As intermitencias da morte

As intermitencias da morte

O camiño cara o Centro é un lento pasar pola historia dun mundo que esconde a súa agonía tras nomes enganosos. A obsesión pola palabra, polo seu poder " a morte se alimenta de palabras lles devora a medula e o rastro que deixan é un silencio mudo"

A vida se alimenta de libros.

Podo clasificar a miña vida, en lotes de libros. A infancia nun barrio de protección oficial onde o refuxio e a fantasía estaba tinguido no papel. A adolescencia de clásicos universais. A universidade de papel subliñado que pouco apouco ía traspasando as teorías que che presentan no mundo.

Podo clasificar os sentimentos con títulos de poemas. E sei quén son porque no pasado escribiron para min, porque obras como as de Saramago, me presentaron o absurdo e o posible deste mundo.

A vida, se alimenta e se formula nos libros, de palabras que amosan o mundo e de palabras que o imaxinan. Saramago nos deixou unha vida delas. Palabras para curar a cegueira e recuperar as voces silenciadas, palabras que se constitúen en valores e nos predispoñen contra "o cinismo, a indiferencia e a covardía".

Manolo Rivas afirmou que a obra de Saramago ten a condición de rescate.

Ese é o pretexto do meu artigo, rescatar. A morte, non é só a desaparición da palabra senón tamén do seus espazos. O espazo material da palabra é a librería. Nelas seleccionan, trasladan, mostran, orientan, ensinan. Nos presenta outras realidades, outros mundos, nos ofrecen o instrumental necesario para desvirtuar o cinismo, condenar a indiferencia e superar a covardía. De indiferente e de covarde podemos titular a unha cidadanía que abandona os espazos de formación, de comprensión e reformulación dos seus membros. O espazo material da curiosidade, da utopía, dos soños, da rima e beleza

Michelena está fechando, a librería pontevedresa que traballou para nos durante 30 anos, fecha. Neste caso, matamos ao mensaxeiro.

O sistema, como a morte tampouco ten intermitencias e como dicía Marx e citaba Saramago " si o home é formado polas circunstancias entón haberá que formar as circunstancias humanamente"

E nada máis.