Moncho Reboiras, máis vivo que nunca
14 de agosto de 2010 (00:01 h.)
O Terra e Tempo, nesta ocasión na súa edición dixital, quere traer testemuño dos actos de lembranza, que o pasado Xoves 12 de Agosto se celebraron na cidade de Ferrol, en homenaxe a quen foi colaborador asiduo desta publicación nos anos do franquismo e que nos últimos trinta e cinco anos ocupou un lugar de relevo na mesma.
,Parabenizamonos da intensidade da xornada de antonte, tanto pola alta participación como polo seu contido político, pois un e outro feito demostran que o traballo desenvolto polo nacionalismo en rescatar a memoria de Reboiras deu os seus froitos pero particularmente porque quedou acreditado que os ideais e o proxecto polos que o noso compañeiro entregou a vida están vivos e presentes no noso pobo. Xa por último afirmamos o noso compromiso de seguir achegando aos galegos e ás galegas as contribucións doutrinais e políticas de Reboiras e dar continuidade ao traballo do que foi coparticipe, isto é organizar máis pobo para que cada día haxa máis patria.