Ensinanzas do coroavirus e a súa xestión

Ensinanzas do coroavirus e a súa xestión
A epidemia que provocou o Covid-19 está deixando entre nós moita tristura e desolación. Moitos perderon aos seus seres queridos e nin sequera puideron darlle o último adeus como quixeran. Pero os humanos tamén temos que aprender das desgracias, para que non volvan a suceder ou, si volven, que non teñan tanta incidencia nas nosas vidas, porque estas cousas moitas veces son produto das nosas agresións ao medio no que vivimos e sabemos quemoitos problemas que tivemos nesta ocasión podíanse haber evitado, por iso compre saber o que fixemos mal, o que non debemos facer e os medios que temos que poñer para que non suceda nunca mais.

O Xefe do Estado Maior da Garda Civil, José Manuel Santiago,nun lapsus de sinceridade, dixo que eles, entre outras cousas,dedícanse a combater as críticas ao Goberno pola súa xestión. Penso que mal imos por ese camiño, non só por cometer incluso un delito, pois todos podemos equivocarnos e non só é lícito enumerar aquelo que non se fixo ben, senón que incluso debía ser o propio Goberno quen fixera unha autocrítica, analizando as causas polas que a pandemia chegou a estes extremos, tanto si foi por responsabilidade deles ou por influencias doutras causas alleas as súas funcións.

En primeiro lugar compre recoñecer que se atoparon con unha sanidade moi afectada polos recortes do PP, que dificultaron moito a loita contra este virus; tamén que vivimos nun sistema social individualista, insolidario e egoísta que non nos sirve; que teremos que cambialo por outro mais xusto, que non reparta a riqueza só entre uns poucos ociosos e deixe sen nada á maioría que a produce co seu traballo.

Pero, ademais diso,os males que arrastra o Estado Español veñen xa de tempos moi remotos, males que estánenraizados no seu ADN desde séculos atráse non leva visos de cambiar, pois entre a dereita montaraz do pistoleiro de Amurrio, pasando pola dereita corrupta e mentireira de Casado, e rematando por esesoutros dous partidos chamados de esquerdas e republicanos, a diferencia é de pequenos matices semánticos. O filósofo JavierSádaba, nunha entrevistapara o diario ARA, cando lle preguntaron si cree que o goberno de esquerdas, en España, se está enfrontando aos poderes económicos, dixo: Suelotener mucho cuidadoalhablar de derechas e izquierdas. Yo creo que en España, como en otros lugares, lo que hay es derecha. Extrema derecha, derecha y centro derecha. Yo a la izquierda no veo nada.

Estes partidos españoles, dun ou doutro sino, sempre miraron mais polas contas de resultados empresariais que pola sociedade que din representar e, neste caso, pensando que son donos da verdade absoluta, foron incapaces de considerar no Parlamento unha soa recomendación dos partidos de esquerdas das nacións periféricas, queantepoñen a vida humana aos intereses empresariais. Quezas foi tamén porrazóns de Estado e para amosar ante os militares o seu carácter centralista, debido a ese ADN do que falabamos antes, malia a ese progresismo de que presumen.

Si algo nos deixou claro o Covid-19 é que temos que defender a sanidade pública, pois, como puidemos ver,a privada só sirve para que xentes e empresas sen escrúpulos se enriquezan xogando coa nosa saúde e coas nosas vidas, que para eles carecen de valor. Pasa o mesmo coas residencias privadas onde morreron tantas persoas polas malas practicas que se levaban a cabo e das que Feixoó seica non sabía nada, porque vese que é un home que non lle preocupa moito a honorabilidade á hora de escoller os seus amigos, e aínda non aprendeu despois do que lle pasou con Marcial Dourado; el debía pensar que o facían de marabilla e por iso o seu Conselleiro de Economía, Francisco Conde,entregoulle á máxima executiva de DomusVI, Josefina Fernández,o premio Galiza Global o ano pasado.

Tamén fixo aflorar o mellor e o peor que os humanoslevamos dentro. Así vimos a solidariedade e a profesionalidade dos e dastraballadoras da sanidade pública, que se esforzan por salvar vidas, incluso expoñendo as súas, pero pola contra tamén vimos a cara mais ruín e insolidaria de personaxesdescerebrados e antisociais que insultan a estes profesionais, aos que por egoísmo e medo, agora non os queren de veciños. Unha minoría de desalmados tamén insultan ás persoas que teñen que traballarnos comercios, nas tendas ou nas grandes superficies para que poidamos ter os produtos necesarios, mentres a outra maioría da sociedade comportouse con un gran civismo. Non así algún saltos cargos públicos que,na vez de predicar co exemplo, saltaron o confinamento. Entre eles cabe destacará directora da Axencia Española do Medicamento, María Jesús Lamas, que se trasladaba á estación de Renfe de Chamartín para ir ver a súa familia, que reside en Galicia, ou Mariano Rajoy, quen, coa impunidade que lle dá o haber sido Presidente do Goberno,non se privou de saír a facer exercicio, mentres toda a poboación cumprimos co noso deber de permanecer no fogar. Outros, como Josep Borrell, cando apenas tíñamos infectados, xapredicía, e parecía desexar,unha epidemia total en Venezuela, pola súa ousadía de defender a soberanía nacional e non pregarse os caprichos do Fondo Monetario, do Banco Mundial e do imperialismo, pero cuspiu para arriba e,o 21 de abril, Venezuela contaba con 285 infectados e 10 mortes, mentres o Estado Español é, por desgraza, o segundo mais infectado do mundo con 204.178 casos e 21.282 mortos, iso a pesar da alta capacitación e a entrega dos e das nosas profesionais.

Outra cousa que destapou esta pandemiaé a política antisocial da Unión Europea e a insolidariedade das mal chamadas democracias occidentais, cada vez mais xunguidas aos grandes monopolios. Viuse que de“unión” só lle queda a palabra, xa que cada país vai polo seu lado emirando cada un polos seus intereses, aínda que para elo teñan que violar leis e tratados internacionais que eles mesmos firmaron, apropiándose ilegalmente entre si de insumos que mercaron outros Estados, porque, como dixo Macron, estamos en guerra, enese casonon hai amigos que vallan, senón a lei domais forte, a do sálvese quen poida.

Quen tamén lles ensinou a verdadeira faciana aos seus “países amigos” foi EE.UU, negándolles a axuda que lle solicitaron, polo que cada vez está mais cuestionada a súa hexemonía como xendarme mundial e atópase moi molestoporque tiveron que ser precisamenteChina e Rusia os solidarios, os que mandaron persoal sanitario, menciñas e insumos a quen llos solicitara.

Xa sabíamos que quen mais ten non é quen mais pon, pero a tenrura dos pobos aflorou e os manteiros e manteiras de Barcelona están producindo mascariñas, ao igual que a empresa de Gaza, QueenTex, que incluso está disposta a envialas a Israel si fose necesario, rapaces magrebís axudan as persoas vulnerables no barrio Bilbaíno de Otxarkoaga e, a sempre solidaria Cuba, unha pequena illa falta de recursos e con un bloqueo criminal por parte da potencia mais grande do mundo, acolleu no porto da Habana o barco inglés infectado que ninguén quería, enviou persoal médico a mais de 14 países, pero o Estado Español, a pesar da virulencia da pandemia, rexeitouna pola súa covardía e complexo ante a dereita,como fixo tamén ao ceder ante os poderes económicos e volveu a abrir as empresas non esenciais cando aínda estamos no curuto da montaña.

Para ben ou para mal, nada vai ser igual cando remate este tema. Intentaremos que sexa para ben e non teñamos que volver a pagar os pratos rotos as clases populares. Cando isto ocorra, nunca mais podemos permitir que recorten na sanidade, no ensino, nas pensións públicas e na atención aos maiores. Temos que propiciar un debate social sobre estes temas e sobre as razóns que provocaron esta catástrofe. Compre reaccionar ante os desastres deste sistema neoliberal, que nos demostrou o seu fracaso nos aspectos mais fundamentais, incapaz de protexer a mais de 26.000 sanitarios infectados, sobre todo pola falta de material de protección e da súa utilización, debido á teima do Goberno en facer propaganda do exército, gastando en drons, tanques, avións e helicópteros,moito mais que en menciñas,mascariñas e respiradores.



A epidemia que provocou o Covid-19 está deixando entre nós moita tristura e desolación. Moitos perderon aos seus seres queridos e nin sequera puideron darlle o último adeus como quixeran. Pero os humanos tamén temos que aprender das desgracias, para que non volvan a suceder ou, si volven, que non teñan tanta incidencia nas nosas vidas, porque estas cousas moitas veces son produto das nosas agresións ao medio no que vivimos e sabemos quemoitos problemas que tivemos nesta ocasión podíanse haber evitado, por iso compre saber o que fixemos mal, o que non debemos facer e os medios que temos que poñer para que non suceda nunca mais. O Xefe do Estado Maior da Garda Civil, José Manuel Santiago,nun lapsus de sinceridade, dixo que eles, entre outras cousas,dedícanse a combater as críticas ao Goberno pola súa xestión. Penso que mal imos por ese camiño, non só por cometer incluso un delito, pois todos podemos equivocarnos e non só é lícito enumerar aquelo que non se fixo ben, senón que incluso debía ser o propio Goberno quen fixera unha autocrítica, analizando as causas polas que a pandemia chegou a estes extremos, tanto si foi por responsabilidade deles ou por influencias doutras causas alleas as súas funcións. En primeiro lugar compre recoñecer que se atoparon con unha sanidade moi afectada polos recortes do PP, que dificultaron moito a loita contra este virus; tamén que vivimos nun sistema social individualista, insolidario e egoísta que non nos sirve; que teremos que cambialo por outro mais xusto, que non reparta a riqueza só entre uns poucos ociosos e deixe sen nada á maioría que a produce co seu traballo. Pero, ademais diso,os males que arrastra o Estado Español veñen xa de tempos moi remotos, males que estánenraizados no seu ADN desde séculos atráse non leva visos de cambiar, pois entre a dereita montaraz do pistoleiro de Amurrio, pasando pola dereita corrupta e mentireira de Casado, e rematando por esesoutros dous partidos chamados de esquerdas e republicanos, a diferencia é de pequenos matices semánticos. O filósofo JavierSádaba, nunha entrevistapara o diario ARA, cando lle preguntaron si cree que o goberno de esquerdas, en España, se está enfrontando aos poderes económicos, dixo: Suelotener mucho cuidadoalhablar de derechas e izquierdas. Yo creo que en España, como en otros lugares, lo que hay es derecha. Extrema derecha, derecha y centro derecha. Yo a la izquierda no veo nada. Estes partidos españoles, dun ou doutro sino, sempre miraron mais polas contas de resultados empresariais que pola sociedade que din representar e, neste caso, pensando que son donos da verdade absoluta, foron incapaces de considerar no Parlamento unha soa recomendación dos partidos de esquerdas das nacións periféricas, queantepoñen a vida humana aos intereses empresariais. Quezas foi tamén porrazóns de Estado e para amosar ante os militares o seu carácter centralista, debido aese ADN do que falabamos antes, malia a ese progresismo de que presumen. Si algo nos deixou claro o Covid-19 é que temos que defender a sanidade pública, pois, como puidemos ver,a privada só sirve para que xentes e empresas sen escrúpulos se enriquezan xogando coa nosa saúde e coas nosas vidas, que para eles carecen de valor. Pasa o mesmo coas residencias privadas onde morreron tantas persoas polas malas practicas que se levaban a cabo e das que Feixoó seica non sabía nada, porque vese que é un home que non lle preocupa moito a honorabilidade á hora de escoller os seus amigos, e aínda non aprendeu despois do que lle pasou con Marcial Dourado; el debía pensar que o facían de marabilla e por iso o seu Conselleiro de Economía, Francisco Conde,entregoulle á máxima executiva de DomusVI, Josefina Fernández,o premio Galiza Global o ano pasado. Tamén fixo aflorar o mellor e o peor que os humanoslevamos dentro. Así vimos a solidariedade e a profesionalidade dos e dastraballadoras da sanidade pública, que se esforzan por salvar vidas, incluso expoñendo as súas, pero pola contra tamén vimos a cara mais ruín e insolidaria de personaxesdescerebrados e antisociais que insultan a estes profesionais, aos que por egoísmo e medo, agora non os queren de veciños. Unha minoría de desalmados tamén insultan ás persoas que teñen que traballarnos comercios, nas tendas ou nas grandes superficies para que poidamos ter os produtos necesarios, mentres a outra maioría da sociedade comportouse con un gran civismo. Non así algúnsaltos cargos públicos que,na vez de predicar co exemplo, saltaron o confinamento. Entre eles cabe destacará directora da Axencia Española do Medicamento, María Jesús Lamas, que se trasladaba á estación de Renfe de Chamartín para ir ver a súa familia, que reside en Galicia, ou Mariano Rajoy, quen, coa impunidade que lle dá o haber sido Presidente do Goberno,non se privou de saír a facer exercicio, mentres toda a poboación cumprimos co noso deber de permanecer no fogar. Outros, como Josep Borrell, cando apenas tíñamos infectados, xapredicía, e parecía desexar,unha epidemia total en Venezuela, pola súa ousadía de defender a soberanía nacional e non pregarse os caprichos do Fondo Monetario, do Banco Mundial e do imperialismo, pero cuspiu para arriba e,o 21 de abril, Venezuela contaba con 285infectados e 10 mortes, mentres o Estado Español é, por desgraza, o segundo mais infectado do mundo con 204.178 casos e 21.282 mortos, iso a pesar da alta capacitación e a entrega dos e das nosas profesionais. Outra cousa que destapou esta pandemiaé a política antisocial da Unión Europea e a insolidariedade das mal chamadas democracias occidentais, cada vez mais xunguidas aos grandes monopolios. Viuse que de“unión” só lle queda a palabra, xa que cada país vai polo seu lado emirando cada un polos seus intereses, aínda que para elo teñan que violar leis e tratados internacionais que eles mesmos firmaron, apropiándose ilegalmente entre si de insumos que mercaron outros Estados, porque, como dixo Macron, estamos en guerra, enese casonon hai amigos que vallan, senón a lei domais forte, a do sálvese quen poida. Quen tamén lles ensinou a verdadeira faciana aos seus “países amigos” foi EE.UU, negándolles a axuda que lle solicitaron, polo que cada vez está mais cuestionada a súa hexemonía como xendarme mundial e atópase moi molestoporque tiveron que ser precisamenteChina e Rusia os solidarios, os que mandaron persoal sanitario, menciñas e insumos a quen llos solicitara. Xa sabíamos que quen mais ten non é quen mais pon, pero a tenrura dos pobos aflorou e os manteiros e manteiras de Barcelona están producindo mascariñas, ao igual que a empresa de Gaza, QueenTex, que incluso está disposta a envialas a Israel si fose necesario, rapaces magrebís axudan as persoas vulnerables no barrio Bilbaíno de Otxarkoaga e, a sempre solidaria Cuba, unha pequena illa falta de recursos e con un bloqueo criminal por parte da potencia mais grande do mundo, acolleu no porto da Habana o barco inglés infectado que ninguén quería, enviou persoal médico a mais de 14 países, pero o Estado Español, a pesar da virulencia da pandemia, rexeitouna pola súa covardía e complexo ante a dereita,como fixo tamén ao ceder ante os poderes económicos e volveu a abrir as empresas non esenciais cando aínda estamos no curuto da montaña. Para ben ou para mal, nada vai ser igual cando remate este tema. Intentaremos que sexa para ben e non teñamos que volver a pagar os pratos rotos as clases populares. Cando isto ocorra, nunca mais podemos permitir que recorten na sanidade, no ensino, nas pensións públicas e na atención aos maiores. Temos que propiciar un debate social sobre estes temas e sobre as razóns que provocaron esta catástrofe. Compre reaccionar ante os desastres deste sistema neoliberal, que nos demostrou o seu fracaso nos aspectos mais fundamentais, incapaz de protexer a mais de 26.000 sanitarios infectados, sobre todo pola falta de material de protección e da súa utilización, debido á teima do Goberno en facer propaganda do exército, gastando en drons, tanques, avións e helicópteros,moito mais que en menciñas,mascariñas e respiradores.