Balthasar Menendez Navia e Sierra e súa dona Antonia de Hestrada e Río.
Son veciños de Ribadeo e viven “ a donde dicen fuera de la villa y en el campo y frente al Hospital de San Sebastián de esta villa de Ribadeo con su escudo de armas de la descendencia de mi el dicho Balthesar Menendez de la casa de Navía de los Limones sita en dicha villa de Navia y solar conocido de mi descendencia por linea recta de varon de mi padre, abuelo y más ascendientes y de la villa de Villaamil de cuyos solares me intitulo y de quien pertenecen dichas Armas que estan en dicho escudo y de las de los Fuertes y Sierra de quien también desciendo por hembra”.
D. Balthasar era familiar do Sto. Oficio da Inquisición de este Reino de Galiza e orixinario da de Navia de Luarca no principado de Asturias, fillo lexitimo de Sancho Menéndez Navia y Villaamil e Magdalena Rodríguez de Sierra e Fuertes naturais da vila de Navia.
Balthasar tiña unha irma chamada María Vázquez Navia e Villaamil casada con Pedro Álvarez de Lago. Dúas fillas tiñan Gerónima e María do Lago. Eran veciños de Navia.
D. Antonia Hestrada e Río é filla de Francisco Rodríguez de Río e Antonia de Hestrada Manriquez veciños de Ribadeo. Esta e poseedora dunha carta executoria da Real Audiencia de Reino de Galicia que conten certa cantidade de bens raices, contidos na dita carta executoria en virtude de mellora e aniversaría perpetua que dalgúns deles habían feito no seu testamento Francisco Rodríguez de Río e Antonia de Hestrada padres da dita e en virtude dunha doazón entre vivos que había feito Francisco Rodríguez de Río crego e irmán. En cuio litixio se seguiron dous xuízos, ganados ambos. Estes lugares son “el lugar de Sevane con sus casas guerta de limones y las dos cortiñas yera con lo mas della anejo”.
No ano mil seiscentos sesenta e oito tiñan sete fillos:
Dona María Navia e Villaamil a cal estivo casada co Capitán Don Antonio Sarmiento ó tempo de casarse recibiu de dote 1500 ducados. Ten unha filla chamada Juana. Esta recibiu parte do legado da súa avoa Antonia Hestrada Manriquez.
Don Salvador Menendez Navia e Villaamil presbítero, nel se gastaron moitos diñeiros nos seus estudios, librería e no beneficio sen cura de “San Andrés de Comesana”, que cos cartos dos país o tomou a pensión.
Dona Antonia de Hestrada, monxa profesa no Convento de Sta. Clara de Ribadeo. O entrar no convento recibiu un dote e renunciou a súa herdanza a favor dos seus irmáns.
Don Francisco Menendez casado con Doña María del Campo Mon e Castrillón. Os seus pais déronlle seiscentos ducados en “haciendas y muebles” para que comezase unha vida mellor “ y pudiese sustentar las cargas del matrimonio”.
Doña Juana Menendez Navia y Villaamil casada co Licenciado Don Juan Antonio Castrillón e Cienfuegos. Avogado das Reais Contas e veciño de San Bartolomé de Valdepares no Principado de Asturias. Cando se casou se lle deron de dote 2.500 ducados.
Doña Isabel María Menendez Navia solteira e vivindo na compaña dos seus pais.
Don Gaspar Menendez era o fillo menor. O 13 de Maio de 1668 no porto da vila de Navia, Balthasar Menendez lle fixo entrega de nove millares de “duela blanca menos ochenta cuatro duelas cargada y despachada en el barco San Antonio y Santiago Maestro Antonio Ledo veciño de Portonovo para que lo dirigiese por su cuenta y riesgo a los toneleros de Redondela”. A dita duela a deu a 25 ducados o millar e monta toda 222 ducados e medio.
O dito Balthasar e Antonia fan testamento pechado ante Domingo García de Cordido o 30 de xullo de 1668. Estaba formado por oito follas.
O 21 de Abril de 1683 morre D. Balthesar Menendez Navía e Sierra polo que ese mesmo día a presenza D. Antonio Baamonde escribán de número da vila de Ribadeo, o cal tiña en poder o dito testamento por falecemento do dito Domingo García de Cordido e de varios testigos, que recoñeceron a firma de Balthasar abriuse o dito testamento. Entre outras cousas se dí:
Os seus corpos sexan sepultados na Igrexa Conventual de San Francisco na sepultura que tiñan dotados os seus “maiores” e que esta debaixo do púlpito. Se ofreza a Noso Sr. Jesucristo por cada un deles na igrexa onde os depositaren “dos chopines de graus, dos arrobas de vino y dos carneros y al convento de Sta. Clara una ofrenda”.
Ordenan dar de esmola ás confrarías da vila de Ribadeo o seguinte: Santísimo Sacramento oito reais, a do Rosario catro reais, o do Sto. Nome de Xesús catro reais, a da Vera Cruz dous reais, a Concepción dous reais, San Antonio dous reais, a de San Pedro un real, a da Trinidad un real, a Redención de cautivos 35 mrs. e ás ermidas de Ntra. Sra. Do Camino, San Roque e Santiago de Vigo medio real a cada un. A cada un dos lazarados que houbese no Hospital de San Lázaro, extramuros da vila de Ribadeo a cada un medio real. O hospital de San Sebastián unha manta e unha sabana.
A todos os homes e mulleres que estiveran o noso servizo nese tempo a cada un doce reais.
Mandan que e a súa vontade que por canto teñen moita devoción a imaxe de Ntra. Señora da Barca da Vila de Navia queren que se lle dean dos seus bens a dita imaxe para o seu “alino y conservación de su culto” un censo de cen ducados de principal e cinco de réditos en cada un ano. Este censo sairía dos bens raíces sitos no lugar de Salcedo do dito concello que quedaron por morte de Juan da Cabanela e súa muller e que os leva o seu fillo Lucas Suarez de Salcedo que o presente vive en eles. Este censo se paga o dezasete de xuño e ten a carga de catro misas rezadas en cada uno.
Foron nomeados por cumpridores do dito testamento a D. Salvador Menendez Navia y Villaamil e por veedores deste dito testamento o Señor Gonzalo Fuertes y Sierra cuñado de D. Antonia y tío de D. Balthasar Menéndez y al Lic. Bartolomé Álvarez de la Torre comisionado do Sto. Oficio e cura da Colexiata e parroquia de Ribadeo.
,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.