A desaparición da UE é indispensábel para rematar co Euro Imperialismo, o que non significa a desaparición de Europa coma territorio, hoxe sen Soberanía

O fin do euroimperialismo

Foto de Lara Jameson
No proceso de construción do Occidente europeo sobresaíron varias Nacións europeas poderosas gobernadas por Monarquías absolutas, que emprenderon unha centralización agresiva para converterse en Estados-Nación e Multinacionais impostas sobre as Nacións absorbidas do seu entorno para acometer a conquista colonial doutros países e civilizacións do exterior. Deste xeito  formáronse os Estados-Nación Imperialistas e neste contexto enténdese a acumulación primitiva do Capital, e o seu  posterior desenvolvemento opresor e explotador O Imperialismo euro céntrico moderno, conducido polas elites nacionais enriquecidas co espolio dentro das súas fronteiras e coas guerras de conquista colonizadoras xustificadas ante os seus pobos e o Mundo, cunha mitoloxía providencial que lexitima a inxerencia e dominación imperialistas doutros pobos. Os países incorporados pola conquista á civilización dos conquistadores, foron privados do seu propio carácter nacional, coma lingua, cultura, psicoloxía, relixión e historia propia... e outras características relacionadas co seu territorio e actividades produtivas, que en todo caso foron deturpadas. Pobos, nacións e Estados Mais non todos os países do ámbito europeo conseguiron ascender a Estados-Nación, condición necesaria para acadar a Soberanía Nacional e territorial, permanecendo coma Nacións sen Estado, en variadas situacións de dependencia ou subordinación doutros Estados erixidos en Imperios europeos. Se observamos o territorio europeo cos seus pasados acontecementos históricos, atopamos múltiples conflitos e guerras que alumearon a emerxencia de pobos, nacións e Estados,  sendo aínda hoxe ampla maioría, as Nacións e pobos europeos que carecen dun Estado propio. Galiza, Euskadi, Cataluña, Escocia, Flandes, Valonia, Córcega... e moitas máis que forman o día presente a Europa dos Pobos, sometidos aos Estados-Nación europeos que integran a Unión Europea (UE) imperialista liderada polos EEUU, o Imperio Global Unipolar. Co nacemento da Nova Orde Mundial do Capitalismo, comeza o proceso de transición do colonialismo ao neocolonialismo, conforme se expande o intercambio desigual capitalista, e medra o poder económico coma o factor determinante principal nun mundo estruturado coma un Centro de potencias dominantes imperialistas e unha Periferia de Países subordinados, na que as guerras de conquista colonial e mundiais  interimperialistas foron decisivas na conformación da súa xerarquía. Os cambios que afectaron as clases dominantes mudaron a composición social dos Estados-Nación europeos. As revolucións burguesas inglesa e francesa desprazaron a vella elite feudal, aínda que finalmente reintegrouse ao Poder, para participar no saqueo e colonización do mundo. A inglesa  tivo coma resultado un consenso entre a nobreza dos Lords e o pobo común, para que este se asociara na conquista e repartición do botín, constituíndo así, a clase media británica. En Francia coa proclamación do Imperio despois da Revolución, as leis burguesas revolucionarias coma o Código de Napoleón, foron difundidas coas guerras imperiais de conquista. As revolucións burguesas Inglaterra e Francia acadaron a posición de Estados-Nación capitalistas imperialistas, a diferencia de España cunha casta empresarial ancorada no seu pasado feudal, con preponderancia nos ámbitos máis españolistas reaccionarios, e segue mantendo con Galiza unha relación de espolio colonial. Os EEUU foi o aprendiz avantaxado das Revolucións europeas que repercutiron na Revolución da Independencia  Norteamericana, herdando da súa Metrópole, o Imperio Británico, e do francés todo o acontecido en Europa na súa transición ao Capitalismo. De España herdou as migallas coloniais e o seo patio traseiro americano, co que chegou a liderar grazas aos seus recursos o Imperio Global Capitalista. A unidade de Alemaña foi o resultado da Unión Aduaneira (Zollverein) dos pequenos Estados feudais cos Principados alemás e o Estado prusiano, ao transferir a recadación ao Estado-Nación alemán, froito desta Unión. Un precedente para o que despois foi o Mercado Común Europeo. Os acordos do tratado de Westfalia de 1648, a raíz da guerra europea dos 30 anos, poñen en evidencia e, sen lugar a dúbidas, a dobre moral do Occidente europeo pola distinta aplicación que se lles asignou, a segundo que as e os  destinatarios vivan nos  Imperios Nación occidentais, ou nas Nacións sen Estado en  Europa, por unha banda, e as Periferias coloniais e neocoloniais por outra. Para os Estados Nación a Soberanía territorial dos Estados de Europa Occidental promulgada neste Tratado é sagrada e, só pode ser abolida ou cambiada polo Gran Hexemón estadounidense. Considérase coma un instrumento xurídico-político idóneo para garantir a Seguridade Nacional e Unidade fronte aos pobos oprimidos que aspiran a un Estado propio como as Nacións sen Estado. Tamén o recoñecemento da igualdade a efectos legais entre Estados grandes e pequenos. Soberanía territorial O dereito a Autodeterminación recoñecido pola ONU é reservado para as Periferias exteriores, baixo a batuta  do Imperio para dividir Nacións da Periferia neocolonial, trazar fronteiras,  dividir Nacións e xerar caos con Golpes de Estado e conflitos entre eles sempre en beneficio do Occidente e as antigas Metrópoles.  A Soberanía Territorial é allea a estes ámbitos do Mundo. A inxerencia e os golpes de Estado coa escusa da defensa dos dereitos democráticos  occidentais e a liberdade, é a causa de guerras e conflitos permanentes. A destrución e partición de Iugoslavia, con bombardeos aos pacíficos habitantes da capital Belgrado e posterior creación dun novo Estado coma o de Kosovo, convertido nunha base militar da OTAN, é  un caso paradigmático pero non o único. Estes e outros moitos son a aplicación das regras do Occidente colectivo ou “Comunidade Internacional” que producen o levantamento de moitos países contra o Imperio capitalista Unipolar. Os acordos da Paz de Westfalia, tamén foron adoptados polos EEUU e estiveron vixentes ata 1998. Agora o Imperio toma as decisións  dunha forma unilateral, a súa comenencia. Estes acordos foron derrogados pouco despois dos falidos intentos de ingreso da Rusia pos-soviética na OTAN. O Imperio estadounidense foi contrario a entrada de Rusia polo seu temor xeopolítico, ante a posibilidade de que esta se fixera co liderado de Europa a través desta organización. Os EEUU coma Imperio Mundial, coa maior cantidade de bases militares en todo o Mundo, ten coma obxectivo estratéxico a derrota militar de Rusia e a súa partición en pequenos Estados con constantes conflitos entre eles, a única maneira de acceder de balde aos seus inmensos recursos  naturais. Iso explica a guerra de Ucraína, e outras que están en cernes. Mais o papán europeo culpa a Rusia e a Putin como está mandado polo Imperio OTANICO; porque non se deixa derrotar coma antes coa Guerra Fría? De Europa á Unión Europea e a OTAN A Europa actual articulada  na UE non foi, e xa que logo, unha creación dos pobos europeos. As destrucións provocadas pola 2ª Guerra Mundial interimperialista no territorio europeo e nipón entre outros, crearon as condicións idóneas para o inicio dun novo ciclo  ascendente do capitalismo en favor dos EEUU, que mantivo intacto o seu territorio, co incremento brutal da cota de ganancias. Os EEUU foi o vencedor avantaxado deste conflito, aínda que só participou na guerra contra Alemaña e os seus aliados nazi-fascistas, cando xa fora derrotada  polo Exército Vermello da Unión Soviética, enfrontándose a vellos e nenos e arroxando bombas incluso atómicas, para mostrar o seu Poder ante a Unión Soviética, contra cidades indefensas no Xapón, o que nos amosa o seu oportunismo. Non podía deixar pasar a oportunidade para organizar no seu proveito o Novo Orde Europeo e  Nipón , o Mercado Común Europeo e a reconstrución de Europa e Xapón co Capital financeiro estadounidense baixo a batuta do Dólar coma Moeda de Reserva Mundial, foi o gran negocio do capitalismo ianqui anglosaxón. A creación da OTAN xunto co aproveitamento das  antigas agrupacións nazi-fascistas europeas, en cooperación cos servizos de seguridade anglo americanos, cubertos coa carauta socialdemócrata, foi a garantía da seguridade da súa trama social. É salientable a incorporación das Monarquías Nórdicas e Escandinavas, réximes nazis por excelencia, coma exemplos de democracia e Socialismo con benestar envexábel para o resto do territorio europeo. Todo un éxito de imaxe! Que engrosa o arsenal ideolóxico do Imperialismo Global. Espazo para os pobos e nacións sen estado España adquiriu gratis un novo roupaxe democrático co Réxime do 78, e coa UE  as  Nacións  e pobos oprimidos europeos foron finalmente segregados coma colonias e neocolonias  con diversos status. Galiza foi sometida ao capitalismo monopolista da UE/USA e os caciques españolistas, con domicilio en Madrid participan no espolio colonial da Galiza cunhas galas democráticas á cabeza da Europa do Capital. Mais en realidade e desde unha óptica democrática, os pobos e as Nacións sen Estado europeas oprimidas e ocupadas, neocolonias, semicolonias e colonias, xunto cos focos roxos marxinais das urbes europeas, hoxe representan unha ampla maioría popular fronte as elites asociadas e dependentes do Imperio Ianqui. Esta realidade nos sinala a única vía segura, aínda que chea de dificultades para transitar o camiño cara unha verdadeira democracia europea incompatíbel coa existencia da Unión Europea (UE) sustentada na Supremacía Militar da OTAN... pero sempre baixo o Imperio USA que aspira a manter na eternidade a súa hexemonía ata destruír aos seus competidores, e continúa construíndo inimigos reais ou supostos nunha guerra permanente. Construír un mundo multipolar A Europa dos Pobos Soberanos é a alternativa imprescindíbel para contribuír a construción dun Mundo Multilateral (agora  Multipolar), que leve a liberdade, igualdade e Soberanía dos Pobos europeos, para exercer en liberdade o seu dereito real a Autodeterminación, coa que as europeas e europeos, e as galegas e galegos entre eles, coas súas Nacións e culturas descolonizadas teñen moito que aportar e recibir. A Europa fascista que pretende subsistir apegada ao Imperialismo Global e Internacional é un produto xenuíno da Europa colonialista, que deu chanzo as guerras mundiais interimperialistas, debe desaparecer coa Europa dos Pobos Soberanos. O Mundo rexido por Regras, que non son outras que as Leis de Occidente, ao presente reducidas ao (G7) “Comunidade Internacional” segundo eles, ostentan unha lexitimidade herdada das guerras de conquista e colonización, hoxe arroupada cunha dubidosa Supremacía Militar que está caendo abaixo, e atravesa unha decadencia que semella irreversíbel. Podemos estabelecer  un paralelismo coa derradeira etapa da historia do Imperio Romano, que nunca chegou a desenvolver unhas relacións capitalistas (segundo Marx). Nesta época do declive de Roma tivo relevancia a política de “divide e reinaras”. No contexto actual esta política é perentoria para o Imperio do Capitalismo Global estadounidense e faise necesaria a súa inxerencia permanente, diante do ascenso da  Soberanía e unidade crecente dos pobos, para sementar o caos e rivalidade conflitiva entre eles . As guerras e as destrucións asociadas axudan a elevar a cota xeral de beneficios privados, pola diminución forzada coas  destrucións do Capital constante. Amais a guerra permanente favorece a Industria militar coma motor da  economía. Os organismos internacionais ONU, FMI, Tribunais e demais multinacionais e entidades financeiras privadas, no presente forman parte da trama imperialista. A desaparición da UE é indispensábel para rematar co Euro Imperialismo, o que non significa a desaparición de Europa coma territorio, hoxe sen Soberanía, no que se asenta a maioría social dos pobos, Nacións sen Estado e sectores marxinais urbanos procedentes da migración exterior, todas e todos sen dereitos humanos e a libre determinación para constituírse co dereito a elixir unha Europa dos Pobos Soberanos, fora da hexemonía do Imperialismo Capitalista Global e Internacional, hoxe en declive e posto a máis velenosa defensiva co “Divide e Reinarás”. A Europa dos Pobos Soberanos é a única opción que fai posible a descolonización efectiva de Europa cun desenvolvemento democrático en Liberdade, Soberanía e Solidariedade nun Mundo Multilateral.