Vilamor, un anaco da súa historia

Vilamor, un anaco da súa historia

Parroquia pertencente ó concello de Mondoñedo linda polo norte con Masma, polo Sur con Lindín e Santiago de Mondoñedo, este con Lourenzá e Oeste con Masma e Viloalle.

Está distribuída nos seguintes barrios: Calvela, Cima de Vila, Chao do Val, Grove e Guillade.

No ano 1703 había un “Monte de piedad” de centeo que fixo Inés Fernández de Aguiar para que anualmente se de por ora de prestito os veciños que o necesitaran por un ano de malas colleitas, fame etc, coa condición de que a devolvan con aumento para manutención da dita obra.

Igrexa parroquial

Capela de San Lourenzo estaba inclusa na igrexa parroquial de Vilamor. Foi fundada en 1640 polo Licenciado López Gómez crego que foi de San Andrés de Masma sobre a casa que está xunto a igrexa de San Andrés de Masma coas viñas e herdad que ai xunto a ela. Deixou fundadas doce misas. En 1773 era capelán D. Salvador López.

Capela de San Xoán Bautista e San Antonio de Padua a funda D. Xoán Pardo de Ulloa veciño de San Pedro de Río, Dioceses de Lugo, no altar colateral do Evanxeo na igrexa de Vilamor mentres non se construía a ermida na aldea de Lamelas. Foi fundada en 1660. Ten catro misas cada ano era patrón en 1800 don Xosé María Moscoso veciño de Lugo.

Algunhas obras que se fixeron na igrexa parroquial:

En 1682 mándase compoñer o Sobrado do Coro. 1740 se faga un copón de prata co seu pe, “pintar o Sto. Cristo do Colateral da epístola “, facer unha cruz nova e dourar o relicario en que se leva o viático os enfermos. No ano 1703 manda o bispo se faga dentro dun ano un atrio en circunferencia da igrexa dunha vara de alto. En 1758 múdase a porta pequena mais abaixo do sitio en que se atopa deixando con toda decencia, se abra un tragaluz na capela maior, con rellas para a súa seguridade e un frontal para o altar maior.

Ermidas existentes na demarcación da parroquia.

,Sta. Eulalia ou Sta Olaya estaba situada no barrio de Cima de Vila son patróns o crego e os que sucederan. Ten de facenda un ferrado de pan pouco mais ou menos, testa en dita ermida. Ten outro anaco de herdade na parte de arriba de dita ermida que levara un cuarto de pan. Paga dita herdade un ferrado e medio trigo cada ano o crego da parroquia. Este ten obrigación de decir unha misa cantada o día de Sta. Olaya e pagar un crego que o axude a cantar dita misa. Está obrigado os reparos da dita capela. No ano 1682 atopábase decente e tiña “Altar, ara y atril” e págase de reparos cada ano de renda un ferrado. En 1740 o bispo mandar acabar a reedificación e se lle poña ornato novo. 1741 mándase branquear o interior da capela. Novamente se incide na posta dun ornamento de seda novo e un cáliz decente con pé de prata e a súa patena.

Na visita pastoral do ano 1746 se manda demoler dita ermida a costa dos materiais retirando a igrexa parroquial algo que en ela se atope decente e mandando enterrar o que se atopase indecente.

Santísima Trinidad. Non se atopa fundación algunha. Chamase a patrón no século XVIII Francisco López Teixiero veciño da feligresía de San Xurxo de Lourenza, leva o crego da parroquia “as candelas e ofertorio entero”. Ten hipotecado facenda e montes, todas as que esta ao redor da dita ermida.

En 1682 “se hallo estar el suelo mal limpio y indecente”. O 30 de xuño de 1739 mándeselle o patrón no prazo de oito meses reedifique a capela e no seu defecto que a demola. En 1740 “Sta. Trinidad se haga pintar la imagen de San Marcos y ponga en ella ornato y más necesario para celebrar el Sto Sacrificio de la misa”. Por auto da visita de 1746 foi demolida e trasladadas as súas imaxes a parroquia. Os bens, terras e monte chamado da Trinidad que hoxe esta cercado e os leva Xosé González Balmonte veciño de Arroxo e debe pagar cada ano dúas misas pola anima de Alonso López Teijeiro.

Ermida e capellanía de San Pedro hoxe coñecida como Ntra. Sra da Guadalupe.

D. Francisco Sánchez Saavedra presbítero e veciño de Lourenzá edificou por encargo dos seus pais a Ermida coa advocación de San Pedro, pero é coñecida vulgarmente polos veciños polo nome de Nosa Señora de Guadalupe por haber posto a imaxe dela no altar e a de San Francisco.

Nela se fundou unha capellanía colativa en 1717. En 1741 Capela de Nosa Sra. de Grove ponga en ella un par de vinageras de estaño y manda recubrirla dentro de dos meses. Agosto de 1744 se “pongan dos manteles de altar, pie de plata al cáliz y compre un paño de seda bien cumplido para el color de la casulla”. En 1746 se dí: “Ntra. Sra. de Guadalupe sita en Grove píe de prata al cáliz.” Faise mención a un fraude e dolo “con que ha procedido poniendo en dha Capilla al tiempo de la visita un cáliz prestado, fingiendo ser propío de dicha capilla queriendo hacer este artificioso modo, lusorias las justas determinaciones de S. Ilma”. O 22 de xuño capela de nosa Sra. de Grove un amito y dos manteles para los altares, se abra una clarabolla en la sacristía”. No ano 1752 era capelán D. Antonio Nicolás Regueiro. E neste ano se manda compoñer a caixa e asegurar a ara que esta no altar, blanquear unhas corporales e dorar a patena y copa del cáliz por dentro, comprar un ornato por estar indecente el que tiene”. O 12 de xuno de 1758 mándase facer o escalón o paso que sube ó pórtico deixando con toda seguridade e decencia e se quiten unhas pedras que esta xunto a el. Ano 1763 se faga unha alba de lenzo e se reparen as que hai, se poña unha vidreira con rexas aos dous tragaluces da ermida e se asegure un “bicio que tiene el arco mayor.” O patrón tiña obrigación de reparar a ermida e formar un libro coa copia da fundación. En 1830 era capelán D. Pedro María Yáñez presbitero e veciño de Couxela.

Ermida e capellania de Ntra Sra. da Peña. Esta situada no lugar de Guillade e foi fundada e levantada a súas espensas polo coengo D. Xoán López Padriñán e fundou a capellania o seu irmán D. Antonio sobre a casa e lugar que esta xunto a ermida, as misas de obrigación as diria o capelán ou crego que fora da parroquia. Ten obrigación de decir una misa cantada o día da Virxe do Rosario e o capelán que fora ten obrigación de axudar a cantar a misa e poñer a cera para ela e dito crego leve a metade das candelas e ofertorio en todas as funcións de pascuas. no ano 1674. Este mesmo no seu testamento fundou un vínculo da familia dos Pugas que no século XIX posuía Don Jacobo de Parga veciño de Betanzos e dispuxo a obrigación de dez misas, limosna 3 reais. Tamén fundou o vinculo de los Rojicas do cal era poseedor no século XIX Doña María Baamonde y Peña muller de D. Fernándo Vázquez veciños de Viveiro coa obrigación de seis misas o ano. En abril de 1682 está totalmente decente e composta e tiña dúas misas un deles novo e outro vello. Falta compoñer os corporais e limpar os purificadores. O coengo D. Antonio Amieiro y Padriñan no seu testamento de 17 de Outubro de 1745 agregou unha serie de bens coa obrigación de catro misas. En Agosto de 1753 se faga branquear toda ela por dentro e se poña una cruz coa efixie de Cristo e se enterre a que ten por estar indecente, carcomida e falta dun brazo. En 1758 se compoña e repare o teito. Xullo de 1781 se branquea e faga un novo purificador, poñendo vidro e beatillas nas súas ventás e cubrindo con lenzo as súas aras. No ano 1826 era capelán D. José Leitón o cal nos poucos anos que estivo o fronte da capellanía regalou a campá para a espadaña que tivo de coste 400 reais, unha alba, dous amitos, dous purificadores, dous cornoaltares, dous manteles, unha cuberta de vandes, dous candeleiros e un crucifixo de bronce, dúas sacras para o altar, encadernou o misal e retellou a ermida, branqueouna, puxo bastidores nos tragaluces e compuxo as portas.

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.