Biblioteca

Libraría
En 2007 saíu á luz o primeiro volume das Obras Completas de RAMÓN VILAR PONTE, titulado Textos filosófico-políticos de Ramón Vilar Ponte, con inclusión de catro obras fundamentais deste clásico do pensamento nacional galego. Editado pola Deputación de Lugo e baixo os cuidados de Xesús Blanco Echauri, María Pilar García Negro e Goretti Sanmartín Rei, neste ano 2013 publicaranse os dous volumes que completarán a bibliografía de autor tan sinalado e vixente da literatura galega. Conterán, entre outros, o seu manual de Historia da Galiza e os artigos que escrebeu ao longo de toda a súa vida. Neste arquivo ofrecemos parte deste libro, "Historia sintética de Galicia", editado por "Nós" no ano 1927; a introdución a cargo de Vicente Risco e o capítulo de Prehistoria e Historia Antiga.

Historia sintética de Galicia: Por Ramón Vilar Ponte