A marquesa de Camba e o crime a lesa-patria
No 1366, ou naquela Galiza do baixo-medievo cando os conflitos dinásticos e fatos, amosaban o máis brutal confronto e se xogaba o futuro da Galiza e do Estado español, entre dous proxectos ou campos ideolóxicos ben definidos. É cando na cidade de Compostela acontece un fato, pouco recreado polos historiadores, pero que en verdade ten unha repercusión primordial na historia de Galiza. Refírome a presión de Alonso Suárez de Deza (churruchao) no castelo da Rocha e a súa posterior execución. Deza era o home da chamada marquesa de Camba, e partidario de Pedro I. Este facto desencadeará que o Consello Real, reunido os días 24 e 27 de xuño do 1366, no mosteiro de San Martín Pinario, e no que participan o rei Pedro I e Fernando de Castro, entre outros, deciden condenar ao arcebispo Suero Gómez de Toledo e ao deán Pedro Álvarez por ser os autores da ilexítima execución do Deza.
Os acontecementos van ser novelados por Neira de Mosquera na súa obra "La marquesa de Camba" que é publicada en Madrid. As censuras ensañanse coa obra, prohibindoa e non permitindo a súa distribución, o mesmo que fan con outras obras literarias referentes a cuestión. Todo referente a este facto é prohibido pola censura eclesiástica. Mais debeu ter un bon acollemento e resonancia xa que sae a luz nunha imprenta de Oporto catro anos despois da súa publicación en Madrid. O propio Neira Mosquera nunha carta que lle escribe ao Marqués de Torre-Orgaz, di "la forma de nuestras producciones eran mal recibida de la critica literaria: el fondo de nuestros ensayos eran también repudiado por las convenciones sociales de nuestro dias......pero, la muerte del arzobispo y deán en la procesión de Corpus de 1366, es tan popular en nuestra patria como el desastroso fin de los amantes de Teruel y la deplorable venganza de los Zegries en Aragón y Andalucia".
A novela vainos aclarar e darnos valiosas pistas sobre lugares e acontecementos relevantes da época e sobre todo, amósanos o apoio dos sectores populares e da nobreza galega ao rei Pedro I, na súa guerra con Henrique que lle quer arrebatar a coroa. Fálanos do arcebispo, Suero de Toledo, que se cría amo e señor absoluto da poboación Santiaguesa, sendo ao tempo señor do castelo da Rocha e irmán do alcaide das antigas cortes dos reis godos. Acérrimo partidario dos enriqueños e apoia polos ricoshomes. Da presenza de Pedro I en Monterrey e no mosteiro de San Martín Pinario e no apoio con que conta en Galiza nos sectores populares, e parte da nobreza, fronte ao clero que esta ao lado dos enriqueños. Tamén da actividade de Fernando de Castro que é o adiantado maior de Galiza e capitanea as tropas de Pedro I ou de Álvaro Gómez de Lira e López de Moscoso que desde Melide e a Mahia o apoian. O do asasinato de o Churruschao a mans do arcebispo por ser contrario aos abusos que comete coa poboación de Compostela, amais de ser defensor de Pedro I, titulado tamén rei de Galiza. Describe aos dous sectores desta maneira " las fuerzas de don Fernando de Castro pertenecían a una soldadesca atrevida, valiente, agresora e generosa; las fuerzas de don Suero de Toledo eran gente interesada, mal contenta, sagaz y conspiradora".
É no chamada portada dos azevicheiros onde se produce o disputa entre os partidarios de Pedro I e os de Henrique. Aquel 29 de xuño de 1366, os partidarios de Henrique amotínanse contra Pedro I. Os choques entre uns é outros son constantes. Aquí, na frega cae morto o arcebispo e deán de Compostela, entre outros. Isto vai provocar o peche da catedral de Compostela, a excomuñón da familia dos Dezas e do propio Pedro I. Os castelos dos Dezas; Mesía e Pontevedra, así, como o palacete de Compostela, son reducidos a pó. A marquesa de Camba, xunto a unha filla de Pedro I, Beatriz, terminaran os seus días no convento de Santa clara en Tordesillas.
Fechamos. Os conflitos da época novelada e certas técnicas ideolóxicas utilizadas avócannos a resaltar certa semellanza cos momentos presentes. Corroboramos a alianza da Igrexa cos grandes ricoshomes. Vemos os sectores mais populares enfrontándose aos ricoshomes, parte da nobreza galega en unión cos sectores populares defendendo os intereses da Galiza. O trato respectuoso aos árabes. A ilexítima usurpación da coroa, co cambio de dinastías, que pasará a mans dos borbóns polo apoio que os franceses lle dan ao enriqueños. A propaganda ideolóxica utilizada no conflito, como ben destapa Julio valdeon Baruque vai ser clave na resolución do conflito. A expresión utilizada "aquel malo tirano que se llama rey". Que no fondo é abuso, crueldade, inxustíza..., é tamén a apropiación por parte de Pedro I de rendas e dereitos eclesiástico... Demóstranos claramente, a novela, o confronto de Pedro I coa igrexa e coa alta nobreza. A vitoria dos enriqueños, co apoio dos franceses, favorecerá aos poderosos, e a igrexa. A combinación de tirano, amigo do árabes, e por riba, oposto aos intereses do poderosos da igrexa e alta nobreza; é suficiente para xustificar o derrocamento de Pedro I e de todo o que representa. Galiza e os sectores populares padecemos as consecuencias, aínda hoxe. Como dirá A. Rodríguez, no conflito, Galiza perdeu os seus mais importante valedores. Máis o bulicío de quen foi muller de Pedro I, Xoana de Castro, clama desde o panteón dos Reis Galegos, na Catedral de Compostela, por xustiza con Galiza, como anteriormente fixera a marquesa de Camba.