A exclusión social nos Estados de Benestar
Os Estados de Benestar sempre conlevaron contradicións internas onde o benestar duns poucos dependía do malestar de moitos
Os Estados de Benestar comezaron a súa crise nos anos setenta pero nunca até o de agora se tiña posto tan en tela de xuízo o modelo económico capitalista sobre o que se sustentaron. A actual crise provoca un incremento das persoas en exclusión social dentro dos propios Estados de Benestar e a perda de lexitimidade destes por parte dos propios cidadáns.
Fai xa anos chegou as miñas mans un libro de Rubén Lo Vuolo que chamou a miña atención: titulábase Contra a exclusión. A proposta do ingreso ciudadán e mostrada na portada a imaxe de catro homes formando un círculo fortemente unidos polos seus brazos mentres un quinto quedaba fóra da roda cunha actitude anoxada. Suxería que tiña sido apartado do xogo sen telo desexado ou que non puidera entrar a formar parte del; un xogo que tras as páxinas daquela obra parecía ben coñecido por todos: o xogo do Estado de Benestar.
Nun principio este xogo parecía simple, con actores ben definidos e regras a priori xustas e equitativas. Podía xogar libremente quen quixese sempre que aportase un capital ou no seu defecto a súa forza de traballo. Simplificando, os actores principais: Sociedade civil, Mercado e Estado cooperaban para producir libremente bens e redistribuír os seus beneficios co obxecto último de obter cada vez maiores cotas de "benestar social" para todos os participantes daquela empresa colectiva...
Hoxe sabemos que aqueles participantes non correron a mesma sorte e que o Estado de Benestar entrou profundamente en crise. Hai quen afirma que soamente foi un ideal regulativo que de facto nunca puido ter funcionado dados os desiguais pesos iniciais da sociedade civil, o mercado e o Estado.
Dende os anos setenta procuráronse os motivos que provocaran a crise benestarista. As alternativas ofrecidas a partir de aí, oscilaron entre defender a sustentabilidade do Estado de Benestar, a súa minimización, a súa renovación e incluso a súa eliminación.
Os neoliberais buscaron na ampliación do Estado de Benestar o motivo da súa crise económica, dicían, por ter distorsionado ao mercado con medidas intervencionistas e gravar con impostos os sectores produtivos para transferilos aos non produtivos a través de prestacións sociais. A rectificación polo tanto tiña que tender cara a reducción do sector público, dos impostos e dos gastos sociais ademais da reprivatización.
Nos 80 e 90 moitos países europeos adoptaron medidas destinadas á contención do gasto, á remodelación dos mecanismos de intervención (incrementando o sector privado) e á maior participación das entidades de iniciativa social en asuntos antes de responsabilidade estatal. Aínda asumindo a obrigatoriedade do Estado de Benestar en satisfacer determinados dereitos sociais e económicos, moitos países reduciron drasticamente o gasto destinado á protección social e orientaron as súas políticas sociais cara a potenciación do mercado (p.ex. Thachter no reino unido).
Pola súa banda, a crítica da esquerda -marxistas clásicos, neomarxistas e socialistas- mostrou a súa desconfianza cara un modelo ao que atribuían reproducir o poder das clases máis dominantes e ao que reprobaron as súas contradiccións internas, en especial: o incremento das desigualdades entre o Norte e o Sur coa consecuencia directa da exclusión social das ¾ partes da poboación mundial e o imposible desenvolvemento sostible do planeta.
As críticas xa daquela eran certeiras xa que mentres no Primeiro Mundo se discutía -e discute- sobre tecnoloxía e globalización, no Terceiro mundo a vida transcorría -e segue a transcorrer- na procura do máis elemental para a supervivencia: alimento, auga ou medicamentos básicos. Pero o mais grave era -e segue sendo- a incapacidade fáctica do Terceiro Mundo para ter posibilidades de entrar a formar parte do modelo do benestar dos privilexiados estando este sostido en relaciones económicas asimétricas nas que o benestar duns poucos depende do malestar de moitos.
A segunda gran crítica aludía á destrucción progresiva do planeta de xeito que o benestar de hoxe ía encamiñado ao malestar do mañá hipotecando a calidade de vida das xeracións futuras.
Pero retornemos un instante aquel quinto suxeito apartado, rexeitado? da roda da portada daquel libro sobre "o ingreso cidadán". A imaxe da súa incapacidade para a inclusión social condúcennos a terceira gran crítica dun modelo asentado en valores asociados á productividade e ao traballo, virtudes individuais xa defendidas na ética protestante de Lutero e sobre as que se sustentou o "soño americano".
Neste paradigma a concepción da "cidadanía" está construída sobre o individuo que "produce". A inclusión social nos Estados do benestar soamente está pensada para quen "traballa".
Aí está a máxima contradición: o incremento no corazón dos Estados de benestar dos seus propios excluídos sociais, o aumento das desigualdades sociais incapaces de ser reabsorbidas nun sistema baseado -supostamente- na pretensión de acadar o pleno emprego como alicerce da cohesión social.
Que pasará agora, coa crise, na que se incrementa masivamente o número dos non produtores? Qué ocorre con aqueles que querendo ou sen querer deixan de traballar e de participar deste xeito no mercado? A exclusión social destas persoas en aumento nas nosas sociedades pon en entredito o propio concepto de cidadanía neste modelo benestarista.
Xa no Libro Verde das Políticas sociais europeas (1993) recoñécese que a ausencia de recursos económicos non é determinante para explicar a desigualdade social: "a exclusión social non significa unicamente unha insuficiencia de recursos. Vai máis alá incluso da participación na vida laboral; maniféstase en ámbitos como a vivenda, a educación, a saúde e o acceso aos servizos (...) a exclusión revela algo máis que a desigualdade social e implica o risco dunha sociedade dual ou fragmentada".
Os excluídos sociais son persoas que non gozan completamente do carácter de "cidadanía", non participan por completo nos mecanismos básicos que debía ofrecerlles o Estado de Benestar: en definitiva, non teñen "ingresado" na sociedade e, para eles, o Estado está perdendo ou xa perdeu a súa lexitimidade.
Esta perda de lexitimidade lonxe de ser un fenómeno illado corre o risco de estenderse xa que a crise parece incrementar o número de excluídos sociais.
Hoxe os individuos, cidadáns? que engrosan as filas da sociedade fragmentada, lembran, unha vez máis, tres décadas máis tarde, o fracaso deste sistema alimentado no modelo capitalista, mantido a través do Goberno do Mercado.
J.de Lucas (1996) describe ben esta clase de seres que desexarían producir pero non poden, que desexarían alcanzar mínimos vitais prometidos pero son excluídos do sistema que os proporciona, que formalmente son "cidadáns" en Estados onde a "cidadanía" xa non se corresponde coa satisfacción das necesidades máis básicas e moito menos coa garantía de dereitos económicos e sociais; onde ser cidadán xa non significa acadar o "benestar social" como concreción da "xustiza social":
"Son un mero agregado social, unha masa (Balibar), máis que unha clase. O que os une é a súa condición de víctimas, o feito de que non se poden axudar por si mesmos (salvo en canto individuos)... Necesitan catalizadores e axentes externos ou un cambio de valores. O máis significativo é que se trata de non-suxeitos, de seres que non contan, dos que a sociedade pode prescindir (ou polo menos, tratar de apartar ou ignorar) porque non os necesita. (...) nin sequera sabemos cómo chamalos: os desposuídos, os perdedores, os novos pobres (...) Agudízase así a contradicción íntima do concepto de cidadanía, por canto é perfectamente posible que coexista a atribución de dereitos a cantos son cidadáns cunha situación de dualización como a que se evidencia, por poñer un caso visible, no incremento dos homeless nos EEUU."