O Estatuto de Galiza en Mondoñedo

O Estatuto de Galiza en Mondoñedo

Con certa grandeza celebrouse o 25 de xullo de 1930, “O día de Galicia” en Mondoñedo. Baixo o amparo dalgúns xóvenes editouse unha folla titulada “Galiza”. Nela ademais dalgúns traballos inéditos de Lafuente, Alejo Barja, Álvaro Cunqueiro e X. Ramón Santeiro, inseríronse versos en galego e en castelán.
Na praza colocáronse algúns carteis alusivos, obra dos señores Amieiro Martínez e Vidarte.

Pola mañá no balcón da antiga Casa Consistorial foron izadas bandeiras galegas polas damas Amelia Gómez e Paz Cayón. No momento de izarse foron saudadas por aplausos do público que se congregara no cantón. Acto seguido Álvaro Cunqueiro e X. Ramón Santeiro dirixiron breves verbas ó público en galego.
O concello estivo representado neste acto por D. Aladino González.
A instancias do Sr. Barja, con motivo do día de Galiza do ano 1931, no pleno do 24 de xullo, acordouse izar as bandeiras española e galega na antiga Consistorial da Praza da Constitución. E que nese momento se execute pola Banda Municipal o Himno Galego.

Coñecida a convocatoria subscrita polo Alcalde Santiago e trece concellos mais da rexión entre eles o alcalde de Mondoñedo, para a celebración da Asemblea de todos os de Galiza, co obxecto de formular xa concretamente o Estatuto que vai ser sometido a plebiscito popular e conseguintemente elevado as Cortes da República, cuxa asemblea había ter lugar os días 17, 18 e 19 de Nadal en Santiago de Compostela no pleno do concello do 18 de Novembro de 1932, acordouse deixar sobre a mesa para estudio dos Sres. Concelleiros o exemplar de anteproxecto dos Estatutos que a mesma a de servir de base para a discusión, co obxecto de poder formular as ponencias que este concello estime oportunas.

No pleno do 20 de xaneiro do 1933, lévase a pleno unha comunicación do Comité Central Autonómico de Galicia en demanda dunha aportación económica. O Sr. Barja, defendeu o proxecto do estatuto e da aportación ecnómica. Pero por maioría dos concelleiros negouse dita petición cos votos encontra dos sres. Barja, Villamarín, Vijandi e Ares.

O sábado 11 de Febreiro ás sete da tarde celebrouse no “Principal Cinema” un mitin propaganda do Estatuto de Galiza.

Ocuparon a tribuna os Sres. Fernández del Riego, Ramón Vilar Ponte e os deputados a Cortes polo partido Galeguista, Suárez Picallo e Castelao. A presentación tivo a cargo dun mozo mindoniense, Álvaro Cunqueiro.
Os oradores foron repetidas veces interrompidos polos aplausos.
Pechou o acto Castelao coas súas verbas cáusticas tan características. O acto durou dúas horas.,Co motivo do decreto do 27 de Maio no que se facultaba o Comité designado na Asemblea celebrada durante o pasado mes de Nadal en Santiago para someter a referendo plebiscitario o proxecto do Estatuto Galego, aprobado pola mesma, o diario mindoniense “Hoy” con data de un de xullo de 1933, publicase unha nota firmada polos Sres. Darío González Jauregui, Jorge González Redondo, Andrés Pérez-Balsa e José Rego González. Esta di: “Acercase pués el momento en que Galicia directamente ha de manifestarse de manera decisiva acerca del regimén autonomo que por parte de algunos hijos pretende darse...
Aún cuando la abstención electoral significa legalmente la desaprobación del Estatuto, es preciso que todos los pueblos intervengan activa y visiblemente en el convocado plebiscito, para procurar, en primer término, que en la pública contraversia resplandezca el verdadero sentir de Galicia y para evitar sobre todo que la desidia decida el triunfo de los menos, que asistidos de su firme voluntad pudieran parecer los más ante la opinión publica.

España entera contempla en estos momentos a Galicia y como españoles y gallegos, debemos patentizar que ansiamos el resurgimiento de nuestro olvidado pueblo sin estridencias que dificulten la vida de la patria ya que hemos sido siempre y seguiremos siendolo españoles sobre todo...
Afortunadamente nuestro Ayuntamiento ya se mostro en su día opuesto al proyectado Estatuto... levantamos hoy la bandera de oposición al proyectado que estimamos perjudicial.

Queremos para Mondoñedo el honor del puesto de Vanguardia e invitamos a Galicia entera a que por todo los medios exprese su sentir respecto al Estatuto...”.
No mes de Nadal de 1933 o Concelleiro Sr. Pérez Balsa, fai unha moción sobre o proxecto “Estatuto Galego”, respecto al plebiscito. Propón que pola alcaldía participase o Comité Central da Autonomía de Galicia a inoportunidade a xuízo deste Concello para celebrar plebiscito sinalado para o día 17 dos correntes e a procedencia do seu aprazamento indefinido en consonancia non so coa manifestación do sufraxio rexional do pasado día 19, adverso en absoluto para todos os partidos políticos que propagan a implantación do Estatuto... Xa que na celebración do plebiscito nas actuais circunstancias aparte do fracaso accidental parece un atropelo a vontade popular suficientemente manifestada en contra dos dirixentes da Autonomía Galega que hoxe carece realmente de Representación.
Foi aprobado co único voto encontra do Sr. Vijandi.

En outubro de 1934 o Gobernador Civil de Lugo suspende nos seus cargos como concelleiros a José Sánchez Gacio, Dodolino Trigo, Patricio Vijandi e D. Joaquin Ares.

Ata ese momento eran os concelleiros que apoiaron o estatuto de Galicia.
Tiveron que pasar dous longos anos ata que o concello de Mondoñedo a proposta da Alcadía e visto o “Estatuto Rexional” aprobado na Asemblea celebrado no mes de Nadal do 32, acordase rectificar os anteriores acordos deste Concello e prestar conformidade á proposta e adherirse polo tanto “entusiasticamente o acordado na dita asemblea”.

Con relación a campaña autonomista acordouse contribuír con cincocentas pesetas e os gastos electorais que con motivo do plebiscito se ocasionen dentro do municipio a aprobación do Estatuto e enviar un telegrama o Excmo. Sr. Presidente do Consello de Ministros, expresando o fervor autonomista existente nesta localidade e rogándolle a que a celebración plebiscito sexa sinalado dentro do presente mes e designar o Sr. Alcalde e o Sr. Sánchez Gacio para en representación do Concello de Mondoñedo formen parte do Comité local pro-Estatuto.

No Boletín Oficial Extraordinario do quince de xuño, dise que con motivo do plebiscito e con arranxo a disposto na mesma e a proposta da Alcaldía acordouse designar os seguintes interventores nas mesas electorais deste termo:
Pala da Praza: Humberto Fraga.
Da Fonte Vella: Graciano Leivas Freire.
Alcántara: Lauro Exposito Veiga.
Pacheco: Atanasio Tapía Rivas.
Carmén: José Insua López.
Lindín: José Gacío Iragoyen.
Curros: Antonio Gervasio Loureiro Fiallega.
Pedrido: Germán Vazquez Díaz.
Sasdónigas: José Leira Rojo.

A rogo do Sr. Cándido Carreiras acordouse que tan pronto sexa coñecida pola Alcaldía o resultado do plebiscito para aprobación do Estatuto Rexional, si este fora favorable percorra as rúas da cidade a Banda Pascual Veiga.
O 29 de xuño designase o Sr. Alcalde para representar o concello de Mondoñedo o día 15 de xullo no acto de presentación do Estatuto Autonómico nas Cortes da República.