A parroquia de Santiago de Viveiro

A parroquia de Santiago de Viveiro
No arquivo Diocesano de Mondoñedo, consérvase un documento referente a visita pastoral que o bispo Riomol e Quiroga fai a parroquia de Santiago de Viveiro no ano 1754 e este di:

Sendo Rector Don Antonio Suárez, cura da parroquia do Señor Santiago da Vila de Viveiro, cumprindo a orden da visita que o S. Ilmo. Señor bispo, se servíu despachar o día 22 de xuño do ano mil setecentos cincuenta e catro, manda facer unha relación dos sacerdotes desta parroquia con distinción dos que son confesores e a que título se han ordenado, das capellanías e Aniversarios que no son de cargo do cura; das obras pías e os seus patróns ou administradores como tamén dos clérigos, estudantes e as súas clases e certificando en forma que viven nesta parroquia.

Don Andrés Cabarcos, presbítero confesor, ordenado a título de patrimonio. Don Francisco Azebo presbítero confesor, ordenado a título de patrimonio. Don Domingo Pedrosa, presbítero ten licenza de confesor; está ordenado a título de patrimonio. Don Eustaquio Fernández presbítero confesor, Mestre de Gramática no Seminario esta ordenado a título de patrimonio. Don Nicolás Franco presbítero confesor ordenado a título de patrimonio. Don Francisco González presbítero no ten licenza de confesar; esta ordenado a título de patrimonio. Don Thomas Moure ordenado a título de Patrimonio. Don Roque de Castro, Subdiacono ordenado a título de Patrimonio. Don Juan de Vivero, clérigo de primeira con beneficio simple. Don Francisco de Vivero clérigo de primeira con beneficios simples. Don Antonio Pardo clérigo de primeira con Capellanía Colativa. Don Juan Antonio Polo clérigo de primeira con Capellanía Colativa. Don Francisco Casal clérigo de menores adicto a la parroquial de Sta. María.

Estudantes: Juan Leal, estuda filosofía. Ramon Toxeiro Filosofía. Miguel da Valga Filosfía. Pedro Pío Pardo Gramática. Antonio Cordido Gramática. Benito Cordido Gramática. Vicente Melendez Gramática. Vicente Ledo Gramática. Antonio Fernández Gramática. Bentura López Gramática.

Obras Pías. O Hospital de esta vila administrado polo alcalde, non ai noticia da súa fundación. O colexio do que son patróns os PP. Prior de Sto. Domingo e o Guardían de San Francisco desta vila. Ten dous mestres de gramática. O Hospital de San Lázaro extramuros desta vila e administrado polo alcalde. O Monte de Piedade en granos para socorro dos labregos a cargo dos alcaldes, parece que esta extinguido.

Ermidas fora da Igrexa Parroquial.

Nosa Sra. da Misericordia a outra parte da ponte, termos desta Parroquia, ten misa diaria. E patrón Don Diego Vermúdez, capellan Don Francisco González.

Ermida de San Lázaro xunto a o seu hospital corre de conta do Alcalde ten mordomo que o é Roque Pedroso veciño desta vila. Os curas desta parroquia están na posesión de decir duas misas nos días festivos. A primeira nesta capela para que asistan a ela os enfermos deste hospital. A capellania de Nosa Sra. inclusa no hospital desta vila e colativa e a ten don Gregorio Sánchez clérigo de Menores, veciño de Landrove. Polo auto no que se confirmou esta erección desta capellania prevense que o Capellán dentro dun ano sexa ordenado de Presbítero e no seu caso o bispo encargue o seu cumprimento a un sacerdote pobre desta parroquia que perciba toda a súa renda como consta do testemuño autentico que pasa en poder do dito Gregorio Sánchez, o cal fai anos que ten esta capela sen haber ascendido a orden Sacro e está ausente deste reino, parece di as misas da súa Fundación Don Juan Lexes veciño desta vila.

A capela de San Ciprián no partido de Vieiro termos desta parroquia ten una casiña e horta que a leva o que a coida. Ta o cargo do cura que percibe o dereito das candelas e esmolas.

Oratorio do Colexio Seminario que esta o coidado do mestre mordomo .

Oratorio da casa do Alcalde.

Capellanias fundadas na Igrexa Parroquial e non están o cargo do cura.

No altar maior desta parroquia: A capellania colativa de Santiago de Piago e patrón o padre capellan, D. Joseph Sanjurjo, cura de Barres no bispado de Oviedo. Ten obrigación de unha misa cada mes parece que as di D. Francisco Polo residente nesta vila.

A capellania colativa de San Andrés cinco misas cada semana que mandou fundar o Lic. Don Andrés Méndez de Moscoso cura que foi de San Andrés de Boimente; nomeou por patrón a Don Nicolás de Luaces y Uton veciño da cidade de Mondoñedo. Non se dín as misas nin se chegou a erixir dita capela. De todo isto ai constancia no libro de aniversarios.

Na capela que ai o lado dereito do altar esta fundada a capellania de Nosa Señora da Encarnación con una misa todos os Domingos que se ha de decir a hora das once, e patrón Don Francisco Xerónimo de Cora veciño de Bravos di a misa Victoriano Prieto veciño desta vila.

Na mesma capela esta fundada a capellania colativa de Nosa Sra. da Misericordia con dúas misas cada semana e patrón Don Francisco Xerónimo de Cora veciño de Bravos e capellán Don Francisco Bouza cura de Mañón; está encargada a Don Joseph Guerra veciño de esta vila parece que a fundación manda que o capellán a resida por súa persoa.

Na Capela de San Salvador , a capellania colativa da Transfiguración do Señor con cincuenta misas cada ano e patrón Don Fernando de Bolaño o seus sobriños de a casa de Llanes no principado de Asturias e un de estes días se fixo edicto de vacante por morte do crego de Navia o seu último cura capellán, dí as súas misas un sacerdote veciño de Landrove.

O lado esquerdo do altar maior e colateral do Sto. Cristo: capellania colativa do Santísimo Cristo con oitenta misas cada ano e patrón os menores de Don Antonio Moscoso; non coñezo o capellán parece corre coas misas e rendas desta capela Don Pedro Meitin residente nesta vila, non se din no seu altar.

Capellania colativa de Nosa Sra. das Ermitas con cinco misas cada semana o meu parece pois non vin a fundación ni ai dela noticia algunha nos libros desta parroquia. E patrón Don Pedro Pardo veciño desta vila, capellan Don Alonso Busto cura de Villaosende ; dí as misas Don Joseph Guerra veciño de esta vila.

Na capela de Nosa Sra. de México esta fundada una capellania Colativa que posue Don Alonso Franco presbítero veciño de San Esteban do Valle, parece que ten dúas misas cada semana. Non se viu a escritura da fundación nin está no libro de aniversarios.

Aniversarios Perpetuos.

Na capela e altar de México están fundadas catro aniversarios perpetuos por Don Luís López consta dos autos da erección que están no oficio que sirve Joseph Antonio Belón. A unha a ten Don Urbano do Vale presbítero con dúas misas cada semana que ha de decir no dito altar. A segunda a di Don Domingo Rivas presbítero veciño de San Xoán de Cobas con tres misas cada semana.

A terceira a ten Don Pascual Illade presbítero veciño de San Xulián de Somoas con dúas misas. A cuarta tena o cura de esta parroquia con doce misas cada semana.


,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén
.