O oso de Salcedo


O lugar de Salcedo está xa subindo do val de Lemos cara ao Caurel. A súa arquitectura popular tradicional advírtenos que estamos entrando xa na montaña, camiño dos “outos cumes” do Caurel. Pero hoxe hai casas que están baleiras e van fanando; outras só teñen o lume aceso nas fins de semana ou no verán, pois os seus moradores viven en Monforte de Lemos ou en cidades máis distantes, mais hai algunhas de nova construción que indican que hai instinto de supervivencia, de volver ou seguir no lugar. E o Entroido é unha mostra dese interese por que o lume da comunidade sega vivo.

No Entroido o lugar de Salcedo énchese de xente. O atractivo é o oso que baixa o luns para campar as súas anchas polas estreitas rúas desta poboación, pero tamén o teatro que se fai no domingo á noite e que enche o amplo local da asociación veciñal con xentes de todas as idades. Sobre as cinco da tarde do luns de Entroido a xente vai agrupándose nunha especie de praciña no medio do lugar agardando pola chegada do oso. Hainos que agardan con certa ansiedade e senten que ser tisnados é un bo sinal, non queren marchar sen ser tisnados, mais hainos que veñen a ver o espectáculo e, a ser posible, marchar tan limpos como viñeron.

Un pouco antes das cinco aparece o “osiño”, acompañado tamén dos seus criados pequenos. Antes –este “antes” sempre trae imaxes de que as cousas eran distintas- non había esta puntualidade, non se sabía cando ía aparecer o oso, pero agora sábese que é sobre as cinco, minuto máis ou minuto menos, vai aparecer por unha das estreitas rúas que desembocan neste antigo quinteiro. O lugar de onde sae o oso gárdase en secreto entre a veciñanza, como quen é o que fai ese papel. Tamén se dicía que “antes” as andanzas do oso eran máis atrevidas, podendo entrar nas casas e facer algún estropicio, que tiñan un papel máis transgresor. Agora só entra nos dous bares que hai na localidade, nun deles para ir buscar aos “políticos” que están alí comendo e sacalos á rúa. Este ano o máis tisnado foi o alcalde de Monforte de Lemos, quizais porque ía disfrazado de alcalde. Nas dúas veces que fun a Salcedo vin como unha das primeiras cousas que fan os criados do oso é ir buscar as autoridades, como dándolle un papel que este día non debían ter.

O oso aparece rodeado polos seus criados ou pode aparecer entrando el só por un lado da praciña e os criados polo outro, como o fixo este ano. O oso é unha persoa vestida con peles, leva unhas chocas colgando dunha cincha da cintura e un careto de coiro. Os criados veñen ataviados con tela de saco e cobren o rostro e cabeza cunha capucha do mesmo material. Na man levan unha especie de porra coa que se valen para atrapar á xente e suxeitala, ás veces tirados no chan e por debaixo da persoa que colleron, até que chega o oso para tisnala. Mentres o oso pode andar tisnando a xente e emporcallándose no chan, sempre rodeado de multitude de cámaras que case impiden a súa visión e dificultan o seu desprazamento. Outro criado porta un caldeiro con sarrio, onde o oso unta as mans para logo refregalas pola cara da xente. Polo xeral só tisna o rostro da persoa que colle, pero ás veces os criados sácanlle a roupa para que a tisne tamén polo peito e pola barriga. Entendo que isto faise máis coas persoas que son coñecidas que cos de fóra. Pasadas un par de horas o oso desaparece, mais a festa continúa con outros ritmos.

Tense falado desta festa como un ritual perdido no tempo, como unha imaxe que anuncia o rexurdir da natureza, o rexurdir da orde tras un breve tempo de caos. É certo que hai outros exemplos noutros lugares da vella Europa, o que nos fala dunha base común nunha sociedade agraria, pero o oso de Salcedo ten algunhas diferencias, elementos distintivos. Por exemplo: aquí os acompañantes nin son cazadores nin domadores, son criados ao servizo do oso; outra diferencia é que noutros lugares o oso morre ou préndeno, pero en Salcedo non, marcha vivo. Estas diferencias son destacadas pola xente de Salcedo como elemento diferencial e de unicidade da súa festa, diferencias que serven para recalcar un sentimento ou imaxe de identidade e de orgullo dunha localidade. Pero hoxe non somos xa unha sociedade agraria e os rituais de sempre teñen que adaptarse aos novos tempos e as novas demandas dunha sociedade que xa non ten unha relación tan dependente dos ciclos da natureza. Os vellos rituais gañan así novos significados e novos sentidos. Pode que o interesante non sexa indagar nas orixes desta festa ou no seu significado ancestral, o importante é o seu significado no presente, o seu papel como referente dunha comunidade e como aglutinador social. Hoxe, en Salcedo, o oso actúa como aglutinador e dinamizador. O oso é unha desculpa para volver ao lugar, para manter aceso o lume da casa, para manter unha actividade que fai que a sociedade siga viva e para que esta sexa visible nun mapa que cada vez ten máis espazo sen referencias, máis aldeas baleiras.

Na sociedade de hoxe certos rituais non compren o papel que historicamente cumprían. Nunha sociedade cada vez menos democrática o ritual non interesa porque implica participación e compromiso, interesa o espectáculo onde o cidadán non é máis que un espectador pasivo. En Salcedo o espectador sabe que ten un papel aínda de participación, que non vai ser un tranquilo observador, pero cada vez menos. Pero a tendencia é ir cara a unha festa turística e as reivindicacións locais van neste sentido, pedindo que se declare festa de interese turístico. Como di David Harvey, a ironía é que a tradición se preserva en cuanto é comercializada e mercantilizada.

,Tense falado desta festa como un ritual perdido no tempo, como unha imaxe que anuncia o rexurdir da natureza, o rexurdir da orde tras un breve tempo de caos. É certo que hai outros exemplos noutros lugares da vella Europa, o que nos fala dunha base común nunha sociedade agraria, pero o oso de Salcedo ten algunhas diferencias, elementos distintivos. Por exemplo: aquí os acompañantes nin son cazadores nin domadores, son criados ao servizo do oso; outra diferencia é que noutros lugares o oso morre ou préndeno, pero en Salcedo non, marcha vivo. Estas diferencias son destacadas pola xente de Salcedo como elemento diferencial e de unicidade da súa festa, diferencias que serven para recalcar un sentimento ou imaxe de identidade e de orgullo dunha localidade. Pero hoxe non somos xa unha sociedade agraria e os rituais de sempre teñen que adaptarse aos novos tempos e as novas demandas dunha sociedade que xa non ten unha relación tan dependente dos ciclos da natureza. Os vellos rituais gañan así novos significados e novos sentidos. Pode que o interesante non sexa indagar nas orixes desta festa ou no seu significado ancestral, o importante é o seu significado no presente, o seu papel como referente dunha comunidade e como aglutinador social. Hoxe, en Salcedo, o oso actúa como aglutinador e dinamizador. O oso é unha desculpa para volver ao lugar, para manter aceso o lume da casa, para manter unha actividade que fai que a sociedade siga viva e para que esta sexa visible nun mapa que cada vez ten máis espazo sen referencias, máis aldeas baleiras. Na sociedade de hoxe certos rituais non compren o papel que historicamente cumprían. Nunha sociedade cada vez menos democrática o ritual non interesa porque implica participación e compromiso, interesa o espectáculo onde o cidadán non é máis que un espectador pasivo. En Salcedo o espectador sabe que ten un papel aínda de participación, que non vai ser un tranquilo observador, pero cada vez menos. Pero a tendencia é ir cara a unha festa turística e as reivindicacións locais van neste sentido, pedindo que se declare festa de interese turístico. Como di David Harvey, a ironía é que a tradición se preserva en cuanto é comercializada e mercantilizada.

,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.