Eleccións no Reino Unido o 6 de maio: todo muda, todo segue igual
Por unha vez vou exercer de británico, aínda que, tras tantos anos fóra, non sería quen de pretender ofrecer máis que unha visión intimista mais sempre desde a Galiza do actual panorama político do país que me viu nacer.
Para dentro de moi poucos días están convocadas unhas eleccións xerais no Reino Unido, onde, por vez primeira desde 1997, hai visos claros de que o Partido laborista non vaia saír gañando. A visión (non tan falsa) que se ten da política británica é que non dista moito da imaxe da política estadounidense, onde compiten entre si dous grandes partidos que apenas se distinguen na súa orientación política, neste caso o partido conservador, de centrodereita, e o 'novo' Partido laborista (New Labour) de Blair de centroesquerda, moito máis achegado aos valores tradicionais dos conservadores desde que se purgou o partido dos elementos tradicionalistas da esquerda británica sob o reinado de Blair.
A cuestión que xorde é: De non gañaren os laboristas, quen gañará? Os conservadores no xogo do bipartidismo de sempre ou hai unha outra alterativa? Son moitos os partidos que concorren ás eleccións: en total máis de cincuenta partidos en Inglaterra, Gales, Irlanda do Norte e Escocia que van desde o nacionalismo (Plaid Cymru, Mebyon Kernow, Scottish National Party, Scottish Socialist Party, Sinn Féin) até a extrema dereita (British National Party, National Front), pasando polo confesionalismo (Christian Party, Christian Peoples Alliance) e varios tipos de comunistas e socialistas (Communist Party of Britain, Direct Democracy Party, Socialist Equality Party, Socialist Party of Great Britain, Workers' Power, Workers' Revolutionary Party, Respect Party). Hai onde escoller.
Resulta curioso -por non dicir intencionado- que, á vista desta enorme oferta electoral e pluralismo, se siga a proxectar desde os medios de comunicación unha pugna a dous bandos, entre os que asoma un terceiro contrincante na persoa de Nick Clegg, líder dos liberal demócratas.
Cunha continuada caída que chegou a -8% en 2005 a respecto dos votos acadados en 1997, nunha tendencia que as sondaxes confirman para 2010 prognosticando unha espectacular baixada até 27% a respecto de 35,2% en 2005, todo apunta que os laboristas non sexan o partido máis votado. Despois de 13 anos no goberno, o Partido sofre un desgaste 'natural', exacerbado pola súa imparábel deriva para o centro trazada e capitaneada por Blair e continuada por Brown, afastándose do seu electorado socialista tradicional.
Os liberal demócratas están sendo promovidos polos media como a grande alternativa percibida como 'progresista' para quen estea anoxado cos neolaboristas mais non se resolve a votar polos seus inimigos históricos, os conservadores. Dado este panorama, Clegg e a súa banda serven de válvula de escape do sistema para dar unha saída controlada ás arelas de cambio que se palpan: "Despois de 65 anos de laboristas e conservadores [...]. Xa é hora de algo diferente", declaran no seu programa electoral.
A manifesta ambigüidade na súa definición ideolóxica é significativa na súa tentativa de gustar a todo o mundo: segundo o ex-dirixente, Charles Kennedy, trátase dun partido que nin é de esquerdas nin de dereitas, mentres que o seu sucesor o definiu como de centroesquerda. O actual dirixente opta pola etiqueta "vangarda do centroesquerda progresista". O predecesor de Clegg, Vince Cable, no entanto, declarou que o partido non se atopa no centroesquerda, tendo, pola contra, "unha postura liberal no referido á política económica, ao comercio libre e ao mercado libre".
En realidade, o que ofrecen os Liberal Democrats é a posibilidade dun cambio sen cambio, co 'centro' (lease 'neoliberalismo') como denominador común (conservadores simbolicamente no centrodereita, laboristas no centroesquerda, e liberal demócratas na socialdemocracia do centro liberal): unha nova revolución laranxa -cor coa que se identifican os liberal demócratas- tan pouco recomendábel como o seu predecesor ucraíno...
Na esquerda real non hai alternativas verosímiles: para alén dunha plétora de partidos trotskistas e criptotrotskistas, existen tamén o Socialist Labour Party liderado por Arthur Scargill, sindicalista que estivo á cabeza da folga dos mineiros de 1984-85 cando os obreiros organizados tomaron as rúas nun dos últimos desafíos ao capitalismo por parte dos sindicatos ligados organicamente ao 'vello' laborismo, polo que foi interesadamente calumniado polo goberno ultraconservador da 'Dama de Ferro', maculando a imaxe pública de Scargill até hoxe e limitando así calquera posibilidade de que o laborismo socialista de sempre veña desestabilizar o centrismo neoliberal dominante. O Partido Comunista, pola súa banda, está simplemente marxinado do debate mediático, descartado de partida como posibilidade real.
Como xa vén sendo habitual, a demagoxia populista da dereita oportunista rendibilizará o descontento e a miseria das clases populares máis empobrecidas pola crise, botando a culpa á poboación 'inmigrante' (incluídas aquelas persoas que xa levan varias xeracións afincadas no país) e aproveitando o medo ao alleo na figura sobre todo do islam (o crispado debate sobre o veo islámico é significativo). É previsíbel, pois, que o British National Party (BNP) que xa logrou dous eurodeputados en 2009 siga en aumento, agravando a crispación social e desviando a atención das causas estruturais reais da crise, parte integral do modelo capitalista.
Que ninguén se engane: gañe quen gañe vai ser máis do mesmo. Valla un exemplo da política internacional: ningún dos tres grandes partidos discrepa abertamente do papel de dócil lacaio que desempeña o Reino Unido cara á OTAN e a UE. De feito, son os liberal demócratas os máis entreguistas no tocante á Unión Europea, porta de detrás para máis mainmise da política dirixista dos EUA (a través da OTAN) sobre a política europea por moito que se fale de 'retiradas'.
Como xa escribiu Jean-Baptiste Alphonse Karr aló polo ano 1849: "Plus ça change, plus c'est la même chose".