A Familia Baamonde e a Capela de San Gregorio de Viveiro

A Familia Baamonde e a Capela de San Gregorio de Viveiro

O Capitán Francisco Pardo Baamonde e Saavedra veciño da vila de Viveiro e casado con Doña Francisca de Navia Ribadeniera otorgou testamento ante Pedro Togeiro en testemuña do cal foi reducido a instrumento público por auto de dezasete de agosto do ano mil seiscentos cincuenta e oito. Como non tiveron fillos fundaron una capela na Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro, a súa advocación San Gregorio. Para iso dotárona con varios caseríos, viñas e bens.

Nomeou por patrono o seu curmán o Capitán Pedro Baamonde e Saavedra, Rexedor de Mondoñedo e os seus fillos, preferindo o maior o menor con exclusión das mulleres.

En segundo lugar acaba a sucesión elixiu a de Alonso Pardo Saavedra.

En terceiro a de Pedro Tojeiro, escriban aínda que esta foi revocada por codicilo de vinte sete de xuño de ano mil seiscentos cincuenta e oito e agregou a presentación por el a o vinculo das Plazas dando fe delo Alonso Rodríguez escriban e veciño da vila de Viveiro.

No cuarto lugar nomeou os fillos de Juan Fernández de Labrada, pero como os anteriores foron rebocados quedaron estes.

O padroado foi agregado a os vínculos e maiorazgos das Prazas.

Bens con que se dotou a Capela.

O lugar nomeado dos Belandras en Santiago de Celeiro.
Dezasete xornais de viña na mesma freguesía.
Un catorzal do lugar de Guilán coas herdades e montes de alí e os prados da Pena de Celeiro.
O lugar do Pombal de Viveiro en que vivía Juan López de Cutariz.
O lugar de Cora en que vivía Pedro López Berdello.
Outro lugar nomeado do Coro coa súa casa e lagar que levaba o mesmo fundador con oito xornais de viñas pegado a xunto o camiño de abaixo; seis xornais na peza dos cortellos, seis e medio en el Basoiral. A horta de Ferraría de Nadal.
O lugar onde vivía Juan González Ares en dito Nadal e outro medio cuarto mais.
O lugar de Villarmea no que vivía Pedro González.
O lugar de Mañas en que vivía Alonso.
O lugar do Picón en que vivía Alonso Cerdeiras.
O terreo de Chamorro.
A casa que habitou Antonio Pardellas na vila de Viveiro.

Cargas da Capela


A capela tiña de pensión unha misa diaria que debe dicir o mesmo capelán e os días de precepto será as doce.

O que fora capelán de reunir a calidade de estar ordenado de misa, dicir persoalmente as misas e ascendendo a outro beneficio quedará vacante a capelanía. A de ser parente o máis perto, de sorte que interín haxa parentes non pasará a externos.

O 23 de Maio de mil seiscentos sesenta y tres D. Pedro Baamonde Saavedra presenta recurso do que consta era patrón da capela de San Gregorio.

D. Isidro Baamonde en oito de novembro de mil seiscentos oitenta e un por morte de Don Francisco Mesía, capelán da dita capela de San Gregorio nomea a D. Pedro Alonso Santomé.

O vinte e tres de novembro de mil seiscentos oitenta e tres toma posesión desta capelanía D. Miguel Moscoso previa renuncia do curato de Miñotos.

Por decreto do 30 de Agosto de 1852 derogando a lei do 19 de Agosto de 1841 relativa as capelanías colativas y fundacións piadosas foi nomeado capelán interino o presbítero D. José Sanjurjo polo patrón D. Pedro Baamonde y Vivero.

O 24 de Agosto de 1864 o capelán de San Gregorio D. Miguel Moscoso fai doazón mortis causa a D. Pedro Baamonde, os seus fillos e herdeiros da propiedade da metade dos bens de dita capelanía baixo as condicións seguintes: Que o primeiro capelán que suceda ó donante perciba o usufruto de ambas metades para que poida desempeñar con decencia as cargas da fundación. Que esta propiedade recaera nos fillos e herdeiros do Sr. Baamonde coa obrigación de cumprir e facer cumprir coas cargas de aniversario a os capeláns sen que poidan privarlles do usufruto da metade doada en tanto as dúas partes estean xuntas. Si o intentase pasara dita propiedade e os dereitos a D.ª Carme Moscoso, os seus fillos e herdeiros coas mesmas obrigacións. Que por razón das melloras que o donante fixera nalgúns bens da capela non se lle poidan exixir melloras.