Naufraxios na costa da antiga provincia de Mondoñedo
Buscando nos libros de defunción das parroquias, caso de Santiago de Foz, A Devesa (Rinlo estaba dentro dela), Lieiro ( o porto de San Ciprián) con porto pesqueiro, nos séculos XVII, XVIII e XIX atopamos referencias a distintos afundimentos de barcos.
Mércores cinco de decembro do ano mil seiscentos cincuenta anos morre Pedro Mántaras do Parladoiro, “en la mar” sen poder ser administrado dos Santos Sacramentos e sen facer testamento, dixéronse pola súa alma dez misas e una vixilia e polo discurso do ano vinte misas votivas pola súa alma e obrigacións. O mesmo día tamén morreu Antonio de Pousada, sen ser administrado dos Santos Sacramentos e sen haber testado. Dixéronse pola súa ánima seis misas y una vixilia e por o discurso do ano se han de decir pola alma e obrigacións dezaseis misas votivas. No mesmo naufraxio pareceron Bartolomé Pousada, Domingo Méndez, Jusepe Pérez, Pedro Francisco, Pedro Ramos, fillo de Catalina Ramos e Francisco Rodríguez mozos estes últimos solteiros.
En dezanove días do mes de setembro de 1674 morreron “en la mar yendo de Cariño” nunha lancha Alonso Pillado, Pedro de Villacampa; Gregorio de Marrube casados e moradores nas Figueiras freguesía de Sta. María de Lieiro, Domingo Suárez casado, Domingo García, fillo de María Pousada e Alonso García difunto veciños de Burela. Luis Perbén solteiro e fillo de Andrés Perbén todos veciños do porto de San Cibrán os cales se atoparon presos a lancha tres a saber: Pedro de Villacampa, Gregorio Marrube e Domingo Suárez, cuxos corpos foron enterrados na igrexa de Sta. María da Piedra e o enterro do dito Alonso Pillado na igrexa parroquial de Lieiro.
O 27 de Novembro do ano 1696 morreu Domingo Saa nun naufraxio según constou da información de outros compañeiros que ían con el.
O crego Balthasar da Rivas clérigo de Lieiro di” El 13 de Enero murieron nueve hombres junto al puerto de San Ciprián que ivan en una lancha de pesca. Al séptimo día que sucedió el naufraguio salio el cadaver de Matheo Pillado, hizosele entierro al otro día por haber salido así de noche. El día 23 de día salieron otros dos cadáveres. A los pocos días salieron Pedro Martínez su hijo Joseph Martínez y Pedro Basanta, mozo soltero, Policarpio datalaia, Caetano datalaia hijo del anterior e Francisco do Rizo mozo soltero que estaba actualmente sirviendo no sele hicieron aquí su entierro porque dijo el amo y sus padres que se debían al cura de Santiago de Foz por no haber salido el cadáver y solo se le hizo acto de animas con su misa y vigilia”.
Joseph Martínez enterrouse o 27 de xaneiro, o seu pai o 30 e Pedro Basanta o tres de Febreiro de 1735.
Na noite do día 3 de Febreiro de 1763 pereceu cerca da Barra deste porto de Santiago de Foz unha embarcación “Patache” que era de Portugalete en Vizcaia provincia de Alava o cal viña cargada de Bala de Santander para o Ferrol e que de alí pasara a Vigo en onde fora cargado de viño con destino a Xixón. En doce de dito mes saleu un home afogado a beira do mar e polas roupas que traía vestidas os mariñeiros dixeron que o seu traxe pertencía a zona de Vizcaia.
O 21 de setembro de 1793 tres homes se afogaron. Pedro de Casimiro que era veciño y cabo de Ataxina da vila de Ribadeo ese día saíra axudando a tripular unha lancha con outros seis homes cargada de Sal para o porto de Foz e pasada a Barra entrando na ría deu o “traste ahogandose tres según va referido”o suceso tivo lugar as dúas da tarde. Despois de varios días apareceu en esta referida ría o sitio da Rapadoira, e foi recoñecido polo cabo de este porto. Tróuxose a sepultar a igrexa parroquial de Santiago de Foz. Nicolás Fernández, mozo solteiro de doce anos fillo de Gabriel Fernández e da súa muller Nicolasa veciños de Riocosa e como a cousa das dúas da tarde do 24 “ aviste en el arenal junto a la pena llamada de Rapadoira un cadáver desnudo de medio cuerpo abajo, maltratados los ojos y otras partes, que fue reconocido por alguna persona de la villa”. Manuel Moreda marido de Josefa Fernández veciño de Santiago de Foz non apareceu ata o catro de outubro que foi atopado na Xunqueira de esta referida ría frente o lugar de Ferragud termos da parroquia de San Xoán de Vilaronte que recoñecido pola xustiza se faga xurisdición a que por casualidade me atopaba presente ó infrascrito crego con permiso do cura de Vilaronte se trouxo o cadáver a sepultura na parroquia de Santiago de Foz.
,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.