Ardeu de novo o Xurés, fagámonos preguntas de raíz

Ardeu de novo o Xurés, fagámonos preguntas de raíz
Este vrán,cal ciclo perverso ,dende fai uns 50 anos ,voltou a arder o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés .O último ano en arder fora no 2017.Este parque natural ,foi declarado como tal ,no ano 1993.O proceso de declaralo ,foi de xeito franquista .,como se facia nos tempos do Patrimonio Forestal do Estado .E dicer , votando fora das suas terras a veciñanza comuneira e impedindolle o uso agrogandeiro das suas terras comunitarias .Xa que logo ,o xeito da declaración do parque natural ,o que fixo ,foi profundizar mais ,nunha das causas estruturais dos lumes ,a rotura da relación monte-veciñanza.

As figuras de planificación e de xestión dos parques naturais son o Plán de Ordenación dos Recursos Naturais(PORN) e os Plans Reitores de Usos e Xestión(PRUX) .No ano 2017 a Direción xeral de medio ambiente natural ,encargou a unha empresa ,a redacíón de un novo PRUX .A dia de oxe ,non hai novas do mesmo .Mais o grave,sendoo , non é a tardanza na elaboración do PRUX .O mais grave foi que a Directora xeral de medio ambiente natural ,impideu que participasen na elaboración do PRUX ,un número importante de comunidades de montes dos concellos de Lobios ,Entrimo e Muiños ,que o solicitaron.A resposta da señora directora xeral foi que poderian participar na elaboración do plano,cando este saise a información pública .E dicer ,situaba aos titulares das terras que forman parte do parque natural ao mesmo nivel que calqueira veciño ou veciña de calqueira lugar do Pais.

A actitude da Directora xeral do medio natural ,foi a mesma que tiveran os da vella ICONA ,que cando asinaban os consorcios e ou os covenios cos montes veciñais ,non entendian estes como un acordo entre partes .Entendianos como unha usurpación dos montes veciñais .Onde as comunidades de montes ,titulares das terras ,non tiñan ningunha capacidade de decidir .Esta actitude antidemocratica da directora xeral de medio ambiente natural , profundiza noutra das causas estructurais dos lumes :o impedir que os titutalares das terras ,sexan os protagonista da sua posta en valor .Pero esta actitude antidemocrática non parou ahí.A pesar do rexeitamento ,as comunidades de montes dos concellos de Lobios ,Entrimo e Muiños ,presentaron achegas ao Plán reitor de uso e xestión(PRUX).Ningunha foi tida en conta.

No ano 2018 ,un ano dispois de último lume padecido no parque natrual Baixa Limia-Serra do Xurés , diversas comunidades de montes dos concello de Lobios ,Muiños e Entrimo ,agora constituidas en mancomunidade de comunidades de montes ,presentanlle ao ser conselleiro do medio rural ,un plano de prevención na loita contra o lume .Este plano de prevención de lumes,que na realidade é un plano de posta en valor dos montes veciñais ,recolle :a participación das comunidades de montes nos órganos xestores do parque natural ,a posta en valor das terras de xeito multifuncional e sustentabel ,a potenciación do uso social do parque natural ,de xeito responsabel ,a potenciación de productos agro-gandeiros con denominación de orixe, as compensación os titulares dos montes por hipotecas de uso a favor de toda a sociedade.....E dicer ,este plano de prevención de lumes ,que na realidade e un plano de posta en valor do monte de xeito multifuncional e sustentabel ,prantexaba alternativas reais , a outra das causas estruturais dos lumes ,o abanono do rural e a ordenación das diversas producions do monte .Que actitude tivo a consellaria do medio rural ante este plano de actuación? .O mais absoluto desprezo.

Se cadra seria interesante que resoara por todo o Pais as palabras ,que cando ardia o parque natural ,estes dias atrás ,dixo o presidente da comunidade de montes de Riocaldo :Si a consellaria do medio rural e a consellaria do medio ambiente ,son as únicas xestoras do parque natural .Se ademais impiden a participación do titulares dos montes na xestión do mesmo .E se ademais ,neganse a escoitar posibeis alternativas de xestión ,non seria o momento de presentar unha demanda contra estas duas consellerias da Xunta de Galiza,únicas xestoras do parque natural ,esixindolle responsabilidades civís e penais ,por arder ciclicamente o parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés ?.

Sr conselleiro do medio rural ,que lle parece se ,en vez da andar a caza de posibeis incendiarios/as ,se sentase e, de vagar , refresionaxe sobor a seguinte frase :”Se sempre fás o mesmo ,o normal e que sempre aconteza o mesmo”