Os cronistas da cidade de Mondoñedo

Os cronistas da cidade de Mondoñedo

A figura do cronista


O cronista é a persoa que escribe crónicas. En termos mais amplos é un escritor que compila e redacta feitos históricos ou de actualidade.

Na nosa Galiza o cargo de Cronista Oficial do Reino de Galiza data de 1654. Con anterioridade a esta data varios foron os intentos de ocupar este cargo (Alvaro Cadaval Valladares de Sotomayor) pero ningún deles tivo éxito.

O primeiro cronista foi Frei Felipe de Gándara, despois veu Francisco Manuel de Huerta e Vega e o derradeiro Manuel Murguía. Houbo algún cronista honorificamente caso de Andrés Martínez Salazar, Ramón Otero Pedrayo...

Mondoñedo e o seu cronista

Na nosa cidade o primeiro intento de contar con Cronista Oficial foi por iniciativa da "Revista Galicia Diplomática" a finais do século XIX, o cal propuxo que se nomease como cronista honorario de Mondoñedo a Victor Silva Posada. Este rexeitou o cargo nunha carta que se publica na mesma revista.

Teremos que esperar ata o ano 1917, cando en sesión do Concello se nomea a Eduardo Lence-Santar, daquela arquiveiro municipal, como Cronista oficial de Mondoñedo.

Víctor Silva Posada

Aínda que non ocupou o cargo oficialmente, debemos consideralo como o primeiro cronista polos numerosos traballos e artigos sobre Mondoñedo nos xornais, e revistas da súa época.

Víctor Silva, era fillo dunha familia nobre. Foi colaborador de "El Hermandino", redactor de "La Juventud" "El Reparador", xornais que viron a luz en Mondoñedo.

Foi tamén colaborador literario do "Diario da Lugo", "La Mañana" da Cruña e da revista de Antigüidades "Galicia Diplomatica", "La Voz de Galicia", "El Regional" "El Diario de Pontevedra", "El Lucense", El Eco de Vivero"...

Moitos dos seus traballos foron reproducidos en xornais de Madrid, A Habana, Bos Aires e Montevideo.

Entre os moitos traballos destaca o "Episcopoloxio Mindoniense" que ía publicarse na "Revista Diplomática".

Mantén boa relación e correspondencia cos mais distinguidos escritores da época, cabe destacar a súa amistade con Emilia Pardo Bazán, a cal dixo del "el empezaba por onde otros terminaban".

A partir de 1895 a súa produción literaria e histórica vai decaendo, hasta retirarse da vida pública.

Fina o domingo 27 de Nadal de 1925.

Eduardo Lence-Santar e Guitián

Nace o 16 de xullo de 1876, na confluencia entre a rúa Batitales e praza de Nosa Señora da Peña de Francia. Era fillo de Agustín Lence e da mestra Josefa Guitián. Os seus primeiros anos de vida pasounos en Portomarín e Sarria, voltando para Mondoñedo en 1901.

As súas primeiras colaboracións xornalísticas escomezan en 1903 no xornal mindoniense, "La Voz de Mondoñedo" con artigos como "Un artista mindoniense", "San Martín de Mondoñedo".... Nos primeiros anos firma como Eduardo Lence Guitian.

O 12 de Xaneiro de 1906 foi nomeado "miembro en clase de correspondiente de la Academia Gallega".

Por esa época as súas colaboracións extendense por númerosos xornais e revistas de ámbito galego, nacional e internacional.

En Setembro de 1907 o "Eco de Galicia" de Bos Aires, publica o retrato de D. Eduardo Lence e un fermoso conto en galego.

No ano 1909, por iniciativa do bispo Juan José Solís, forma parte do comité mindoniense para a Exposición Rexional de Santiago.

En 1911 foi nomeado Oficial de Estadística co soldo anual de 1.500 pesetas, con destino a Lugo. Este traballo foille logrado polo deputado do distrito, D. Avelino Montero Villegas, parente do Sr. Lence.

Con carácter interino, en xuño de 1912, foi nomeado aspirante de segunda clase da secretaría da Audiencia da Coruña. Por esta época Don Eduardo xa utilizaba o apelido Lence-Santar.

Durante estes anos e incesante a publicación de libros históricos sobre Mondoñedo: El Santuario de los Remedios de Mondoñedo (1909), El Seminario de Mondoñedo (1909), El Convento de la Concepción de Mondoñedo (1910), El Convento de Villanueva de Lorenzana y San Francisco de Vivero (1910)....

No ano 1917, era arquiveiro no concello de Mondoñedo. En sesión supletoria do 25 de Abril de 1917, no mencionado concello, con asistencia dos señores, Ramón Martínez González, alcalde, Dodolino Trigo, Antonio Pedreira e Antonio Febrero, acordan o seguinte: " En vista de las condiciones que concurren en el Archivero de este Ayuntamiento, don Eduardo Lence-Santar y Guitián, cuyos trabajos sobre asuntos de este Municipio han contribuido a difundir su história, desconocida en gran parte, sus señorías acuerdan nombrarle "Cronista de esta ciudad".

En 1919, abandona Mondoñedo, marcha traballar a Lourinzan (Pontevedra), sendo a súa instancia alí moi corta, pois no ano 1921, atopase como encargado polo concello de Mondoñedo para confeccionar o rexistro fiscal de edificios e solares, traballo que non puido finalizar pois ó tomar posesión un novo alcalde mandou desaloxar o local onde estaban ordenados e coleccionadas as follas.

En maio dese mesmo ano constitúese en Mondoñedo un Colexio de Segunda Enseñanza, pasando a formar parte do profesorado.

O 13 de Maio no circulo de Estudios Sociais, deu unha charla sobre "Origén definición y santidad del trabajo".

Neste ano da a coñecer unha poesía inédita de Leiras Pulpeiro.

No Eco de Galicia do dez de agosto de mil novecentos vintedous, o seu querido amigo Rafael Martínez Gómez, adícalle unha poesía:

PENSANDO.
A mi amigo del alma
Eduardo Lence.

Sucédense las horas a las horas
los días a los días:
al sol camivalar
La nieve fría...

Sigue a la juventud la vida triste
de la vejez marchita:
a la ciencia, la ciencia
y a una vida, otra vida...

¡Oh sueños de los hombres!
¡Placeres!...¡Alegrías!...
Seguirán los dolores vuestras huellas
¡vana ilusión de un día!

Rafael Martínez Gómez.
Mondoñedo, 1922.

En 1925, atopámolo traballando como Comisario de Entradas do Gran Hospital de Santiago. Alí ten acceso a os grandes arquivos de Santiago, e da a coñecer numerosas noticias históricas da seu querido Mondoñedo.

No ano 1926 o "Instituto Histórico do Minho", anexo a la Academia de Ciencias de Portugal do que era presidente o escritor Silva Campos, o nomea Academico Correspondente. Tan fixo o ingreso no "Seminario de Estudios Galegos". O traballo que leeo o erudito historiador mindoniense versou sobre "La Santa Hermandad de Galicia". A finais deste ano visita Mondoñedo. Por esa época a súa nai atópase enferma, polo que volve a Mondoñedo en xaneiro do 27, por haber recaído a nai da súa enfermidade. Josefa Guitián morre o 29 de Marzo.

O concello de Mellid, en 1928 acorda imprimir nos talleres do Centro Social de Mondoñedo, o folleto "La Obra Pía de San Antonio de Mellid".

En 1929, foi expulsado do seu posto de Comisario do Hospital de Santiago, polo que inicia preito contra a Diputación da Coruña. A resolución foi favorable a Don Eduardo.

Por estas mesmas datas a Editorial "P.P.K.O" de Vigo, publica o libro "Lugo y su Provincia". Don Eduardo colabora con varios artigos.

O 9 de Febreiro de 1932, morre o seu pai, Agustin Lence-Santar, a idade de 79 anos.

No mes de xuño, inflamaselle unha vena da perna esquerda, polo que Don Eduardo estivo postrado dous meses na cama.

Da súas letras sae a idea de conmemorar o segundo centenario da Construcción do Santuario dos Remedios. Por todo elo o bispo da diócesis nomeao vocal da dita cofradía. O nomeamento di así:

"Teniendo en cuanta las circunstancias que en V. concurren y especialmente su filial amor y acendrada devoción a nuestra Excelsa Madre y Patrona la Santísima Virgen de los Remedios, por el presente nombramos a V. Vocal de la Cofradía de Nuestra Señora de los Remedios, canónicamente erigido en su Santuario e Iglesia Parroquial de esta ciudad de Mondoñedo, esperando de su deligencia y celo el más fiel y fructuoso desempeño de este cometido, para mayor gloria de Dios y de su Madre Santísima y Santificación y salvación de las almas".

Co galo de haberse celebrado a Festa do Arbore, e como homenaxe ó rexidor Luís de Luaces, publícase un xornal, Mondoñedo. E un número monográfico adicado a Luís de Luaces. Ano 1940.

En 1944 ve a luz o seu traballo "El Licenciado Molina y su descripción del Reino de Galicia". Neste mesmo ano foi nomeado auxiliar interino da Escola de Artes e Oficios de Mondoñedo. Encargouse da cultura xeral e nocións de Art.

Don Eduardo Lence-Santar, en 1946 solicita públicamente ó concello de Mondoñedo se nomease a Ramón Ferreiro Rodríguez, a quen se lle debía a creación da Escola de Artes e Oficios Artísticos, fillo adoptivo desta cidade.

,
En Setembro de 1949, encomenza a ser recoñecida a súa labor como historiador, pois o Excmo. Sr. Ministro de Educación Nacional, concedelle a "Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio".

Por tal motivo o escritor mindoniense recibe numerosas probas de afecto.

O día 11 de Xuño de 1951, no salón de Actos do Concello de Mondoñedo, recibe de mans do Alcalde, Alejo Barja, as insignias de "Alfonso X o sabio".

O alcalde pronunciou un emotivo discurso destacando a personalidade e o seu amor a Mondoñedo de Don Eduardo.

As últimas publicacións que leva a cabo son: "Paginas Históricas Gallegas. Los Grémios de Mondoñedo. (Este libro naceu a partir dunha charla que impartíu no Instituto), Mondoñedo y el Arbolado (1954) e o derradeiro traballo que deu o prelo foi "Hijos ilustres de la antigua provincia de Mondoñedo: don Victor José María de Silva y Gutiérrez, natural de Mondoñedo y don Juan Pérez Villaronte, natural de Ribadeo, iniciadores del Batallón Literario de Santiago en la Guerra de la Independencia".

En 1956 sufre un forte achaque a súa saúde.

Chegando o fin da súa vida un 14 de xaneiro de 1960. Recibindo sepultura no segundo bloque de nichos, na cuarta columna a rendes do chan (verbas de Xé Freire). Na parte superior do cemiterio, na zona dos panteóns.

ALVARO CUNQUEIRO MORA

Nado en Mondoñedo o 22 de Nadal de 1911, Fillo de Don Xoaquín Cunqueiro, boticario e Doña Pepita Mora. Estudou o Bacherelato en Lugo e de alí a Santiago en onde encomeza a carreira de Filosofía e Letras, estudios que abandonou polo xornalismo. Na década dos anos trinta funda en Mondoñedo a revista Galiza, en compañía de Xosé Díaz Jacome, Fernández del Riego, Bernardino Vidarte...

O 11 de febreiro de 1933, ás sete da tarde, celebrouse no "Principal Cinema" un mitin de propaganda do Estatuto no que tomou parte Cunqueiro, Fernández del Riego e Vilar Ponte, conselleiros do Partido Galeguista e os deputados ás Cortes Constituintes do mesmo partido Suarez Picallo, e Castelao.

A presentación do acto correo a cargo de Alvaro Cunqueiro.

Destes anos son libros de poemas en galego: "Mar ao Norde", "Poemas do si e non" e "Cantiga Nova que se chama Riveira".

Coa chegada da guerra civil, a familia de Cunqueiro ten medo pola súa vida, (militancia no partido galeguista), iso leva a Alvaro a Ortigueira, para ocupar o cargo de mestre dunha academia. Alí colabora co semanario "Era Azul". De alí parte para Vigo onde traballa en "El Pueblo Gallego". Pasando logo por distintos xornais de ambito nacional, "La Voz de España", "Vertice", "ABC"...

Desta época son os libros "La Historia del Caballero Rafael", "Balada de los damas del tiempo pasado" e "San Gonzalo".

Debido a algúns problemas co embaixador francés, o director Xeral de Prensa quítalle o carnet de xornalista.

Este motivo fai que Alvaro volva a súa cidade, Mondoñedo, onde para subsistir adícase a publicar artigos e colaboracións en xornais de Vigo, Cruña, Lugo, Madrid... Durante estes anos son constantes as loitas en crónicas en contracrónicas del con Eduardo Lence-Santar.

En 1955 veu a luz "Merlín e familia".

O tres de febreiro de mil novecentos sesenta, por falecemento de D. Eduardo Lence-Santar, ten lugar a entrada dunha carta, firmada por José María Castroviejo Blanco-Ciceron, Valentín Paz-Andrade, Emilio Alvarez Blázquez, Francisco Fernández del Riego, Francisco Leal Insua, José Díaz Jácome, Bernardo F. Castro Pérez, Alberto Casal Rivas y Celso Emilio Ferreiro.

O 17 do mesmo nova petición a cargo de: E. F. Valle, J. L. López Cid, M. Prego, Manuel L. Acuña, C. de Santiago, Vicente Risco, Otero Pedrayo e Antonio Failde.

Nas mesmas datas houbo unha petición a cargo de: D. Jesús Pedrosa Latas, José Tuñas Bouzón, Purificación de Cora, José Trapero Pardo, Alejandro Armesto, Liborio García, Julio Perez de Guerra, Luís Quintela Ferreiro, Froilan López, Celestino Fernández de la Vega, Anxel Fole, Manuel María, Angel Johan, Antonio Carvajal, Avelino Pousada, José Iglesias Presa, Narciso Peinado, Ricardo Carvallo Calero, Antonio Rosón Pérez e José Iglesias Díaz.

En carta do 22 de Marzo, solicita do concello Mondoñedo o cargo de Cronista de Mondoñedo, esta dí:

"Ilmo. Sr. Alcalde-Presidente del Excmo. Ayuntamiento de Mondoñedo.
Ilmo. Sr.:

El que suscribre, Alvaro Cunqueiro Mora, natural y vecino de esta ciudad, respectuosamente expone:

Que, como escritor y poeta ha dedicado largos años a hacer el elogio de su ciudad natal; la historia y las bellezas, los trabajos y los días de su ciudad ocupan, en sus artículos, en sus libros y en sus poemas, un importante lugar. Que considera un alto honor esta ciudadania mindoniense, a la que ha querido dar rango literario y que nada le satisface más que verse citado en libros, y en las más diversas publicaciones, incluso extranjeras, como mindoniense. Que quiere contar la vida presente de su ciudad sus fastos y sus labores glorificando en la módica de sus fuerzas la urbe que le vió nacer.

Por ello, vacante por fallecimiento de don Eduardo Lence-Santar y Guitián que gloria haya, el cargo de cronista de la Ciudad.

Suplica le sea concedido el honor de ostentar sin título, solicitado con humildad, pero con fervoroso amor a Mondoñedo. Y hace constar que lo solicita a título gracioso, sin derecho de ninguna clase y comprometiendose a llevar las obligaciones que se digan anejas al cargo de Cronista Oficial de Mondoñedo.

Con la más rendidas gracias por la consideración que esta solicitud puede merecerle a V. I. y a la Excma. Corporación que tan dignamente preside.

Que Dios guarde lavida de V. I. muchos años....

En sesión ordinario do Concello de Mondoñedo de 28 de Marzo de 1960, acorda nomear por unanimidade Cronista Oficial de Mondoñedo a D. Alvaro Cunqueiro Mora.

O 21 de Abril de 1963, ten lugar o acto de entrada na Real Academia Galega, este tivo lugar na Real Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo, ocupou a vacante de Ramón Cabanillas.

Dende o ano 1965 ata o 1970 permanece o frente do Faro de Vigo.

En 1969 acadou o Premio Nadal 1968, coa súa obra "El hombre que se parecía a Orestes".

En 1980 foi nomeado doctor "Honoris Causa", pola Universidade de Santiago.

Morre o 29 de Febreiro de 1981.

Uns días antes de do seu finamento a Real Academia Galega acordou solicitar a Real Academia Sueca a consideración da obra de Alvaro Cunqueiro de cara a concesión do Nobel.

XOSÉ DÍAZ XÁCOME.

Nado o dezasete de Abril de 1910 no barrio dos Muiños. Era fillo de Manuel Díaz e de Encarnación Jácome. Estudia as súas primeiras letras co crego Don Francisco Martínez, na escola dos Muiños.

As súas primeiras composicións ven a luz en "La Voz de Mondoñedo" e "Vallibría" xornais mindonienses.

Participa activamente na Rondalla "El Eco" que organiza Manolo Ledo "O Pallarego". En 1935 con motivo dos Maios compuxo unha poesía titulada "Cantiga de Don Mayo".

O seu primeiro libro aparece en 1936, "Primeiras Cantigas do amor" que inclue un pequeno prólogo de Alvaro Cunqueiro e debuxos de Bernardino Vidarte.

En 1939 casa con Carmén García Losada. Marcha para Pamplona donde ingresa o cargo de redactor xefe de "El Pensamiento Navarro"

En compañía de Faustino Corella funda a revista Pregón no ano 1943.

No ano 1948 volta para Galiza, onde pasa ocupar o cargo de redactor xefé do Faro de Vigo. Neste ano obtén o primeiro premio de poesía en Lugo pola composición titulada "Catro Cantigas de Amor".

En Vigo acada o premio polo seu poema "A lenda de Cristo".

Na década dos anos sesenta trasladase a Oviedo, onde dirixe durante mais de 20 anos "La Voz de Asturias".

Non por estes sucesivos cambios, esquécese do seu Mondoñedo, pois ano, tras ano volta a Mondoñedo, onde está cos seus e participa activamente da súa vida cultura, mantendo tradicións coma a publicación do Xornal anual "As San Lucas".

En 1963 publica "Pombal"

En Pleno celebrado o 13 de Abril de 1981, a proposta do concelleiro D. Armando González Alvarez, de nomear a Xosé Díaz Xácome como Cronista o Concello acorda:".... Considerando que el Sr. Díaz Jácome es un hijo ejemplar y predilecto de Mondoñedo, por el amor que le profesa, los trabajos que ha dedicado a él y dedica y la exaltación constante de su historia y bellezas, siendo además miembro correspondiente de la Real Academia Gallega; la Corporación municipal, por unanimidad acordó nombrar al mismo Cronista Oficial de Mondoñedo, como digno sucesor de Don Alvaro Cunqueiro Mora (QEPD)."

A Editorial Galaxia en 1983, dentro da colección "Dumbate", publícalle o libro en galego "Muiño Fidel".

Foi socio fundador da Asociación de Amigos de Mondoñedo, e un dos artífices do xornal "Mondoñedo"

No ano 1996 a xunta de Galiza, concedeulle a Medalla Castelao.

Fina o 6 de Setembro do ano 1998, na Cruña sendo soterrado no Cemiterio Municipal de Mondoñedo.

,
FRANCISCO MAYÁN FERNÁNDEZ


Naceu o 30 de Setembro de 1916 en Cee. Os primeiros estudios realizaos no colexio gratuito instituto fundación ceense Fernando Blanco de Lema. En 1929 aproba o examén de ingreso na Bacharelato no Instituto de Noia. E no 1934 obtén o título de Bachiller no Instituto de a Cruña. Logo matriculase na facultade de Filosofía e letras (sección de História) e en xuño de 1935, aproba o "Examén de Conjuntos".

A media carreira e nomeado profesor de Xeografía e História no colexio "Fernando Blanco" de Cee.

Obtén sobresaliente no exame final de reválida, que comprende toda a carreira de História. Previos os exercicios correspondentes en Santiago concédenlle o premio extraordinario en História.

En 1940 obtivo o título de doutor en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. No ano 1944 é nomeado Becario do Instituto Balmes de Socioloxía do Consello Superior de Investigacións Científicas de Madrid. Este mesmo ano é nomeado Académico correspondente da Real Academia Galega.

Exerce como director do colexio municipal de ensino medio de Villablino (León) entre 1946 e 1953. Neste ano pasa a Mondoñedo para dirixir o centro de ensinanza media. Foi o primeiro director, ocupando o cargo hasta 1985 en que se xubilou.

O primeiro libro que publicou foi "Los franceses en Cee" (1941).

En 1960, concedéuselle a "Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio".

No ano 1962 ve a luz o libro "El Mariscal Pardo de Cela, a la luz de nueva documentación histórica".

Por estes anos ocupa o cargo de Alcalde de Mondoñedo e encargado das escavacións arqueolóxicas que se fixeron diante da Catedral de Mondoñedo.

Moitas son ás colaboracións que fai en distintos xornais: El Progreso de Lugo, El Ideal Gallego, Finisterre, Cartel e Alfar...

Durante a súa etapa o frente do Instituto San Rosendo de Mondoñedo, funda e dirixe un xornal, chamado Mondoñedo, moitos dos colaboradores eran alumnos do propio centro. O mesmo tempo cunha imprentiña que tiña alí publican varios folletos: "San Rosendo", "Villamor", "Manifiesto Historico del Obispo Sarmiento"...

En 1975 ve a luz o libro "Breve guía Histórico-artistica de Mondoñedo (Lugo-1975).


As súas obras cumbres son "Manoel Ledo Bermudez, o pallarego" (1991), História de Mondoñedo, desde sus origenes hasta 1833, en que dejó de ser capital de provincia (Lugo 1994) e "Trajano o El cumplimiento del deber " (Lugo 1999)

No ano 2001, coincidindo co 125 anos do nacemento de Eduardo Lence-Santar, foi nomeado Cronista Oficial da cidade de Mondoñedo.

Os últimos tempos estaba a traballar nunha biografía de Oswaldo Codina, médico-militar fillo predilecto de Mondoñedo.

Fina en Lugo o 5 de Septembro de 1910 en Lugo á idade de noventa e tres anos. Os seus restos descansan na súa vila natal de Cee.