A reviravolta mexicana


Cando a presidencia de Felipe Calderón camiña cara o seu quinto ano de mandato, calquera promesa que puido facer na campaña electoral quedou opacada por una estratexia militar que sumou 40 mil mortes as rúas da nación mexicana, e empeza a perde-lo control do Estado fora das áreas tradicionais de influencia dos carteis, confinados principalmente en zonas produtivas de narcóticos e de interese xeográfico, coma a extensa fronteira que os une aos EUA.

O xornalismo non escapa desta onde de violencia, contabilizándose so
no 2011 ate once profesionais da prensa asasinados, a derradeira
apareceu decapitada a maña do sábado 24 na cidade de Laredo, cun
mensaxe alusivo o seu traballo. Esta situación límite levou a que
dende os propios medios se deixara a un lado as información sobre
calquera temática relacionada co narcotráfico, incluso dende o Diario
de Juarez, radicado nun dos epicentros do crime organizado, lanzou
unha proposta de tregua entre o narco e a prensa por medio de
editoriais, e que se ben foi criticada por outros medios de
comunicación polo feito de poñer en cuestión a independencia do
traballo xornalístico, e un claro reflexo do colapso social o que se
achega o país, onde a mera supervivencia física e como asegurala pasan
ao primeiro plano das preocupacións cotiás.

Este escenario leva a cada vez máis mexicanos a pesquisar como
garantir eles mesmos a súa seguridade, tanto a nivel individual coa
adquisición de armas, como a través de grupos organizados co obxectivo
de defende-las barriadas, tamén a capacidade socioeconómica marca
certas diferenzas neste ámbito, pois se ben nos lugares máis humildes
e a mesma poboación a que se axunta para protexerse, onde se conta
cunha maior capacidade económica xa son mercenarios e corpos armados
enteiros os encarregados de ataca-lo narco, creando una morea de
organizacións en competencia constante fora da lei. Un senador do
Partido do Traballo, Ricardo Monreal, chegou a afirmar que se
multiplican os mercenarios provintes de Israel e os conflitos bélicos
de Iraque e Afganistán, que escuadrón de 8 a 40 membros e portando
armas de gran calibre.

A pesares que dende o goberno se nega a presenza de grupos
paramilitares, xornais como o Excelsior publicaron as declaracións de
soldados norteamericanos o que Xe Service, antiga Blackwater, que
cumpriu un escuro papel na guerra de Iraque baixo o alcume de
"contratistas", ofreceu traballar en seguridade na área de Sinaloa. Un
caso extremo desta tendencia son os coñecidos como Mata Zetas, que a
pesar de operar dende o 2009, saltaron a fama recentemente o botar 35
cadáveres de membros do cartel dos Zetas -un dos máis importantes na
actualidade- nas rúas de Veracruz, proclámanse defensores da
institucionalidade e dos corpos policiais, e defenden que so loitando
en igualdade de condicións pódese vence-los narcos. No tocante a
Veracruz, desculpáronse cos veciños se lles ofenderá o acontecido cos
mortos, e que so tentaban mostrar como a pesares do poder da
asociación criminal estes non eran invencibles, o que en todo caso,
segue alimentando a espiral de violencia a que México se afai cada día
máis.

A sucesión de eventos sanguentos sen embargo, mantéñense fora de
lugares sensibles para as clases dirixentes, como as institucións
estatais, principal argumento para rexeitar os paralelismos con
Colombia, onde o mesmo Parlamento chegou a ser bombardeado. No tocante
a actividade financeira, recupérase lentamente nun dos países que
máis sufriron a crise mundial, e que vive en constante tensión polo
aumento cíclico do prezo en alimentos básicos, coma as tortillas de
millo, que causan un importante efecto social o atacar directamente as
contas das familias máis pobres, para as que estas tortillas
constitúen a principal inxesta calórica.

No terreo empresarial surxiu fai pouco una controversia con respecto o
aumento da participación da petroleira estatal Pemex en Repsol, que
amais dese 5% de acción acordaba uni-lo senso do seu voto no consello
de dirección con Sacyr-Vallehermoso, unha construtora española cunha
inxente débeda, co que en conxunto acadarían so oito décimas menos do
30% da empresa, cifra na que se verían obrigados a facer una oferta a
totalidade, pero mantendo en todo caso un importante control sobre o
destino da compañía.

Esta alianza, na que subxacen tanto intereses estratéxicos de Pemex
coma a difícil situación na que se atopa Sacyr, ou o conflito que
mantén con Antonio Brufau, presidente de Repsol, foi rapidamente
obxectada por diversos sectores empresariais, solicitando o consello
de dirección que esta fose anulada e denunciando o conflito de
intereses pola presenza de Pemex, que é inversora de Repsol dende fai
máis de tres décadas.

Este hipernacionalismo español no económico esquece o importante
número de empresas do estado que acadaron non so una posición
privilexiada nos mercados latinoamericanos, senón una explotación case
monopolística por medio da compra de empresas locais en multitude de
sectores, dende a telefonía as grandes infraestruturas, sen deixar a
un lado a mesma Repsol, líder na cadea de refinación e distribución de
derivados do petróleo en Latinoamérica. Todo isto facendo virtude do
neo colonialismo rampante desde a derradeira década do século XX ao
que a influencia dos EUA e demais países desenrolados condenou ao sul
do continente.

Sería aventurado afirmar a esta altura que as tornas están trocando,
pero non se pode negar o paulatino decrecemento dunha distancia que
economicamente parecía insalvábel fai non moito, e a reacción tanto
dos medios de comunicación como dos círculos de poder que sustentan a
empresa amosa a negativa a aceptar un status quo diferente do modelo
case colonial co que as empresas españolas encheron o peto en América,
pero que en todo caso xa non existe, tendo en conta que a disparidade
de recursos a favor de Latinoamérica consolídase coma un valor que fai
cada vez máis complicado que estados como España poidan manter os
privilexios no tocante a súa relación comercial.