Moldes: encontro de teorías

Moldes: encontro de teorías
Hai una chea de lugares na nosa Terra que gozan deste nome. En consecuencia ai un gran número de cidadáns que disfrutan do mesmo apelido de MOLDES, que recorreu o usual camiño de os topónimos pasar a ser denominacións das persoas.

O noso P. Sarmiento intentou una teoría de explicación para o MOLDES ao pé de Pontevedra, vexamos:

“ MOLDES. Nombre de muchos lugaritos de Galicia.Es de difícil origen. En los apeos de la hacienda que Samos tiene en Salnés, y en latín de 1104, se dice “MOLNES”. En Du Cange mora y morra significa pilar o columna structilis. Morro y morne en castellano significa alto, monte o teso. Si acaso de morne, molne y Moldes,como mojones de algún lugar. Modulus en Du Cange, molunus en latin, por mojón. Creo que de molon,molone, Molnes, Moldes,como término o mojón “

Para explicar a orixe diste nome, imos traer aquí as opinións de dous “vultos”da veciña cultura portuguesa. Dunha REVISTA LUSITANA do ano 1937 recollemos o que JOAQUIM DA SILVEIRA escribe :

“……Os topónimos acima referidos sao ecos longínquos da multisecular interpenetraçao e convívio de muçulmanos e cristaos na Península, ora pacíficos, ora violentos. Outro indicador de tal interpenetraçao ofrece o interesante topónimo MOLDES, que designa, entre outras, uma freguesía do conc. de AROUCA. Numerosos docs.dos séc. X e XI chamam-lhe, ora villa Mollites, Mollides, Molides ou Moldes, ora villa Riu Mollites ou de Mollides.

Em antigos escritos da Espanha, em latim, aparece o vocábulo comum “mollite”, plural “mollites”, para designar o que os escritores modernos do país vizinho chamam “muladís”, isto é ,“ os filhos de pai ou mai, ( ou de ambos os pais ) cristaos, que seguiam o credo mahometano ”, conforme se lê em um antiquíssimo breviario toledano………

………Os “móllites”, muladís, ou “islamitas novos” ( para empregar uma expressao paralela á de “ cristaos novos”…., constituiam, como é fácil de supor, uma clase muito numerosa nos tempos da Reconquista, tendo influido largamente na cultura hispano- arábica, embora sempre mal vistos pelos vélhos crentes de Mafoma.

É o seu nome que se vê estereotipado no referido topónimo MOLDES,… o que tudo debe proceder de povoamento ou colonizaçao antiga com individuos da dita clase, cativados nas lutas da Reconquista”.

Aínda dá, o autor, una chea de explicacións gramaticais, aínda que: “… Mas é-me difícil de explicar o paso MOLNES > MOLDES ” , sendo que é MOLNES, como lle aparece escrito o nome en moitos documentos entre os séculos XI a XII.

Nesa altura,para min, xa estaba todo claro, e non había dúbida ningunha da pertinencia da explicación do sabio portugués.

Pero botemos una ollada á mais recente opinión de A. de Almeida Fernandes, toponimista lusitano, que rebate a teoría anterior cos seguintes argumentos :


Moldes. …….Já em estudos anteriores procurei demostrar que “moldes” nao passa das evoluçoes do latin molinos, com - os > -es bastante vulgar e com recuo da tónica. Neste trabalho nao me interessa fazer a demonstraçao do equívoco, senao alinhar algunas das raçoes por que se considera que o é:

1º) O muladi nao era, como se quer, um renegado, um “ex-cristao ou um musulmano novo” ( senao o filho de árabe e de mulher nao árabe, um convertido ao cristianismo): mas admitamos aquilo.

2º) Como o topónimo Moldes é exclusivamente do Noroeste peninsular, o facto contrasta com a circunstância dele, no caso de tal etimologia e significado, ser de esperar no Sul -onde, porém nao ocurre, o que é singular para a tese impugnada.

3º) Seria muito estrano serem eles renegados cristaos onde a conhecida intransigência religiosa os nao toleraría, sendo que, quem se deslocava para ese Norte liberto, eran mais os moçárabes, chamándo-lhe patria.

4º) Com tal origen arábica, nao se compreende a fixaçao toponímica: esses renegados, por un lado nao se designariam de tal a si mesmos, vindo para entre os cristaos, e, por outro lado,nao seriam os cristaos a designa-los a eles visto que a palabra da designaçao era árabe, e nao é líquido que eles a conhecessem, para a aplicar.

5º) Todos os locais ou lugares de nome MOLDES , que oferecem no pasado formas como MOLNES, e mesmo MOLLES, eram-no de muinhos, pelo que o topónimo RIO DE MOLDES, que foi a expresao plena do topónimo, no nosso caso arouquense, é sinónimo de RIO DE MUINHOS.

Confirmam as Memorias Paroquiais de 1758: “…o rio de Moldes tem quarenta levadas, e sao duas de pisoes burel e trinta e oito levadas sao de muinhos, todos de moer boroa, porque sao de lavradores que só gastam boroa”.Esta cincunstância nao se encontra em tao larga escala em mais parte alguma, mas é comum a todos os casos: por tanto : MOLINOS > MÓLINES > MOLNES > MOLDES, com acento recuado.

Chegados aquí; nós só podemos deixar de lado as opinións do noso P. Sarmiento e de Joaquim da Silveria e aceitar de cheo a tese explicativa do prof. Almeida Fernandes, por tanto : dicir MOLDES, é o mesmo que dicir MUÍÑOS.

Abondando na súa explicación, aínda engadiríamos o dado que no MOLDES que nós coñecemos, ao pé do Carballiño, no concello de ABOBRÁS, hai uns muíños encol do río Arenteiro, tan monumentais, que o Sr. Chamoso Lamas, nativo do lugar,conseguiu arranxalos e protexelos e declaralos no seu dia como ben artístico e cultural do País.

Podería algún lector confirmar esta teoría, de ser MOLDES lugar de muíños, se é veciño dalgún lugar con este chamadeiro?