Ciencia cidadá: unha nova manobra de distracción terminolóxica?
Dende hai centos de anos a cidadanía implicouse en diferentes aspectos sociais paralelamente aos intereses e funcionamento gobernamental e relixioso: solidariedade, paz, deporte, consumo, ciencia.... foron as accións sociais previas que deron lugar aos debates filosóficos relativos ao termo de sociedade civil. Son as accións colectivas que crean conciencia e sociedade.
Centrándonos na ciencia, xa dende os primeiros pasos dos vellos naturalistas do século XVII, precursores da oceanografía e da ecoloxía, poden ser cualificados tamén precursores da ciencia cidadá. Martín Sarmiento, por exemplo, elaboraba as súas hipóteses en base ás súas observacións propias, mais tamén en base ás informacións que recompilaba tanto de entrevistas como epistolares de coñecidos locais.
Formalmente, a ciencia cidadá definiuse como "a recollida e análise sistemática de datos, o desenvolvemento de tecnoloxía, a proba de fenómenos naturais e a difusión destas actividades por parte dos investigadores sobre unha base principalmente vocacional", en resumo unha investigación científica que conta coa participación activa do público non especializado, xunto con científicos e profesionais. Este tipo de actividades poden cualificase como:
Contributivas: os participantes contribúen á recollida de datos e axudan puntualmente a analizar e difundir os resultados.
Compartidas: os participantes colaboran en todas as fases do proxecto, incluíndo a definición de preguntas, o desenvolvemento de hipóteses, a discusión de resultados e a resposta a novas preguntas.
Mais, podemos facernos a pregunta de sempre: na precariedade profesional e científica en que vivimos, que oculta a ciencia cidadá?. A ninguén se lle ocorre pretender ser coronel, médico cirurxián ou arquitecto por un día. Iso é porque estes sectores son fortes e están blindados corporativamente, polo que non cabe imitar a súa profesionalidade. En cambio, mesmo biólogos promocionan prazas de biólogo por un día, confundindo unha contribución social cunha substitución, a conclusión é que a profesión xa non serve de nada se calquera pode facelo, calquera pode discutilo e calquera pode achegar coñecementos logo de ver un vídeo especializado.
Eis a distracción do termo, a distorsión perversa. Mesmo a manobra para destruír os movementos sociais, imprescindíbeis para a toma de conciencia crítica e, por tanto, a transformación da sociedade.
A ciencia cidadá non debería ser unha actividade paternalista de xustificación diante da sociedade, tal e como a aplican moitos centros de investigación, por exemplo a través dun día de portas abertas ou un día na rúa. Sen desprezar esas actividades que cumpren a súa función. Tampouco unha substitución ou apropiación profesional, xa asumida tradicionalmente moitas veces polo voluntariado.
A ciencia cidadá debe ter a súa propia dimensión, o concepto está claro, o que non o está tanto é a aplicación nunhas circunstancias de precarización profesional d@s científic@s e de falla de investimento en investigación. Compre un investimento decente para a ciencia, en xeral, e un específico para a ciencia cidadá, só así sería posible a aplicación dos seus principios, como ciencia:
Participativa- cidadáns de todo tipo poden colaborar de diferentes xeitos, a través da recollida de información ou poñendo a disposición da investigación a súa experiencia e coñecemento.
Voluntaria- dado que a participación adoita ser altruísta, os proxectos deben aliñarse coas demandas e intereses da sociedade, e sobre todo aqueles que inciden na conciencia social ambiental.
Eficiente- a redución de custos nas investigacións e os mellores resultados son posibles grazas aos avances tecnolóxicos, omnipresencia e inmediatez; tamén a sinerxia entre empresas e investigadores. Sempre co principio de non substitución dos recursos humanos especializados ou acrecentar a precarización.
Aberta- os datos e publicacións xerados durante a investigación debe estar dispoñibles en formatos abertos e accesibles, facilitando a reutilización da información.
Con dirección mais sen paternalismos, democrática mais sen abusos, abaratar custes mais non incidir en explotación. Que difícil é buscar ese punto de equilibrio nunha actividade tan útil socialmente.
O que se pretende denominar agora ciencia cidadá leva anos e anos existindo, lustros e décadas traballando para vivirmos nunha sociedade mellor, en que todas e todos sexamos conscientes do mundo en que vivimos e de como podemos, ou mesmo debemos, mantelo en condicións de habitabilidade.
Os centros de investigación reclaman un marco de financiamento estable e a longo prazo que para a cultura científica, mais nesa reclamación están é a reorientar os fondos catalogados como ciencia cidadá para ficar co groso do pastel, deixando fóra ás entidades con orixe na auto-organización social, a sociedade civil, que levan décadas introducindo a conciencia ambiental, o voluntariado e a ciencia cidadá na sociedade, aínda sen ser conscientes diso.
Enténdase que, a pesar da crítica, todos teñen o seu papel. Mais neste caso cómpre defender a ultranza o labor das entidades ambientais neste eido, pois son imprescindíbeis na concienciación e no cambio social. Consideremos que, xustamente concienciar e mudar, son dous dos seus principios básicos e exclusivos, e as institucións científicas non están concibidas con ese obxectivo.