Contra a intoxicación
No balbordo abafante da incomprensión e a intoxicación propagandística e mesmo do odio respecto do movemento independentista catalán en que nos fan vivir a inmensa maioría dos medios de comunicación, agora co gallo da reacción popular contra a sentencia do Tribunal Supremo, voume limitar a cinco aclaracións básicas por se serviren de algo a quen me lea e tamén por manifestar o que penso, como galego consciente da miña condición nacional.
En primeiro lugar, resulta unha barbarie impor condenas de anos de prisión por causa de unha institución que se xustifica como autogoberno convocar un referendo colocando urnas para saber cal é a opinión dun pobo sobre o seu futuro, sexa cal sexa a materia obxecto de consulta. Recorrer a xustificala en base a que se cometeu unha ilegalidade conforme ao sistema xurídico vixente, que debe ser castigada, para alén de non invalidar a desproporción da pena en relación co suposto delito, denuncia que esa legalidade non é democrática e que, polo menos en Cataluña, non ten lexitimidade social. Non vou abundar na aberración consistente en negar que o pobo catalán existe porque, segundo a Constitución española, só hai un pobo e unha nación única, a española. Será moi constitucional, pero nega a realidade, a vida, e neste caso tamén a vontade colectiva. Habería, polo menos, que telo en conta, e buscarlle algunha solución política.
A segunda manipulación que se repite con insistencia é que os independentistas, á luz dos resultados electorais, non teñen maioría social polo que estarían realizando un acto de imposición coa súa teima por querer convocar un referendo de independencia e mesmo por ter esta opción. É moeda corrente, tópico, que se vende con insistencia, que a sociedade catalá está dividida en dúas metades. A verdade é que está dividida en máis fraccións. Porén, o que non se di é que un referendo de autodeterminación é para decidir se se quere a independencia ou non. Isto é, hai partidarios de celebrar o referendo que non van optar pola independencia pero si queren que se vote, que se decida o futuro libremente. Desde esta perspectiva, a verdade é que un 70% do pobo catalán está por celebrar un referendo que teña, naturalmente, consecuencias legais, que sexa recoñecido polas partes. Isto é o que nega o Estado español e de aí veñen todas as secuelas negativas, a intolerancia, a imposición, o medo, a represión.....pola súa conta, que é quen ten o poder.
En terceiro lugar, a esta altura, non é que resulte tópico, é que máis ben resulta grimoso, torpe e contrario ao que a dialéctica política evidencia, agarrarse á tese de o independentismo catalán ser cousa dos ricos. Esta argumentación en boca de galegos non é máis que manifestación dunha adoración servil a España que se enmascara de aparente clasismo. Indica un desnorte total respecto de onde está a causa dos nosos males. Desde logo, non en Cataluña, nin en Barcelona. Os ricos, os moi ricos, coas sedes das súas empresas en Madrid, o poder político e institucional, que reside na capital do Estado, o seu deseño e a súa actitude, e a súa ideoloxía, cos colaboracionistas internos tan obedientes, eses son os inimigos principais do pobo galego. Os mesmos que proxectan todo o seu poder, o do Estado, contra o pobo catalán e o movemento independentista. Viríanos ben os galegos librarnos de tanto ideoloxismo esquerdista, deste simplismo, que curiosamente conflúe nesta caso coa ideoloxía que todo o aparto colonial inxecta nos nosos cerebros. O certo é que o movemento independentista catalán é un movemento nacional popular, desde a pequena e mediana burguesía ás clases traballadoras en toda a súa diversidade. Sen caer en mimetismo, quen nos dera!!! Galiza sería moi diferente e o seu futuro estaría asegurado.
A cuarta manipulación é unha dor, un sufrimento, unha impotencia, termos que escoitala desde aquí, desde nós. Din que todo o que acontece en Catalunya é produto do adoutrinamento dos nenos e das nenas nas escolas durante corenta anos. En que consiste ese adoutrinamento? En que, segundo parece, estudan a historia de Catalunya e o catalán é unha lingua vehicular no ensino. Nas miñas imaxes recentes, nenos de infantil nunha praza de Ferrol, vestidos de bombeiros, cunha bandeira española descomunal nas costas; outros de primaria, cos seus uniformes escolares con bandeiriña "roja y gualda" no brazo. Práctica anulación da nosa lingua como vehicular no ensino. Ausencia total da historia de Galiza desde a primaria até a Universidade. Propaganda nos centros de FP `para emigrar a Alemaña. Imposibilidade de facer vida 24 horas na nosa lingua, contando con cobertura legal. Adaptación e asimilación a un sistema que obriga na práctica á desnacionalización e a unha concepción de Galiza reducida á familia e á comida.....O galeguismo harmónico, que consiste en sermos servos da españolidade, en definitiva unha caricatura... Para que? Estamos contentos co resultado?
En quinto, e último, lugar, a reacción de protesta pola sentencia, masiva, intensa, diaria, non é máis que a secuela lóxica, a resposta natural, a dun pobo digno e convencido de os seus dirixentes actuaren así seguindo un mandato popular, expresado no seo de institucións legais e desde a rúa. É que os inquisidores e prepotentes gardas da españolidade pensaban que o seu afán de escarmento exemplar ía servir para acovardar o pobo catalán e mudalo nun rabaño de ovellas obediente por medo? En todo conflito, con tensións emocionais, e desgarro, perante tanta incomprensión, inxustiza e represión, danse situacións irracionais, respostas violentas, xustificadas ou non. Porén, é de manual, sabermos que, igual que pode haber actos violentos, inxustificados, e que non fan máis que danar a imaxe dos perseguidos, por conta de xente ben intencionada e desesperada, ou descerebrada, tamén hai infiltrados en todo movemento popular amplo para servir a estratexia do poder. Con todo, a hexemonía da non violencia, da resistencia pacífica e da dignidade cívica e democrática dan o ton hexemónico e característico ao movemento independentista catalán, neste momento convertido nun amplo movemento contra a represión, a favor da dignidade do pobo catalán, o seu dereito a autodeterminarse e a forzar o Estado español á apertura dunha unha vía de diálogo político.