Arte e Compromiso


"Na modernidade onde se descubriron as liberdades tamén se inventaron as disciplinas"

Unha das características da modernidade foi a reinvención dun novo concepto de poder: descentralizase o poder gobernamental para dispersalo en multiplicidades de poder que se exercen na esfera social: familia, prisións, hospitais, traballadores sociais, policía, mestres, intelectuais, artistas...

En todos os planos da sociedade moderna existe un tipo de poder continuado, todo está conectado mediante un sistema de vixilancia duns cidadáns a outros pola procura dunha normalización xeneralizada. Outra característica común da modernidade consiste na creación arquitectónica para cada un destes "micro sistemas de poder", centralizándoos e situándoos en edificios fechados e distintivos: prisións, hospitais, institucións, universidade, museos, teatros.

Un claro exemplo disto atopámolos na reivindicación do feminismo, conscientes do poder que exercía, como xénero, o espacio do privado, o referente familiar: fogar- casa. O paso do ámbito privado ao publico veu da man da demolición do edifico-fogar, como único espacio de desenvolvemento propio, atravesando a porta á sociedade, ao público. Botarse á rúa.

Mais, si neste século conseguimos descentralizar a figura da muller nun único espacio non acontece o mesmo con moitos outros colectivos; refírome aos intelectuais e artistas. Localizados en espazos fechados, normalmente na Galiza fóra dos centros das vilas, constrúen as súas creacións artísticas dende as súas fortalezas: teatros, museos... Estes edificios "culturais" actúan como microespazos de poder situando "o cultural" dentro dos límites das posesións do artista, xerando unha relación para o resto da sociedade de "Visita" e " Contemplación" ao divismo:" dende os seus tronos escénicos continúan a solicitar o aplauso como único vínculo co resto da cidadanía.

A "masa" non ten necesidade do artista/intelectual para acceder ao coñecemento, pero existe un sistema de dominación que obstaculiza, prohibe e invalida ese discurso, ese coñecemento. A idea de que os intelectuais son os axentes da "conciencia" e do discurso artístico forma parte de ese sistema de poder e o "nicho" non deixa de ser ese espacio fechado onde se alimentan as microestruturas. No remataremos con esta diferenciación de clases até que botemos a cultura á rúa e se integre co resto da realidade e axentes sociais. Rompendo coa dicotomía traballo/ocio-coñecemento/ignorancia-accesible/incomprensible.

Enamais...