Mondoñedo, novas dos anos 36 ao 40
As doce do día 23 de xullo de 1936, baixo a presidencia de D. Jorge González Redondo e Serrano, se reuniron D. Dario González Jauregui e o secretario, que constitúen a Comisión Xestora designada na mañá de tal día pola autoridade militar da provincia para o exercicio das funcións correspondentes a esta Excma. Corporación Municipal. O Sr. González actúa como alcalde e o Sr. González Jauregui como adxunto. Nela se acorda que D. Darío González exerza as funcións de depositario e celebrar sesión ordinaria todos os luns as catro da tarde.
O 27 de xullo o alcalde da conta de haber destituído todos os alcaldes de barrio e nomeado os seguintes no seu lugar: Argomoso, D. José Mel López, Carme D. Francisco Graña Díaz, Rilleira de Cesuras D. Luís Carballo, Coubeira D. José Manuel Fernández Sánchez, Figueiras D. José González, Lindin D. José Martínez Díaz, Masma D. Ramón López, Sta. María Mayor D. Antonio Exposito, Oiran D. Euleuteiro Díaz Ramón, Reguengo D. José González, San Vicente D. José Manuel Chao Ledo, Sasdonigas D. Ricardo Cabanela Gónzalez, Viloalle D. Francisco Gómez Maseda e Rilleira de Trigas D. José García González.
Ademais foi cesado o escribinte D. Atanasio Tapia Leivas nomeado o 30 de marzo “por ser innecesario”.
Se anulan os nomes de varias rúas recentemente nomeadas o 4 de maio en consecuencia “de las conclusiones presentadas por las agrupaciones marxistas de la localidad” e repoñer os nomes de Marques de Rodil, Concepción, Oswaldo Codina e Bispo Solis.
Na Sesión Ordinaria do 3 de Agosto a petición dunha carta do sr. Bispo D. Benjamin Arriba y Castro se revoca o acordo sobre a incautación da igrexa da Alcántara.
Por orden militar foron detidos o procurador desta cidade D. Guillermo Otero Vilalba, os mecánicos afiliados “según rumores a los partidos comunista y socialista Graciano Leivas Gallego e Graciano Leivas Freire e tamén Constantino Sánchez Gacio.
O 10 de agosto na sesión se acorda dar nome de Julia Pardo e Lodeiro Piñeiroa respectivamente as rúas rotuladas actualmente cos nomes Ramón Alonso e Libertad.
Na sesión do 17 de agosto acórdase doar as 500 pesetas destinadas o 8 de xuño o Estatuto Galego a suscripción local aberta para os gastos do movemento nacional “Salvador de España”.
O venres pola mañá saiu un convoi composto por 13 camións con alimentos de toda clase para os soldados que operan en Asturias. A eles se engadiron outros procedentes do Val do Ouro.
Por orden militar estes días foron detidos “os significados extremistas de esta ciudad” D. José Sánchez Gacio, ex-Gobernador de A Coruña; D. José Ramón Villamarín Pilin ex-Alcalde del Frente Popular, D. Candido Carreiras ex-concelleiro; D. Alfredo Martínez empregado da Recadación de cédulas e a súa dona D.ª Emilia González e o médico municipal D. Germán Fanego Salaverri, D. Patricio Vijandio, xefe Socialista da localidade e o carteiro de Sasdonigas Señor González Díaz. Do concello de Riotorto foi detido varias persoas entre elas o ex-alcalde Sr. Bermudez.
Na mañá do 23 de agosto fíxose o acto de restitución dos crucifixos nas escolas e a restauración da Bandeira Española. As dez celebrouse na praza una misa de campaña pedir o definitivo triunfo do “glorioso ejercito y del eterno descanso de los que ofrendaron su vida a la patria”. A misa concorreron as autoridades civís, milicias e banda de música Pascual Veiga. O final do acto foi entregado á sección local de Falanxe un artístico banderín doado e bordado por distintas señoritas.
A finais de agosto foron reclamados polas autoridades militares para Lugo os seguintes detidos: D. José Sánchez Gacio, D. José Ramón Villamarin Pallín, D. Patricio Vijandi, D. Candido Carreiras e D. Alfredo Martínez. Entrou en prisión D. José Sanonte Mourelle Iglesias procurador dos Tribunais.
Na sesión do 31 de agosto acórdase que os restos de D. José López y López-Agrelo morto no fronde Asturias e que o cadáver será inhumado nesta localidade, que os restos hasta a súa inhumación sexan depositados no salón de sesións que para o efecto se convertirá en capela ardente.
Por esta época na prensa local, Vallibria, ponse o seguinte anuncio: “¡Vigilad todos el espionaje enemigo y detened y denunciad a los traidores!”
O sete de setembro acórdase nomear fillo adoptivo de Mondoñedo ó tenente de Infantería D. José López y López Agrelo, “muerto gloriosamente en holocausto de la patria a consecuencia de las heridas sufridas en la toma de Espina (Asturias)”.
Acórdase dar nomes de Praza de España, avenida Calvo Sotelo e Avenida Primo de Rivera respectivamente as actuais Praza da Constitución, Avenida da República e Avenida do 14 de Abril.
O 26 de setembro se reuniron os señores D. José María Rego González, D. Manuel López e López, D. Severino Aguiar Alvárez e D. Andrés Pérez Balsa Rodríguez designados polo Gobernador Civil da provincia a proposta da Comandancia Militar do partido para formar co Sr. D. Jorge González Redondo a composición municipal.
O Sr. Aguiar Alvarez renuncia por ser incompatible o cargo de xefe milicias de Falanxe de esta localidade. Foron nomeados primeiro tenente alcalde José María Rego e segundo Manuel López e depositario D. Andrés Pérez Balsa.
Na sesión ordinaria do 2 de Outubro foi nomeado para vocal da comisión xestora D. Alejo Barja. Estando vacante a praza de médico de asistencia publica domiciliaria que desempeñaba D. Germán Fanego Salaverri por haber tomado este posesión da “forensia de Pamplona” anunciase de que foi nomeado con carácter interino o médico D. Enrique Cabanela Alvarez.
Pagáronse ó fogueteiro de Lourenzá D. Manuel Reigosa polas bombas para festexar a designación do Xefé de Estado e a conquista de Toledo por 165 pesetas. Gastos de Autopsias do 30 de agosto e 13 de setembro 28 pesetas e 75 cent.. de medicamentos e por limpeza do carto de autopsias 11 pesetas e 95 céntimos.
A proposta da presidencia acórdase facer constar na acta a satisfacción desta Xestora pola conquista de Toledo e conseguinte liberación dos heroicos defensores do alcázar entre os cales se atopa o comandante da Garda Civil fillo desta cidade D. Jesús Rodríguez Rivas.
O nove de outubro suspendese indefinidamente o médico Sr. Cayón, pola conta da significación ideolóxica mantida na orden político oficial polo médico de asistencia publica Domiciliaria neste concello D. Arturo Cayón Fernández, o cal polas súas propias manifestacións foi sempre considerado como afecto o Frente Popular contra cuxa actuación “sus desgraciados efectos se dirige el movimiento nacional hoy ya triunfante y usando de las facultades que me confiere el Decreto número 108 de la junta de defensa nacional ha acordado la suspensión indefinida de dicho funcionario y dar cuenta de esta resolución a la comisión municipal gestora en la primera sesión que la celebre para que si lo estima oportuno proponga la destitución a la Inspección Provincial de Sanidad y al Exmo. Sr. Gobernador Civil con arreglo al articulo 4.º de la citada disposición”.
A pesar do alegado polo funcionario, no cal suplica a reposición da sanción imposta e que non se chegue aplicar, acórdase aprobar por unanimidade a resolución da alcaldía e con arranxo a mesma propoñer a destitución do expresado Sr. Cayón as autoridades superiores por medio da comandancia militar do partido.
Exclúese da xunta pericial urbana a Aladino González García e a D. Juan Melian Varela sendo remplazados por D. Antonio Febrero García e D. Amadeo Aguiar.
O 11 de Nadal vese unha instancia do veciño desta ciudade D. Eduardo Lence-Santar na que suplica que se de o nome de D. Francisco Franco Baamonde “jefe del estado generalisimo de los ejercitos, salvador de la patria y gloria de Galicia y de esta diócesis de San Rosendo en la cual ha nacido…” a rúa Padilla de esta cidade .
O 29 de Nadal con presenza de Miguel García Cortes delegado do Excmo. Sr. Gobernador Civil da provincia na sesión do concello se da lectura a una comunicación do Sr. Gobernador o cese da comisión municipal xestora por haber cesado as causas que a motivaron o seu nomeamento e de cotío se procedeu a entregar a todos os reunidos as oportunas credenciais, tomando posesión no acto dos seus novos cargos: Alcalde: Jorge González Redondo, tenente-alcalde , José María Rego González; segundo tenente alcalde, Manuel López; terceiro: Celso Michelena Leiras; Sindico: Alejo Barja Prieto e depositario: Andrés Perez Balsa.
Na sesión do 29 de Nadal coñecese a comunicación da Xestora de Oviedo agradecendo a este municipio a axuda moral e material prestada a dita cidade con motivo do asedio polas “ordenes marxistas”.
Acórdase que o Seminario e o Convento de Concepcionistas paguen soamente o mínimo de auga porque no primeiro funciona o Hospital de Sangue e no segundo o lavado de roupa dos feridos.
O Sr. Pérez Balsa propuxo a revogación do acordo de municipalización do alumeado eléctrico tomada pola corporación do Frente Popular por estimar que a capacidade económica actual do Concello no consiste a execución de aquel. Ademais a Sociedade suministradora ten un recurso contencioso. Esta proposta foi desestimada.
Na sesión do doce de Xaneiro do 1937 acórdase constar na acta o sentimento de a corporación polo falecemento de D. Eliseo Iravedra Valle morto a consecuencia das feridas recibidas no fronte Asturiano. Era cabo da sección de metralladoras do Reximento de Infantería de Zamora n.º 29.
O 19 de Xaneiro a iniciativa do Sr. Alcalde colócase unha luz pública no Carme e inmediacións da escola daquel barrio e por iniciativa do Sr. Novo outras dúas no barrio de San Lázaro.
Por esta época o consistorio decide facer obras no edificio do concello e mercar diversos mobles. Así vemos as seguintes notas: Traer mobles da Coruña empresa Ribadeo 65; de “La Gran Bretaña de Lugo” por un despacho para a alcaldía por 1.800 pesetas”, de la casa Hervada da Coruña por un tresillo de coiro e mesa de centro do mesmo 1.050 pesetas, do Gran Bazar da Coruña un aparato eléctrico de sobremesa tamén para o despacho da Alcaldía 83 pesetas.
Traballo realizado por Evaristo Pardeiro, consistente na construción dun gran Zocalo do despacho durante 23 días 143 pesetas con 75 céntimos. Estes traballos tiveron o voto en contra do Sr. Pérez-Balsa.
A “La Voz de la Verdad de Lugo” por embade y 4 cinceiros para o despacho da alcaldía 34 pesetas con 60 reais.
No mesmo pleno nomease pedaneo do Carme a Don Ramón Piñeiroa López e de Cesuras a D. Vicente Maseda Carballo. Acordouse por unanimidade ceder en precario a Milicia Española o piso alto da antiga casa Consistorial da praza de España.
Na sesión do dous de marzo acórdase a instalación de dúas luces no barrio de San Lázaro a inmediacións respectivamente de las casas nomeadas do “músico y de Atilano” para alumear os camiños públicos con que aquelas limitan.
Outros gastos no arranxo das dependencias: 874 pesetas con 2 céntimos de madeira a Fortunato Lorenzo para os despachos da alcaldía, recadación de arbitrios e outras reformas da casa Consistoriais. Un farol para o portal do consistorio, 70 pesetas; confección dunha cortina para o despacho da alcaldía 7,50; do Carpinteiro Evaristo Pardeiro por xornais 72,50 pesetas.
Sesión do 11 de maio. Pago a Ignacio Cortiñas por xornais e materiais empregados na pintura do despacho da alcaldía e varias portas e ventás da casa consistorial, 238 pesetas e 10 céntimos.
Nesta data a comisión xestora ten coñecemento da sentencia ditada polo Tribunal Provincial do Contencioso Administrativo con data do 31 de marzo pasado relativa a municipalización o servizo de abastecemento de electricidade neste termino.
Hai una solicitude do Delegado Comarcal de Falanxe Española das J.O.N.S suplicando sexa rotulada uhna rúa desta cidade co nome de “José Antonio Primo de Rivera”.
O 6 de xullo foi desestimada a solicitude da Xefatura Provincial de prensa y propaganda de Falange Española para que este axuntamento aportara una subvención para o sostemento da emisora de Radio Lugo. Acórdase celebrar un solemne funeral o próximo día 13 na igrexa parroquial de Santiago por o Excmo. Sr. José Calvo Sotelo e que o mesmo día se coloque a lápida que da nome a Avenida que se chama a República.
O 4 de setembro foi nomeado alcalde pedaneo de Viloalle a Fernando Rodríguez Rico. A Manuel Reigosa págaselle catro ducias y media de foguetes para a conmemoración do “glorioso movimiento”.
Na sesión do 20 de Outubro vese unha comunicación da xunta provincial recadadora de achegas para o prato único e día sen sobremesa dirixida a alcaldía-presidencia deste concello a fin de que a mesma emita informe acerca das reclamacións promovidas polos Padres Pasionistas desta cidade e polo veciño Fernando Trigo Paz contra as cotas a os reclamantes sinaladas pola xunta Municipal encargada das expresadas apartacións. Acórdase favorablemente na primeira, por ser suficientemente 15 pesetas mensuais como cota a satisfacer polos padres pasionistas e informar desfavorablemente a promovida por D. Fernando toda vez que dito señor co seu retiro castrense, propiedades inmobles e capital en metálico “que publicamente se le supone” satisfacer 13 pesetas mensuais sen que sexa para iso obstáculo a sinalada a súa irma política Justa Barro, xa que esta e administradora da subalterna de la Tabacalería desta cidade e posee inmobles propios e do seu defunto esposo.
O Sr. Novo foi designado para buscar un local apropiado para o traslado da escola de San Lázaro.
O 4 de Nadal foi suspendido o encargado da cárcere municipal, D. Santiago Ares Villalba y decretando encargado do deposito o axente de Policía D. Waldo López Vidal.
Acórdase enviar de aguinaldo un donativo o exercito de Galicia aproveitando o transito por esta cidade dun sarxento e un garda civil afectos o Estado maior do mesmo que conducían unha camioneta en dirección Calahorra. O aguinaldo consistíu en uns xamóns por importe de 495 pesetas.
Na sesión do 30 de Nadal acórdase suprimir a comunidade Concepcionista do imposto de inquilinato polo estado de pobreza. Acórdase a solicitude do Concello de Santiago de Compostela adherirse esta corporación a representación colectiva de Galicia ó insigne “D. Federico García Sánchez durante su viaje por tierras de América con el propósito de exaltar a España y su gran Cruzada”.
Págase por dous retratos do “Generalísimo”, un do Xeneral Queipo de Llano e outro do Xeneral Mola 21 pesetas.
O 19 de Febreiro do 1938 acórdase contribuír con 50 pesetas para a erección en Baamonde dun mausoleo o “Teniente Coronel D. Jesús Teijeiro” morto no fronte de Asturias.
Consignase na acta o cambio de nome da rúa Progreso polo de “José Antonio Primo”.
Cédese o antigo consistorio da praza de España para destinalo para as seccións femininas de F.E.T e das J.O.N.S.
Acórdase por unanimidade repoñer os selos oficiais, o antigo escudo da cidade optando por o usado no século XVIII que figurou nas bandeiras do glorioso Rexemento Provincial de Milicianos coas lendas e unha “Excmo. Ayuntamiento de Mondoñedo” e noutro “Alcaldía de la M. N. F. Ciudad de Mondoñedo”.
Na sesión do 5 de maio acórdase contribuír con 50 pesetas as organizacións xuvenís de Falanxe Española Tradicionalista y das JONS para adquisición de tambores e cornetas.
Acórdase rebaixar a pequena horta encostada á fachada lateral esquerda desta casa Consistorial a fin de sanear a planta baixa da mesma e construíndo a tal efecto un muro de contención do xardín de propiedade da señora viúva de Michelena o cal sobre a propiedade de esta había de medir un metro e vinte e cinco centímetros e colocar en dito muro que había de ser rebocado o mesmo que o lateral dereito do garaxe inmediato imitando a silleria da casa consistorial, una lápida conmemorativa da iniciación do Glorioso Movemento Nacional, a cal había de ser Cerámica de Talavera e cerra con un enreixado a liña resultante da fachada principal da casa consistorial e do expresado garaxe o local que entre ambos edificios quede como consecuencia da desaparición do citado horto o cal será obxecto de base de xardín; deixando en dito enreixado unha porta de aceiro de un metro e sesenta centímetros de ancho e abrir unha porta na repetida fachada lateral no local cuberto por a horta que desaparece e sanear dito local facendo se o efecto as obras precisas tamén de reparación de cañarías e sumidoiros de desaugues residuais da consistorial e dotar a mesma dun caño de cinc para a recollida de augas pluviais.
O 13 de xullo acórdase a construción dun kiosko para a venda de propaganda de conformidade a proposta formulada a Alcaldía polo sr. Delegado de Prensa e propaganda da Falanxe Tradicionalista. Debido a dificultade económica do Concello (atópase embargado pola Deputación Provincial) se reserva a adaptación do modelo pola expresada organización e reservase a propiedade do uso do dito kiosko para ser utilidade do concello no sucesivo para fins propios. Para tal efecto foron nomeados os concelleiros Barja e Insua.
Na Sesión ordinaria do 20 de agosto a proposta do alcalde se acordou instalar no primeiro tramo do “callejón contiguo” a la igrexa parroquial de Santiago a Fonte pública existente o lado da Casa Consistorial.
O 26 de Agosto debido o próximo cumprimento do segundo centenario do Santuario dos Remedios constituir a ofrenda anual a Venerable Imaxe e proclamala patroa do Excmo. Concello.
En sesión do 20 de Xaneiro de 1939 se acorda denegar o pago da factura a empresa BEGA por importe de 344 pesetas e 98 cms. por iluminación das forzas que estiveron destacadas na Alcántara por considerar que non corre a conta do concello.
O 5 de maio o concello de Ferrol invita a este concello para contribuír coa cantidade de 50 pesetas para a bandeira de combate do Cruceiro Galicia.
Na sesión de maio acórdase o rexistro dos establecementos que poidan ter trigo, fariña, aceite, zucre e arroz debido a escaseo deles e non só os comercios matriculados senón os locais que se sospeitan dedicados o trafico dos expresados artigos.
O 21 de agosto o Delegado de Organización Xuvenís de Falanxe Española Tradicionalista e das JONS de esta localidade suplican lles concedan una subvención para o envío de tres camaradas o campamento de verán que organiza a Delegación Provincial.
En sesión do 26 de Agosto ofrecese o ex-Convento de Alcántara para instalación de forzas militares permanentes nesta cidade.
O médico D. Arturo Cayón foi reposto no seu posto de médico de Asistencia pública domiciliaria deste municipio por resolución do 28 de Novembro.
Na sesión do 5 de marzo de 1940 acórdase dotar de un andel para arquivo e ficheiro dentro do presuposto de 200 pesetas para as oficinas da compañía da garda civil.
O cinco de xullo as dezasete horas se recoñecerá e sinalará o “mojon” común os termos municipais de Riotorto, Lourenzá e Mondoñedo no punto coñecido por “Pena do Porco” e o día oito as oito e media da mañá dar igual comezo o recoñecemento da liña e termo e señalamento de “mojones” comúns a os municipios desta cidade e Riotorto.