Mondoñedo: tormenta do 15 o 16 de setembro do 1852.

Mondoñedo: tormenta do 15 o 16 de setembro do 1852.
O director de camiños veciñais e canais D. Santiago Santisso y Pedrosa, con data de 24 de setembro fai o seguinte informe con ocasión dos estragos causados pola forte acción da auga.

- Un anaco de camiño veciña de primeira orde que se comprenden entre este pobo e o “Murallón dos Remedios. Saindo do campo dos Remedios dirección dita e o comezar a linea que se acumula una cantidade de escombros que obstrúen case completamente dous dos tres furados abertos no murallón que esta na parte inferior da capela para dar paso as augas procedentes de un dos caños de distribución que baixan polo camiño que ven desde a fonte. Estes escombros ademais de entorpecer a vía, en aquela parte pon en grave resgo o murallón no caso dunha segunda “avenida y por conséguente debe desembarazarse de ellas cuanto antes”.

- Táxea entre a primeira e segunda casa: Segundo continua un lixeiro desprendemento de lenzo sobre a esquerda antes de chegar á primeira casa que se atopa dada debaixo na calzada ata atopar a táxea construída para recibir as augas de dito cano de distribución, a que foi completamente desbordada deixando cortado por completo o camiño naquela parte.

Todas as desfeitas que se produciron proveñen da escasez da “luz” que se lle deu a táxea, a que non deu feito para dar saída as augas que estaba encargada de recibir. A cal cedeu o impulso arroxando os materiais á calzada, sobre os seus costados. Conviña a súa rápida reparación, substituíndo a “alcantarilla de 4 a 5 pies de luz” sobre a elevación que permite o rasante do camiño.


- Alcantarilla saliente de Rego de Cas. Ningunha marca se atopa nos seguintes tramos, ata chegar “a la pequeña alcantarilla que esta casí tocando la casa que llaman del Herreo en Rego de Cas”. Esta como a táxea anterior tamén foi destruída na súa maior parte arrastrando consigo o primeiro estribo, todo o firme do camiño nas catro varas lineais seguintes “ con diez y nueve varas lineales siguintes con diez y nueve manos de pretil en dos trozos sobre la arista derecha”. Invasión do río sobre o segundo cacho e inundación das terras de labranza que estaban do outro lado.

As causas que fixeron estos estragos son de dous tipos diferentes: a pobreza do baño a luz nos “desahogos de el alcantarillado y el recoto demasiado brusco que hace el río por su parte inferior auxiliado poderosamente por la estrechez y obstrucción del cauce”. Polo cal se propón a construción dun novo “alcantarillado” e de un muro de revestimento na parte da arista invalidada, reparación das 19 varas de lineais de pretil, ensanche e limpeza da canle suavizando de paso o recodo e o recorte doutra esquina ó muro contiguo a cada do dito ferreiro, a que avanzando demasiado sobre o río fai violento o emboque da corrente de auga da alcantarilla.


- Ponte de Agares . Dende o punto anterior ata a ponte de Agares sigue sobrecargada de anacos e trastornada con outros materiais que arrastrou consigo a corrente que se desbordou antes de desembocar a ponte; a causa de estar naquela parte demasiado elevada a base do río e facer o súa canle pola parte inferior, con recodo demasiado brusco que obriga a un cambio de dirección violento na corrente. Polo que é de absoluta necesidade ademais de reparar a calzada e facer rebaixar un pé polo menos o chan de dito río e suavizar mais o recodo, “desambarazando el cauce”.

- Muro de revestimento da canle. No respecto ós tramos seguintes ata o principio da costa atopamos pouca consideración ó arranxo da súa área a pesar dos muros notables que a dita alteración; por estar toda ela en terra vexetal unicamente propoñemos a construción dun muro de revestimento completamente castigado polas inundacións que sufre. E de urxente necesidade o corte dun recodo á esquerda e outro á dereita da parte superior e inferior ás primeiras casas do lugar que chaman “Lama dos Cucos” si se queren poñer as súas vidas e intereses a salvo dunha segunda inundación e rebaixar considerablemente a base do río que corre polas costas das casas de San Lázaro a cuxa elevación notable do nivel sobre a rúa e falta de bordes, foi a causa destas inundacións que puxo en grave risco este barrio. Polo demais unha inspección ocular da canle, practicada polos propietarios colindantes na parte que toca a cada un en algún que outro punto non cortase de raíz o mal, causaría menos danos. Tamén se aconsella non permitir no sucesivo ningunha especie de canalización nin construción de presas, sen autorización e informe previo de persoa cualificada.

- Río que baixa pola Fonte de Augas Minerais a San Lázaro. A maior regularidade que a diferencia do anterior observase no curso deste río ata a desembocadura na segunda ponte de San Lázaro foi a única causa de que os días do temporal non se houbese mostrado moito mais inofensivo, si se exceptúa a invasión das augas, con una elevación extraordinaria na súa base neste punto a consecuencia da rotura da presa inmediata; a mina e escalonamiento dos estribos e aletas da ponte Pousada y doutro que chaman de Luaces a nova invasión sobre os seus bordes, tocando case na presa dos Muiños de Jorge de Soto, á que repetiu sobre a esquerda pola parte inferior dos Muiños do Fabeiro con dúas ou tres inundacións simples en outros puntos. Aglomeración de area e pedras sobre a ponte de San Lázaro ata deixar a súa boveda dereita con moi escasa luz. A elevación considerable do río nas augas minerais, reclama desde a súa expedición e limpeza ata deixar en descuberto a fonte de augas minerais, cuxa parte superior que rasando, baste dicir para isto que ademais de ser moi regular é a única que temos de esta clase. O propio dicimos de un corte de unha esquina na horta que está dando fronte ó outro costado, pois arrastra para alí os materiais. A invasión perigosa que alí se observa é a razón mais evidente.

Arroio que baixa pola Rúa da Rigueira o Pimpin. Esta pequena corrente non produxo apenas alteracións en todo o seu curso polo pouco caudal e pola regularidade que lle deu o arte; só se nota algunha que outra descomposición lixeira na calzada sobre que corre ata dar fronte á horta do Colexio. Aglomeración considerable de materiais dende este punto ata o Pimpin con elevación na súa base e por derradeiro o desbordamento con surcos bastante profundos sobre o camiño que vai á ponte Pousada sendo pola notable elevación do chan naquel punto como polos recodos que fai 1.º sobre a esquerda logo sobre a dereita ó tomar a parcela do camiño. Acertamos a ver aquí, e aglomeración de area e pedras que sobrecarga aquel pequeno treito, non só porque elevando o chan do arroio a maior altura que o pretil o deixa completamente cuberto se non porque de este modo ameaza constantemente arroxar as súas augas sobre os tres ramais do camiño que parten de aquel punto e cuxo nivel cadra por esta razón mais baixo. O convinte sería alixeirar canto antes aquela carga e arranxando os dous recodos que fan cambiar con forte violencia o cambio de dirección das augas.

- Cañería de distribución das augas. Proponse investigar se a distribución desta cañería satisfai dunha maneira cumprida a todas as exixencias do seu destino e si sería posible outra nova que a substituirá con mais vantaxes.


Na sesión do 22 de Novembro de 1852, acórdase que para atender a reparación dos danos causados polo aluvión do quince e dezaseis de setembro derradeiro en varios sitios públicos pertencentes ó concello se solicita do Sr. Gobernador da provincia toda vez que a corporación carece de medios para tal efecto que se sirva autorizala a fin de cubrir este servizo por conta das partidas destinadas no presuposto do corrente ano a conservación e reparación do edificio que ocupa o concello a gastos de veredas, imprevistos e calquera sobrante a economía que resulte na totalidade de aquel sen prexuízo de que mais adiante se cubra polos medios que parezan más conducentes á cantidade designada á mencionada conservación e reparación da Casa Consistorial.

Na sesión do 6 de Nadal de 1852. Mediante unha instancia con data de hoxe que presenta no Concello Javier Bermúdez veciño do lugar de Fondoso solicitando rebaixa na contribución de inmobles polos destrozos que lle ocasionou na súa cortiña o aluvión da noite do 15 a 16 de setembro.