Homenaxe a Leiras Pulpeiro polos fillos de Mondoñedo en Bos Aires

Homenaxe a Leiras Pulpeiro polos fillos de Mondoñedo en Bos Aires

O 17 de Agosto de 1913, Fernando Lorenzo Rico, solicita permiso ó “Centro Galego” de Bos Aires, para celebrar o día 24 no local Social da Sociedade unha reunión. O día 18 o secretario concédelles o permiso.

O día 24 no local do Centro Galego, reúnense os señores Fernando Lorenzo, Pedro Insua, Valentín González, Agusto Insua, Francisco Flórez, Manuel Lagar, José Antonio Pena, Enrique Román, Victor Domenech, Francisco Otero, Juan García, Benjamín Pérez, Leonardo Amieiro, José Bugarín, José Leiras, Ramón Quesada, Ramón Pardiño, José Barcia, Vicente Guerreiro, Placido Rei e Severino González.

O fin da reunión era crear e nomear unha comisión para facer unha velada en honor ó recentemente falecido poeta Leiras Pulpeiro.

Foi elixido como presidente “provisional” Fernando Lorenzo Rico e como membros da comisión: Secretario, Pedro Insua, vocais: Valentín González, Miguel Crego, Victor Domenech, Augusto Insua, Francisco Florez, Francisco Otero e Ramón Pardiño.

Co fin de recadar fondos para a homenaxe a Leiras, deciden celebrar unha velada entre os meses de Novembro e Decembro. Acordando celebrar unha nova reunión o domingo seguinte convidando, mediante unha circular aos mindonienses co fin de que asistan á mencionada reunión.

Na seguinte reunión, que tivo lugar novamente no Centro Galego”, acórdase facer unha obra de teatro, encargándolle á dirección do Cadro Dramático a Luís López Páez. Co fin de buscar un salón para celebrar una festa e facultado o Presidente.
O Señor Fernando Lorenzo, propón que se permita asistir as reunións de dita xunta a cantos se interesen pola homenaxe. Do mesmo xeito propón a venta de cincocentos billetes da rifa dunha casa, “quinte y cuatros fracciones de terreno” cuxo billete ten un valor escrito dun peso moeda nacional cada un, ofrecendo en venda con un 50 % de rebaixa o cal engordaría os fondos para a homenaxe.

Varios dos presentes entregan o importe dalgúns billetes. Para levar a contabilidade foi nomeado Tesoureiro, Francisco Otero. Na reunión do 21 de setembro acórdase alugar o local do “Centro de Almaceneros” e sinala o 20 de Nadal, como data para celebrar a festa.

Acórdase facer un cadro a lapis de 1x0,70 para exhibilo no escenario a noite do acto e logo doalo ó Centro Galego, para que figure no Salón de Actos, xunto cos de Pascual Veiga, Rosalía de Castro, Curros Enriquez...

Imprimiranse 1.000 tarxetas postais co retrato de Leiras Pulpeiro, a cuio pe se poñerán os cantares seleccionados do seu libro.

Foron designados: Manuel Novoa para pronunciar o discurso inaugural, Fortunato Cruces para ler algunha poesía, podendo disertar libremente e brevemente. Nomease a Luís López Páez, Director Artístico da función, a don Xoán Masseguer, presidente do Centro Español de Lanús e outros socios de este centro para tomar parte nos números teatrais sen renumeración algunha por habelo así ofrecido.
Aceptase o ofrecemento do Sr. Tomás Torramorell para representar outro número teatral. Os mindonienses Victor Domenech, José María Cao, Augusto Insua e outro que se designara tocaran varios aires da súa querida terra, con gaita, clarinete, caixa e bombo.

Acordase levar á escena o traballo literario de Pedro Insua, sobre costumes de Mondoñedo. Victor Domenech estará ó cargo da organización dun coro, para que cante a catro voces, unha composición de Pepe Castañeda e outra dun mestre galego.

O 24 de Novembro a xunta directiva do “Centro Galego” de Bos Aires, acepta “auspiciar el homenaje” organizado polos fillos de Mondoñedo na Arxentina. E chegado o día do festival, o 20 de Nadal, o recinto estaba repleto de xente. O acto deu comezo co discurso do Sr. Fernando Lourenzo Rico, presidente da Sociedad Organizadora. Logo pronunciou un elocuente discurso de apertura o poeta galego D. Manuel Novo Costoya. Deseguido léronse poesías do poeta homenaxeado: “O Galo” recitada por Pedro Insua, “A Mariña” por o Sr. Cruzes. Acto seguido o director do Xornal Nova Galicia, pronunciou un elocuente discurso.
Nos intermedios entre acto e acto estes foron amenizados pola ronda dirixida polo mestre Rodas, executando “Lembranzas d’a Terra” pupurri de aires galegos, poñéndose logo en escena a comedia nun acto de Miguel Echegaray “Los demonios en el Cuerpo” cuxo desempeño correrá a cargo da Señorita Reyes e os señores Messeguer, Cañellas e Alvarez.

Na segunda parte púxose en escena a obra: “Boceto de costumbres mindonienses”. A cal estaba dividida en tres partes.
a) Xunt’a Igrexa d’o Santo.
b) De volta d’o San Pedro d’a Torre.
c) Os parrandistas d’a vila.

Aínda tiveron cabida outras dúas pezas teatrais: “Curación Radical” obra comedia en un acto, en verso feita polo cadro cómico que dirixe o Sr. Torramorell e “Los Incansables”, obra desempeñada polas Srtas. Reis e García e os Sres. López, Canellas e González.

O festival rematou con un gran baile amenizado polo cuarteto de gaita formado por os gaiteiros de os grupos “Os Veiga” e “Os Pacheco”, baixo a dirección de Domenech.

O 26 de Nadal Fernando Lorenzo Rico en nome da comisión organizadora da homenaxe a “Manuel Leiras Pulpeiro” fixo entrega dun retrato de Leiras Pulpeiro a directiva do Centro Galego.

A comisión organizadora reúnese o día seis de xaneiro do ano 1914. Na acta que se levanta, faise constar o agradecemento a todos cantos colaboraron no evento.

Do mesmo xeito acordouse postergar o envío dos fondos líquidos reunidos, mentres o Sr. Tesoureiro non regresara de Mondoñedo e trouxera novas sobre os traballos que se fan en Mondoñedo para render homenaxe a Leiras.

,Pasado certo tempo, o nove de Novembro de 1914, Fernando Lorenzo, Pedro Insua, José M.ª Insua, Francisco Otero, Francisco Florez, Valentín González, Victor Domenech, Alfredo Parga reunense novamente. Nela dicíase que ata o momento nada se fixo en Mondoñedo para homenaxear a Leiras Pulpeiro e co fin de facer tal homenaxe acórdase mandar os fondos existentes (catrocentos pesos con vintecentavos) a D. José Ramón Rego, delegando en dito señor a nosa personería, a fin de que este se poña dacordo coa Comisión homenaxe que se creara en Mondoñedo.

Tamén se acorda remitir o libro de actas de esta comisión, pregando se anote en él futuros acordos que se fagan e logo se deposite en “cofre adecuado dentro del mausoleo a construir”. Pero todo isto quedou en boas intencións, e aínda terían que pasar varios anos mais para verse cumprido tal homenaxe, pois vemos como o 25 de Outubro do 1917, reúnese novamente a comisión. Faise mención á non contestación á carta enviada a D. José Ramón Rego, achacándollo ás malas comunicacións debido a guerra mundial.

Tamén se acorda facer un busto en bronce sobre o pedestal de Leiras Pulpeiro. O proxecto era obra do escultor Sr. Lamadrid. A idea era remitilo a Mondoñedo e que o Concello decidise un lugar público para emprazalo.

Terían que pasar oito anos para que os fillos de Mondoñedo na Arxentina viran cumprido o soño de ver homenaxeado a “Leiras Pulpeiro”. Pois eles solos reuniron o 45% do valor do mausoleo. No cemiterio e sobre o mausoleo construído púxose o busto en bronce do poeta. A pedra de mármore que cubre os restos de Leiras contén a seguinte inscrición “Pra Eterna – Lembranza – do gran poeta e – Cibdadán- Manuel Leiras Pulpeiro – Finouse en IX de noviembre de MCMXII – os fillos de -Mondañedo – en Buenos Aires- lle consagran – este omenaxe – Ano MCMXXI – Amou a verdade – E – Practicou o ben”.

No libro de actas dos fillos de Mondoñedo na Arxentina, como motivo deste acto din: “En la ciudad de Mondoñedo a los treinta días del mes de octubre del año de mil novecientos veintiuno siendo las cinco de la tarde, con asistencia de las autoridades municipales representadas por el Señor Alcalde, Don José María Alvarez Món y los señores concejales designados por la Corporación don Andrés Pérez Balsa Rodríguez y don Antonio Pardeiro y la presencia de los señores Don Ramón Fernández Mato, que ostenta la representación de “Reunión de Artesanos de la Coruña” y “Diario “La Zarpa” de Orense, Don Antonio villar Ponte por la “Hirmandade da Fala da Cruña” y la revista “ A Nosa Terra”, don Vicente Risco, por la revista “Nos” y “Moceda Galeguista d’e Ourense” Don Urbano Dominguez; Don Eugenio Carre por “Estudios Gallegos” y por las revistas “Vermans de Porto” y “Seara Nova” de Lisboa; Don Eladio Rodríguez González por “La Real Academia Gallega” y la redacción del diario de la Coruña “El Noroeste”; Don Gaspar Oitalen por “Correo de Galicia de Buenos Aires”; Don Jesús Lombardía, por “La Voz de Galicia” de la Coruña; Don Candido Carreiras por el semanario de esta ciudad “Justicia, Don Justo R. Vazquez y Alba por los “Centros Gallegos de la Habana y Santiago de Cuba”; y por Heraldo Gallego” de Buenos Aires: Don Luis Peña Novo; Don José Cigarrán, por el “Casino de Mondoñedo” y Don José Castañeda por la “Rondalla y coro “La Lira” y con la asistencia de no menos de mil quinientas personas de la ciudad y sus cercanias, el Señor Fernando Lorenzo Rico, natural de esta ciudad y con residencia habitual en la la República Argentina, en nombre de todos los naturales de la ciudad y sus contornos, domiciliados en Buenos Aires, hizo entrega con frases oportunas para el objeto que motiva esta manifestación, del mausoleo que por su gestión y a expensas de los mindonienses en la citada Argentina, se ha construido sobre la misma sepultura donde había sido enterrado el ilustre homenajeado, cuyos restos hoy quedan recogidos en una urna de madera que se halla debajo de la columna del mausoleo.

En nombre del Señor Alcalde ha contestado al Señor Lorenzo Rico, el literato y vecino de Ferreira del Valle de Oro, Don Ramón Fernández Mato, siguiendolo en el uso de la palabra Don Vicente Risco, Profesor de la Escuela Normal de Orense y Director de la revista nacionalista gallega “Nos”, dandose por terminado el acto en el Cementerio con el “Himno Gallego” que ha sido cantado a guisa de oración y como afirmación del civismo regional. A las nueve y media de la noche, se ha dado principio en el Salón del “Casino” de la ciudad a la velada necrológica celebrada en su memoria y en la que han tomado parte todos los intelectuales, como igualmente el Señor Justo Rodríguez Vazquez, quien ha hecho la presentación de los mismos al númeroso público que llenaba la sala dándose lectura a las numerosas adhesiones que por carta y telegraficamente, se han recibido en el día, termínandose el acto con el canto del “Himno Gallego”, habiendose comenzado con la “Alborada de Veiga” que ha sido tocada por los músicos Señores Enrique Iglesias, Augusto Insua, Remigío Rodríguez y Dodolino Insua, y habiendo tomado parte en el coro “La Lira” que dirige el señor José Castañeda, los Señores Antonio González Amieíro, Elías Pérez Díaz, Ricardo Tapia, Graciano Fraga, José Murías, Clemente Folgueira, Jesús Fernández Rodríguez, José Ramón Fernández, Benito Alvárez, Valentín Vaamonde, Eduardo Salgueiro, Pascual y José Ramón Freire, Manuel Tapia, Antonio Reigosa, Wenceslao López, Eduardo Pernas y José Vizoso, cuyos artistas han cooperado desinteradamente en esta manifestación. Se hace constar que el terreno donde se halla emplazado el Mausoleo, ha sido cedido a perpetuidad por el Ayuntamiento, en razón de la instancia que el delegado de los mindonienses de Buenos Aires, ha presentado en Septiembre del año pasado y se deja especial constancia de que en la base de la columna y en un hueco que allí existe, quedan depositados en una caja de hierro, algunos antecedentes relativos a este homenaje, como son periódicos etc. Destinandose el libro que contiene esta y otras actas al Archivo del Ayuntamiento de esta ciudad en razón de poder ser consultado en cualquier momento y ofrecer más y mejor conservación que si se hiciese en depósito en la antes citada caja, como era el primer propósito. En el acto de la inaguración se han visto tres coronas artísticas, una del Ayuntamiento, otra del Casino y una tercera de un grupo de obreros en una de cuyas cintas se leía “a las deserdada o seu bon defensor”. Han cooperado desinteresadamente en la mejor ejecucción del mausoleo y actos llevados a cabo los vecinos señores Santiago Pernas Salazar, Benito Alvarez Cora y Ricardo Otero Montouto, encargados del adorno del mausoleo, Don Jesús Lombardía y Don Justo García, cedieron desinteresadamente el salón del Casino, del cual son concesionarios, donde se llevó a efecto la velada; y la Sociedad “Electricidad Mindoniense” ha renunciado al cobro de la luz que se consumió en el salón.

Esta acta ha sido copiada por Wenceslao López Freíre, cooperando igualmente a la mayor gloria y homenaje del poeta y ciudadano que se honra, Don Manuel Leiras Pulpeiro, dándose por terminado su redacción a las doce de la noche del día de la fecha.

Firmas de: Fernando Lorenzo Rico, José María Alvarez Mon, Andrés Pérez Rodríguez, Ramón Fernández Mato, Antonio Pardeiro, Ramón Fernández Mato, A. Villar Ponte, Vicente Risco, Urbano Dominguez, Eugenio Carre, Eladio Rodríguez, Gaspar Oitabén, Jesús Lombardía, Candido Carreiras, José Cigarran, José Castañeda.