Pantano ou depósito artificial de cultura

Pantano ou depósito artificial de cultura

Cultura de culturas. Unha análise historiográfico da valoración de cultura no s.XX, lévanos a establecer, a pesar da variedade de definicións do termo, que toda cultura é un sistema interconectado de formas de pensar, sentir e actuar máis ou menos formalizadas e comúns para un conxunto de persoas que constitúen unha colectividade particular e diferenciada de forma obxectiva e simbólica.

A cultura constitúe unha realidade dinámica e integradora; a cultura dunha colectividade transfórmase constantemente baixo a dobre presión do comportamento dos seus membros e do entorno exterior. Deste xeito a cultura ten un papel de motor de cambio no desenrolo económico, pois favorece a asunción de este desenrolo por parte da colectividade e xenera oposición cara as relacións de dominación social cultural e económica.

A acción cultural levada a cabo por un goberno debe establecer cales son os elementos fundamentais que configuran a intervención :As funcións (normativas, de servicio e de fomento)Os axentes (sector público, privado, asociativo..)As estratexias (formación, difusión, e apoio á creación artística).

Ben, toda esta reflexión ben a conto porque se analizamos a labor do goberno galego queda moi claro que non entendemos o termo cultura dende o mesmo punto de vista. Que entende o Goberno do PP por cultura? A que cultura se dirixe as súas intervencións políticas? Cal é o seu programa cultural?.

No tempo que tiveron, eliminaron o departamento de internalización da música galega, fecharon centros de formación musical, crearon unha política lingüística fundamentada nun territorio cultural alleo ao noso, abortaron o proxecto das galeescolas, prohibiron o apoio a proxectos baseados na recuperación e revalorización da cultura galega, eliminaron axudas dirixidas ao audiovisual, reduciron no concellos entre un 20 e un 40% as dotacións presupostaraas para as concellerías de cultura....

É unha evidencia, sempre o foi, que á política cultural do partido popular non está baseada nin dirixida cara o pobo galego. Simplemente somos o escenario onde se depositan e interpretan as programacións culturais doutro país, ao igual que a auga nos pantanos, mantida e fechada artificialmente.

Máis penso que é hora de facer un exercicio de autoestima e recoñecer que culturalmente deste pobo só temos coñecemento nós. Só nos temos a capacidade de eliminar o artificial e recuperar a cultura natural do noso pobo porque historicamente fumos quen de recuperala, intrepretala e revarolizala. Este é o instrumento máis poderoso que temos os nacionalistas ; o coñecemento do propio.

Argumentos como a crise estanos apartando do obxectivo; a defensa da nosa cultura como elemento diferenciador, identificador, social cultural e económico. Se abandonamos e mantemos en silencios ás atrocidades que esta a sufrir todo o noso universo cultural a batalla do nacionalismo estará mais que perdida.Enamais...