade, (prestar ao Estado o diñeiro que reciben case de balde do BCE). Hoxe un 20% da débeda está en mans dos 6 grandes bancos.
Ao tempo esa gran banca poderá pasar o novo Test de resistencia que realizará Europa, grazas ao novo rescate encuberto ás Entidades Financeiras aprobado polo Goberno do PP a través da nova normativa de cretos fiscais. Unhas axudas públicas próximas a 40.000 millóns de euros.
A nivel galego, o durísimo Plan de Reestruturación de novagalicia banco aprobado no 2012 (que afectou a pequenos aforradores/as e aos traballadores/as e que incluía o compromiso de privatizar a Entidade) tiña coma obxectivo lograr unha liquidez de 3.000 millóns de euros que sería investida en débeda pública (sobre todo da CCAA, permitíndolle ao Feijoo sortear o rescate autonómico).
Con todo o comportamento dos “mercados” que controlan o 80% da débeda pública estatal, demostra que a suba da prima de risco foi unha mera especulación con claros obxectivos políticos e sociais. Especularon coa débeda ata conseguir impoñer á sociedade a súa axenda neoliberal. Durante aquela época repetíronse os mangueirazos de liquidez por parte do BCE, polo que a súa política monetaria non explicaría o baixo prezo do diñeiro actual.
Por outra banda a remuneración dos depósitos bancarios a prazo fixo caeu no Estado ata un xuros próximos ao 1% de media no primeiro trimestre deste ano. É dicir a banca obtén diñeiro barato do BCE e dos aforradores, pero as persoas, familias e “pemes” continúan sen ter aceso ao creto, o que lastra a recuperación económica e do emprego.
En definitiva si o prezo do diñeiro está cada vez mais baixo é debido a que en contra do afirmado hai mais diñeiro que nunca, pero cada vez está mais concentrado en menos mans.