A crise e a xestión comunitaria dos recursos
O capitalismo pretende saír de este crise, xerada por el mesmo, cumprindo os seus obxectivos (negación dos dereitos nacionais e destrución do estado do benestar)
A estas alturas do partido, debería estar claro que o culpable da crise que estamos a padecer, é única e exclusivamente, o sistema capitalista (aínda que se poña os apelidos que guste). Os pobos e as maiorías sociais que conforman estes non teñen ningunha culpabilidade, son os que a padecen. A estas alturas do partido, deberíamos ter claro que as receitas neoliberais para a saída da crise, propostas polo PSOE e polo PP, as dúas caras da mesma moeda capitalista, non é a única, nin a máis acaída para os intereses dos pobos e das maiorías sociais que os conforman. E non o é porque estas receitas significan: menos soberanía, recortar dereitos sociais e privatizar servizos públicos.
Estas, entre outras, foron as razóns que levaron a diversas organizacións sectoriais do País, xunto co BNG, a convocar, na praza da Quintana, o pasado 17 de Setembro, unha concentración baixo os lemas de: "Galiza pola soberanía , os dereitos sociais e os servizos públicos. Esta reforma da Constitución é unha fraude ". Concentración convocada por organizacións do País, que ademais de defender os seus intereses sectoriais, loitan polo desenvolvemento harmónico de Galiza e pola defensa dos intereses das maiorías sociais .
O capitalismo pretende saír de este crise, xerada por el mesmo, cumprindo os seus obxectivos (negación dos dereitos nacionais e destrución do estado do benestar ). E ademais, pretende saír limpo de po e palla. De aí que pretenda facelo con paz social, que ven sendo o mesmo que a paz dos camposantos . De aí que, nunha lóxica perversa , e a través das superestruturas, no sentido marxista do termo, estea lanzando cantos de sereas. Cantos de sereas para que as poboacións interioricen a súa culpabilidade porque din, viviamos por riba das nosas posibilidades.Cantos de sereas que pretenden que entendamos como dogma, como verdade revelada , que a saída da crise ten que basearse no recorte do gasto público e non no aumento de ingresos mediante un sistema fiscal máis progresista (que pague máis, quen mais ten).
De tal feito que, hai en acción toda unha gravilla de persoeiros que van, desde representantes do PSOE e do PP, até as chamadas "axencias de calificación", pasando pola caverna mediática , persoeiros do FMI ou economistas de "prestixio" que , día tras día, tocan nos medios de comunicación social, a mesma canción, para converter unha mentira repetida mil veces nunha verdade. Pola contra, os que non defenden este pensamento único, son silenciados sistematicamente . E non me estou a referir soamente a representantes dos partidos non acreditan nesta saída neoliberal. Estoume referindo tamén a economistas, tamén de "prestixio", que non acreditan neste pensamento único e que prantexan outros modelos económicos.
Estou a falar, por exemplo, da Sra. Elionor Ostrom, Premio Nobel de Economía do ano 2009, que ten demostrado que a xestión comunitaria dos recursos garante unha mellor xestión dos mesmos e ademais unha xestión sustentable. Para que se efectivice esta teoría , deben cumprirse as seguintes premisas: que os recursos estean delimitado , que a comunidade ou o colectivo que os xestione estableza uns criterios de obrigado cumprimento e que esta comunidade sexa estable e con fortes vencellos entre os seus membros .
En Galiza, existe un recurso de xestión comunitaria. Son os montes veciñais en man común. E ademais, cumpren as premisas que plantea a Premio Nobel de Economía do ano 2009. Os montes veciñais son un recurso delimitado (agás os problemas de deslindes), Teñen unha norma de funcionamento asumida por todos e todas (os estatutos das comunidades de montes) , e os seus titulares , están vencellados por lazos persoais (son veciños e veciñas do lugar, aldea ou parroquia).
A posta en valor dos montes veciñais en man común, de xeito multifuncional e sustentable xera emprego. Xera emprego dende a óptica da economía local, da economía social. Polo tanto é un emprego entendendo o dereito ao traballo como un dereito social e polo tanto dentro das posibilidades poderase contratar a colectivos desfavorecidos (mocidade, muller, maiores de 45 anos, disminuidos,...). Evidentemente , este non é un modelo económico neoliberal . De aí que o capitalismo , que pretende saír da crise privatizando os servizos públicos, pretenda tamén a privatización dos montes veciñais en mán común.
A loita que a CIG, FRUGA, ADEGA e a Organización Galega de Comunidades de Montes (4 das organizacións convocantes da concentración do pasado 17 de Setembro na Quintana) contra o intento do Partido Popular de privatizar os montes veciñais en man común, hai que situala na mesma loita xeral contra a política neoliberal que nos meteu na crise. É unha loita pola defensa dos intereses das maiorías sociais. E xa que logo, un loita de País.