Acerca do Manifesto Comunista

Acerca do Manifesto Comunista

“Os propietarios da mera forza de traballo,os propietarios do capital e os propietarios das terras, teñen como fontes respectivas de ingresos: o salario, o beneficio, e a renda da terra. xa que logo, os asalariados, os capitalistas e os terratenientes constitúen as tres grandes clases da sociedade moderna, fundada sobre o sistema de produción capitalista” Así comeza Karl Marx a definir as clases sociais no derradeiro capítulo inacabado do Capital. Seguidamente amplia as clases a os grupos até médicos e funcionarios, que constitúen tamén clases sociais....e a outros no interior da clase obreira, da clase capitalista e dos terratenentes, partillando en viticultores, propietarios de campos, de bosques, de minas, de pesqueiras” ....” e aquí remata o manuscrito (F.Engels). Naturalmente se continuara vivindo posiblemente seguiría escribindo sobre as clases sociais e a loita de clases, como o fixo sobre a natureza e funcionamento do capital.

Pero máis adiante aparecen alusións as clases e a súa loita en diversos escritos en común con F.Engels, como no Manifesto Comunista.

Dúas son as ideas salientadas no Manifesto ao alcance de todas e todos, e que hoxe poden resultar sorprendentes para algúns pola súa lucidez e actualidade.

1º) “As loitas obreiras nas numerosas loitas locais revisten o mesmo caracter, se centralizan nunha loita nacional, nunha loita de clases “ “O proletariado debe en primeiro lugar conquistar o poder político, elevándose á condición de clase nacional constituída como Nación, ao erixirse en clase nacionalmente directiva....” “Na medida que sexa abolida a explotación dun individuo por outro, sería abolida a explotación dunha nación por outra”.

2º) “ A organización do proletariado en clase, e polo tanto, en partido político, é sen cesar destruído pola competencia que se fan os obreiros entre si” “O proletariado se constitúese en clase na loita contra a burguesía e ao converterse en clase dominante destrúe as clases en xeral e polo tanto a súa propia dominación como clase”

O Manifesto pon en evidencia que non é posíbel a eliminación da explotación nin a opresión social e individual, namentres as nacións e pobos estean colonizados e oprimidos. A loita de clases das e dos asalariados é sempre nacional ou non é. Nel non figura alusión ao internacionalismo; afirmase que “coa desaparición das clases sociais e do seu antagonismo no interior das nacións, desaparecerá a hostilidade das nacións entre si”.

Na sociedade capitalista a masa de asalariados individuaís, so teñen existencia como clase no confronto nacional co poder capitalista. Polo contrario as outras clases e as nacións si teñen existencia en si mesmas, pois teñen base estructural para ser clase. ( A clase burguesa ten propiedade privada capitalista). As nacións teñen estrutura e superestrutura (territorio,lingua,cultura,economía).

A clase asalariada como movemento da maioría social, a diferencia das clases anteriores que o foron dunha minoria en proveito de minorias, debe desaparecer coa súa dominación de clase; as nacións non, pois son imprescindíbeis para o exercicio do poder do pobo e non poden ser destruídas só por unha ou varias xeneracións, en tanto manteñen as súas características esenciais (un caso paradigmático o constitúe a nosa Galiza), aínda que necesitan da vontade dos seus habitantes para liberarse e poder desenvolverse como nación. Se a clase asalariada non desaparece coa súa dominación, xenerase unha casta burocrática, como aconteceu e acontece na práctica histórica.

Hoxe so o Imperialismo unipolar as condicións son máis difíciles para a emancipación social e máis doadas para que a burocratización aconteza, pois coa globalización domina a totalidade dos recunchos do planeta. Por iso, é tan necesaria a desaparición do Imperialismo Global, antagónico coa liberación dos pobos e nacións oprimidas, alén de que a súa existencia conduce a desaparición da propia especie humana.


,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.