A rilleira de Ambrós: Ambroz

A rilleira de Ambrós: Ambroz

A Dª Modesta e sua neta.

Hoxe en día corresponde coa parroquia do Carmen. No interrogatorio que se fai co motivo do Catastro do Marques da Ensenada, con data do vinte e nove de marzo do ano mil setecentos cincuenta e dous, se delimita da seguinte forma os seus territorios. A rilleira de Ambroz ten de levante a poniente media legua e de circunferencia legua e media. Para percorrerse a un paso regular se necesitan seis horas polo penoso e montañoso. Os seus lindes son: “principando en el puente nombrado Ruzos, río arriva hasta el rego que tiene de la fuetne nombrada das Donas subiendo por este a riva por la parte del Sur hasta otra fuente y desde esta en derechura a la pena que llaman del morto hacia el levante colindando con montes de la feligresía de Santiago de Lindin y desde dha pena a lo alto del monte que llaman de Camba dividiendo el coto de Zime de Vila y feligresía de Santa María de Villamor en derechura por el norte de dar en el río que llaman Sierra de Agua subiendo parte del poniente a la puente de San Lázaro siguiendo río arriba hasta otra puente de Ruzos primera demarcación dentro de los cuales se halla incluso el coto de Otero de que es dueño Don Isidro Joseph Vaamonde”.

Nestas terras abundan os maceiros, pereiras, cerdeiras, nogueiras e castaños. Recóllese trigo, centeo, nabos, maiz castañas e noces.

Impostos e décimos


As terras dese termo teñen que pagar os décimos de todos os froitos que se recollen, a excepción da verdura e o das terras pertencentes o Hospital de San Pablo e San Lázaro e as de Don Antonio Vicente de España y Luna veciño da cidade da Coruña que leva en foro da Dignidade Episcopal de Mondoñedo. Tamén se paga pola leite das vacas desde o domingo de Pascua de Resurrección ata o día vinte catro de xuño, o mesmo de Cordeiros da la das ovellas, carneiros, cabritos e carne dos porcos que matan, castañas e noces e todo o xénero de froita. Son percibidos unha cuarta parte polo cabido da cidade e as tres restantes polo tesoureiro da Catedral.

En 1750 habitaba no Couto de Otero Tomás López, de profesión gaiteiro, e a súa dona Margarita Bouso, tiña como obrigación de tocar gratuitamente a gaita todos os anos o día da Santísima Trinidad.

Nela hai trece muíños, cinco se atopan no sitio que chaman o pasatempo e son de D. Nicolás de Luaces e Utón, outros dous no sitio de Baloria de Don Francisco Pillado, outros catro no mesmo sitio e son de D. Antonio de Vivero cura de Santiago de Quende e Don Joseph de Aguiar cura de San Salvador e San Cristóbal de Couzadoiro e outras dúas o mesmo sitio de Don Joseph Tomillo veciño de San Thirso de Portocelo.

Tiñas colmeas Antón Díaz Villapol seis, Pedro López Teixeiro cinco, Luis de Esquerdeiro seis e Gabriel Rodríguez seis. Había dous cregos os irmáns D. Antonio e Bartholome Costa. Dous xastres, Rosendo Ferreiro e Gregorio Rico e dous zapateiros Miguel da Insua e Francisco Bargueiras, o cal era tamén curtidor.

Había unha escribanía a de Isidro Fernández Valledor escribán da súa maxestade o col tiña uns ingresos de 2.500 reais o ano.

Feira de Ambroz


O 21 de xaneiro de 1769 concedeuse licenza para celebrar unha feira ou mercado na rilleira de Ambroz. Esta situouse o carón do Santuario do Carmen. Alí se celebrou ata o ano 1835 que se traslada o Campo dos Remedios.

,O porque o nome da parroquia do Carme

No seu territorio atopamos tres ermidas, a da Virxe do Socorro, San Carlos e San Alberte e da Virxe do Carme.

No século XVII, Juan das Góas, cego e morador no lugar de Santa Olalla, na rilleira de Ambrós funda a ermida de Nosa Señora do Carmen. De dita fundación nos muros da actual igrexa parroquial do Carmen se conserva una lápida que dí: “ A honra i gloria de Dios i de la Virgen nra. Sa. del Carmen fundo esta hermita Ju.º das goas pribado de la vista corporal antes del ano 1664 i en ella a su petición y otros devotos la cofradia del sagrado escapularío dho año de 1664. En el año de 1679 fundo en el altar maior una capellania patr.º de legos que loan de ser su sobr.º ant.º de leon i cartas i mas hijos de andres de Leon i Ant.ª das Goas chao i cartas su mujer aquien llamo p.ª capellanes i a los más sus parientes dejole renta i obligación de una misa cantada día 16 de julio de cada un año es de la virgen – otras dos rezadas día de San Juan Bautista Evangelista i otra día de S. Alverte patriarca de Gerusalén a 8 de abrill recada-renobose la capilla mor. I faiose i la iglesia hizose portico y sacristía i todo se lastro a costa devos. i cofrades de const.º de dha ant.ª das goas patrona su hija M.ª Carmela de 1688”.

Sendo mordomo da confradía da virxe do Carmen, D. José Jacinto Vaamonde fanse os seguintes reparos: “De la propía manera se ha reparado la capilla por la parte de adentro y su pórtico con mas faltas de revoque que en ella se hicieron para que fueron precisos cinco carros de arena que tuvieron de coste seis rrs. como igualmente para lo m.º y blanco que se ha dado a la misma capilla y portico pr. la parte de adentro y fuera con la sachristía se han conduzido siete anegas de cal con que la servido un deboto pr. cuio trabajo pague a dos ofis. y un peon, ochenta y dos reales”.

En xullo de 1883, promoveuse una gran revolta nas inmediacións do carmen “por haber circulado la noticia do que o bispo José Manuel Palacios, quería clausurar a ermida do Carmen” Por esa mesma causa foi apedrado o palacio Episcopal.

No ano 1897 un 17 de abril fúndase a escola de Ambroz.

No pontificado do bispo Manuel Fernández de Castro, faise un novo arranxo parroquial separando da parroquia de Santiago dúas novas, a do Carmen e a dos Remedios. A do Carmen corresponde coa antiga rilleira de Ambrós. A actual igrexa parroquial do Carme foi construida a expensas do mencionado bispo e tivo de costo unhas 25.000 pesetas. O mestre que dirixiu as obras foi D. José Domenech. Na súa facha luce a inscrición seguinte: “Anno MDCCCC/JESUS CHRISTUS DEUS HOMO/ VIVIT, REGNAT, IMPERAT”.

Os retablos da dita igrexa foron feitos nos talleres de Pascual Rubiños e dourados e pintados polo artista mindoniense Joaquin Montouto. Os cartos foron postos o do retablo maior por Dª. Manuela Fernández de Estrada e os laterais por D. Manuel Ramos e o pintado e dourado por D.ª Pascuala Cordido.

O 28 de xuño de 1905, recibiu sepultura o dito bispo Manuel Fernández de Castro, tal como había mandado el no seu testamento, nunha sepultura situada ó baixar as escaleiras da entrada do cemiterio.

O primeiro crego que tivo a mencionada parroquia foi Don Xusto Rivas, natural de Riotorto, anos mais tarde, bispo auxiliar en Santiago e titular de Plasencia.

O Couto de Otero

Dentro de la demarcación de la rilleira de Ambroz, había un couto que desde tempos remotos pertencía o mosteiro de Lourenzá ata que un 28 de Outubro do ano 1627 o capitán Pedro Fernández Vaamonde e a súa dona Doña María de Losada o adquiriron por 800 ducados de prata o convento de Lourenzá. Os seus lindes eran: “Conforme texta todo alrededor con la jurisdicción del obispado de la ciudad de mdo. y como empieza =en las bidueiras queestan arriba junto en el camino Real que biene y ba para caxtilla y de allí ba todo por la agua abaxo asta llega al molino biexo que fue de gomez do Río y fue de dona catalina osorío= y de allí todo por el Rego abaxo asta llegar al otro molino que quedo de santo domingo y ahora es de sus herederos= y por allí abaxo asta llega ala agra yeredad que quedo de Albaro do Chao molinero= y por allí buelbe por el Camino que ba para los molinos de la ciudad y parte el dho camino la dha jurison. de la del sor. obispo de mdo. = y buelbe por el fondal de la Pumarega de Diego Reigosa escribano y por allí sube por donde biene la agua del perigote= que passa por junto a la casa de Jn. Perez cerraxero y junto ala casa nueba que aora hizo allí el dho cappan. P. Fer.= y de allí sube todo por la baliña a riba conforme biene el agua y por los sotos a riba asta bolber derecho a las bidueiras que atrás quedan dhas esta un marco junto della que parte la dha jurisdicción con la del dho sor. obispo”.

Sociedade de Gandos San Antonio e San Isidro da parroquia do Carmen


Foi fundada por numerosos veciños de dita parroquia no ano 1917, os primeiros cargos foron: Presidente, Francisco Graña Cabanas; Secretario, Xosé Cabanas González, Secretario, Xosé García Loboso; vocais, Pascual Marful, Xosé Graña Cabanas, Xusto Anello e Mauel María Graña Cabanas. O 15 de agosto dese ano cobrouse a entrada e entregouse a libreta ós socios. A Sociedade tiña catro vixilantes o de San Carlos que era Manuel Graña, o do Couto de Otero e Casas Novas Antonio López Salgado e o do Carmen Balbino Anello. O inspector era Agustin Vazquez.

No ano 1918 se refunda a sociedade co nome “Sociedad de Socorros Mutuos de Ganado vacuno con el nombre de Ntra. Sra. del Carmen”. A nova regulación foi redactada por Xosé García Loboso, Francisco Graña Cabana e Pascual Marful Villalba. Enviáronse dos regulamentos o Goberno civil da provincia para a debida inscrición, o primeiro presidente foi Xosé Cabanas. O 26 de Xullo teñen que facer frente a perdida dunha vaca de Pascual López valorada en 250 pesetas. No mes de Outubro foi nomeado presidente honorífico Fermín Díaz Fernández por aclamación.

A sociedade celebra todos os anos a festa de San Antonio con unha misa e paga dúas ducias de foguetes para a procesión.