Crimen do Coto da Recadeira

Tivo lugar o nove de Marzo de 1909, entre as seis e as sete da tarde na carreteira de San Lázaro, no sitio denominado a Abrea, cando, sen motivo aparente, Santiago Ares infrinxiu dúas puñaladas a Feliciano Fernández. O cal a pesar desto puido chegar a súa casa en moi malas condicións, pero non se puido facer nada, pois as poucas horas faleceu.
O xornal mindoniense “La Voz de Mondoñedo”, do trece de Marzo de 1909, trae a nova da forma seguinte:
“Un Crimen”. Lo ha cometido Santiago Ares infiriendo dos heridas mortales puñaladas á Feliciano Fernández, dueño de un establecimiento de situado en el Coto de Recadieira.
Hallábase el Feliciano en el piso alto de su casa cuando el agresor llegó al establecimiento llamando á aquel; la madre del herido preguntó al Ares que le queria á su hijo, contestando el interrogado que “que le queria unas palabras”; el herido, persona muy justamente estimada de todos, al ver al Ares y enterarse de que le queria hablar, le dijo que se fuese andando que tambien el iba á Mondoñedo, para lo cual tenía preparado un caballo, y que luego le cogería; marchó el Ares, bajo á la carretera el Feliciano y montó en el caballo y tomó la carretera con dirección á esta ciudad, encontrandose con el que fué su agresor al llegar al camino que de la carretera conduce á la Fervencia. Allí dijo el Ares al Feliciano que quería hablarle, que se bajase del caballo; contesto el ginete que para continuar hablando no necesitaba apearse; insistió el Ares y en el momento en que solamente tenía un pié en tierra el ofendido, le asesto dos puñaladas el repetido Ares, empuñando al efecto una pistola de las que tienen puñal a guisa de bayoneta.
Después de herir mortalmente al Feliciano, el autor de tan miserable fechoria, huyendo ya, disparo la pistola contra su victima, pero no hizo blanco.
A sus pies pero con trabajo llegó á su casa el pobre herido.
Sabemos que el Ares a quien su padre mal podía dominar, es uno de esos faroletes que creen llamar la atención sacando a relucir el revolver y antes de ahora ya, en el barrio de San Lázaro, hizo uso de su arma de fuego contra personas.
El triste suceso que relatamos ha ocurrido el martes último entre las 6 y 7 de la tarde al venir el agresor de acompañar á su novia que es vecina de Viloalle.
El Juzgado trabajó sin descanso desde el primer momento y lo mismo la Guardia Civil, hasta que detuvo al Ares, en la casa de la viuda de Villalba de las Casas Nuevas, madrina del mismo.
A las seis de la tarde de ayer dejó de existir el Feliciano Fernández, victima de tan traidora agresión.
Hoy a las cuatro y media de la tarde, con numerosísimo acompañamiento, se verificó la conducción de su cadáver al cementerio.
Seguidamente se le practicó la autopsia y se le dió cristiana sepultura.
O xuízo de tan horrendo crime tivo lugar o 22 e 23 de setembro do mesmo ano, nos locais que tiña a Audiencia no antigo Convento de Alcántara. Compoñían o Tribunal de dereito os Sres. Ulla Fociños, presidente e maxistrados Sres. González Golpe e Alonso Pérez.
O fiscal foi Eduardo Prieto, coma acusación particular privada Emilio Tapia e na defensa do acusado o Sr. Álvarez Mon.
As once da maña do 22, abríronse as portas a voz de “Audiencia pública”. A continuación o secretario da contas das dilixencias pertinentes, comezou a proba testifical coa declaración do procesado.
A preguntas do fiscal, asegura que o día 9 de Marzo estivo na feira de Vilanova de Lourenzá. O atardecer foi o Coto a casa de Feliciano, pedíndolle explicacións sobre unhas palabras ofensivas que lle dixera a súa moza. Este contestoulle que non era certo e que ía a saír para Mondoñedo e que fora andando. Que o alcanzara na Abrea, onde lle vólveo a pedir explicacións sobre o dito.
O acusado dixo que Feliciano lle pediu “un acareo ca súa moza para que lle aclarara todos eses embustes”, o mesmo tempo que se baixaba do cabalo e lle votaba unha man o pescozo e que lle daba varias bofetadas, botando o chan e arrastrando.
Santiago dixo no xuízo que lle pedira a Feliciano que o deixara, pero o ver que este botara man o revolver e disparando un tiro, el collera a navalla e lle dera dúas puñaladas.
Declaración de Alexo Barxa e D. Xermán Fanego, perito-médicos. Estes manifestaron que Feliciano presentaba dúas feridas, no ventre y no baixo ventre, por onde lle saian os intestinos. Que unha delas había sido inferida de adiante hacia atrás e outra de dereita a esquerda e de baixo para arriba. Que as puñaladas foron feitas nun período corto de tempo o que lle impediu defenderse. O avogado defensor preguntoulles que como e que non puido defenderse e si puido ir andando hasta a casa.
O Sr. Barxa, dixo que puido andar porque puido pero o convite houbese sido e que ferido foise en camilla.
Os dous médicos aseguraron que as feridas eran mortais de necesidade, e que aínda que houbesen practicado a operación de desinfección a súa salvación era moi dudosa, calculando un oito por cento de probabilidades.
Florentino Castro. Dixo que era amigo do acusado e que lle vira había tres anos un revolver e un coitelo e que non sabía se era un matón. Dixo que estaba na carreteira co seu pai cando chegara Santiago chamando a Feliciano. Que este último estaba dentro da súa casa e que se asomara por unha fiestra todo aborrecido para ver o que lle quería o Santiago. Sinalou que escoitou un fogonazo e a un home correndo e que esto ocurreu entre o día ea noite.
Antonio Castro. Pai do anterior, declarou o mesmo que o seu fillo, coa excepción que vira saír a Feliciano a cabalo e volver a súa casa coas mans suxetanto o ventre.
Xoaquín Ares. Pai do agresor. Declarou que o seu fillo era moi bo, que lle entregaba o xornal que ganaba e que era para el un fillo cariñoso e que nunca lle dera uns “azotes” como por hai se di.
Manuel Méndez (Aldixe). Di que Santiago nada lle falou acerca da noiva, nin das ofensas que lle fixera Feliciano, que o chegar as casas do Coto que están no camiño que vai a Seivane había cambiado de opinión e que determinara vir a Mondoñedo polo que baixara a carreteira polo camiño que vai a Fervenza. O chegar a estrada atopouse con Andrés García, saudándose e que este lle dixera “escucha y calla, mira lo que pasa alla adelante y calla; allí se peleán” parecía que estaban de xeonllos, logo se puxeron de pe e o Santiago votou a correr “ab jutestato” por unha terra abaixo. Logo sonou un tiro e que viu fume encima de Santiago pero que non vira o fogonazo. Que se aproximaron a lugar e o chegar xunto Feliciano este dixera: “ai Moxeno, no me velas, que me dio dos puñaladas Santiago Ares”. Que o Moxeno recollera o cabalo de Feliciano e que este tiña as mans colocadas no ventre.
Andrés García (O Moxeno) Manifesta o mesmo que o Aldixe, engadindo que se ofreceran a levar a Feliciano as costas, pero que este lles dixera que non podía ser, marchando a pe todo encurvado e coas mans no ventre.
O pouco de marchar este, viñera a carreira Santiago a recollela súa boina.
Probas da defensa.
Declaración de Aurora González Amieiro. Noiva do agresor. Negou todo canto lle atribuía Santiago.
Xosefa González. Irma da noiva. Di que o día anterior os feitos estivo con Feliciano e que este non lle falou palabra algunha sobre a súa irmá, nin do seu noivo.
Rosa Álvarez. Afirma que desde unha distancia duns 150 metros viu como un dos que loitaban sacou do bolsillo coa man esquerda unha “cosita blanca”. Detalles como este foron moi abundantes na súa declaración, polo que a defensa a declarou como un testigo pouco fiable.
Xa pola tarde declarou Ramón Polo.
Este manifestou que non había vira nada, que escoitara un disparo e que logo chegara andando Santiago o cal despois de preguntarlle varias veces que lle pasaba lle contestara que viña de darlle dúas puñaladas a Feliciano, sen dicirlle ningún motivo.
Con esta declaración rematou a proba testifical, e deuse lectura a varios documentos.
O final o Sr. Fiscal,o acusador privado e o defensor modificaron as súas conclusións.
O Fiscal e o acusador privado as cualifican como homicidio é o defensor coma un delito de lesións.
Logo dos discursos dados polo avogado defensor Sr. Prieto, como polo Sr. Tapia, o xurado retirouse a deliberar.
O veredicto foi o de culpable, sendo condenado Santiago Ares Villalba, polo Tribunal a 14 anos de carcel e a unha indemnización de 2.000 pesetas a familia do morto e as costas conseguintes.