Obras e melloras na parroquia de Santa Olalla de Budián

Obras e melloras na parroquia de Santa Olalla de Budián

As primeiras contas que firma son as do ano 1696.

No ano 1697 recóbrese a sancristía, sete reais e medio,oito reais na campá e real e medio en cravos que mercou para compoñer a sancristía e monumento.

Ó ano seguinte, 1698, recompoñer as pezas da cruz, 18 reais.

No 1699, mércase un terno negro de defuntos co seu frontal, capa, dalmáticas e casulla, custo de 450 reais. Pago ao carpinteiro Domingo Cuadrado, veciño de Budián por facer unha tulla para o millo para a obra pía, 90 reais.

Merca unha lámpada para a igrexa, 100 reais. E paga 125 reais ó louseiro que lastra a igrexa.

Na visita do ano 1701, mándaselle facer en referencia ás capelas de Santo Antón e San Cristovo o seguinte: Santo Antón está decente. San Cristovo “se componaxe todo o texado y ponerse una puerta nueva con su cerradura y llave y rebocase la capilla mayor y una tabla para el altar y más pintase las imágenes de los Santos que estan en dicho altar. Se entierre la imagen de un Santo Cristo que se hallo muy indecente..”. Non se diga misa mentres non se compoña decentemente.

No ano 1701, Pedro da Pena asenta as lastras da sancristía,4 reais e unha táboa para o altar da virxe, 1 real.

Ó ano seguinte, 1702, faise un monumento novo para Xoves Santo, 29 reais. Acabouse de recubrir a igrexa e andar, 17 reais. 150 tellas,10 reais. Limpar un cáliz, 4 reais. Unha vara e media de sempiterna para facer un frontal para o colateral, 12 reais, forro para o frontal, 6 reais, flocos para o frontal, 6 reais. Unha mesa co seu caixón en que está o frontal, 20 reais e feitura do frontal, 1 real.

Nas contas de 1707 faise un púlpito novo que tivo de custe 23 reais, media ducia de táboas para os altares e tarima, 14 reais. Feitura dun frontal, 3 reais e compoñer a cruz do pendón, 7 reais.

Na visita do 5 de Nadal de 1708 ordénase o seguinte: “Iten que el fabricario de dha iglesia cada ocho días la barra y limpie sus altares y retablos e imágenes y los ornatos los tenga doblados y mui compuestos”. “Iten mando que los vecinos y parros. Hagan una pila decente para el agua bendita y lo mismo agan un muro junto al pórtico para que la tierra que cae y agua no se entre en la iglesia poniendolo de calidad”.

En data do 20 de marzo de 1710 ordena o bispo que tendo recoñecido a igrexa, pegada a esta na parte de arriba atópase unha parra ou viña que fai tanto estorbo que con ela non se pode andar nas procesións ao redor da igrexa e manda quitala.

En 1711 temos un carro de lousa, 29 reais e recubrila 4 reais.

No ano 1712 recóbrese novamente a igrexa, 16 reais.

Nas contas do ano 1713 mércase un pelliz en 66 reais, un crucifixo para o altar maior en 8 reais, poñer vidrieiras na capela maior 8, retellar a igrexa, 3 reais e un “ruedo” para o altar maior, 6 reais.

En 1714 mércanse tres carros de lousa, que foi necesaria para recubrir a igrexa, 96 reais. Recompoñer a cruz do pendón, 7 reais.

Na visita do 11 de novembro de 1717, ordénase que “dentro de dos meses compre un manto para la imagen de Ntra. Sra. y un incensario”.

Contas de 1725: lousas para lastrar a igrexa, 75 reais e 6 reais dunhas argolas para a campá.

En 1728 recomponse a cruz de prata da igrexa, 94 reais; a do pendón, 10 reais e o pé da cruz de prata, 5 reais. Componse unha capa do terno, 3 reais e uns encaixes para a alba, 25 reais. A cadea da campá, 2 reais.

Nas contas de 1730 temos as seguintes anotacións: compoñer a alba, 5 reais; nove varas de “lienzo santiagués” para unha alba, 45 reais; encaixes para abaixo da alba, 20 reais; encaixes das magas e pescozo da alba, 6 reais; un bonete, 15; un sobrepelliz de “Combrai”, 66 reais; 4 varas de “terciado amarillo” para a alba real de prata, 5 reais; nove varas de lenzo para outra alba, 36 reais; encaixes, 6 reais; feitura, tres voltas abaixo do encaixe, agulla, 24 reais e un pano para o cáliz.

No ano 1732 recomponse o teito da igrexa por 26 reais.

DESCRICIÓN DOS ALTARES DA IGREXA PARROQUIAL.

Nunha memoria e reconto das alfaias e mobles que tiña a igrexa e fábrica de Sta Olalla de Budián, Don Anxo Castañón e Ayala dinos:

“Primeramente en el altar maior su retablo con algunos cuerpos de talla como son la Sta. Patrona, San Pedro y San Roque, San Sebastián, Santa Lucia el niño Jesús, un ecce homo, una cruz de ebano con un crucifixo de marfil viexo, dos marcos ante la custodia uno cubierto de damasco colorado y otro de media lana verde, mas una caxita de palo pintado y dorado en donde se enciende el señor sacramentado mas otra cauela de plata que esta dentro del a de madera y es donde se ponen las particulas y el sacramento más la ara que esta dentro de la custodia más un San Bartolome más dos candeleros, más una tabla con algunas oraciones de la misa y palabras de la consagración, más la ara de el altar más el atril de el altar mayor más su frontal de damasco verde más dos cabritillas que estan debaxo de los candeleros”.

“En el altar colateral que esta en el cuerpo de la iglesia al lado del evangelio hay una imagen de Ntra. Sra. otra de Sn Antonio más otro Sancto arriba más un crucifixo de palo más la imagen de Ntra. Señora tiene tres rosarios uno de cachumbo, otro de frutilla y otro de piedras azules más dos joiitas una es la soledad por una parte y el Ssmo por otra y la otra es un agnus más tres colonias una colorada y las otras dos que son turquesas más un atril más un frontal de chamalote con su galon más su ara más dos candeleros de palo con sus cabritillas debaxo”.

“En el otro colateral una imagen de un crucifixo y a los lados una de María Ssma y otra de San Juan más una cortina y barilla de ierros más un atril más su ara más dos candeleros de palo mas un frontal de damasquillo de lana”