Xustiza versus xustiza
A sensación que teño de entran nun xulgado e semellante a que teño cando entro nun teatro
Neste mes de verao, parece que todo marcha segundo o esperado... ou mellor.
Afortunadamente a sociedade vai artellando condutas positivas fronte ao que está pasando, que non é mal planeamento.
Un esforzo suplementario terán que facer os que teñen a responsabilidade de fixar o rumbo nestes momentos de treboada. Non parece, segundo se miran as actuacións de corte-recorte-"desrecorte", que os que teñen que trazar un plan e cumprilo estén nesa labor. Seguimos funcionando a golpe de grupos de presión..., de eses grupos que "non presionan aos gobernos", que fan "o mellor para o pais" e que son "serios".
Falando de estamentos serios, hoxe vou derivar ata o mundo xudicial por mor dunha subasta a unha pequena empresa.
Ese é un mundo solemne e "serio". A sensación que teño de entran nun xulgado e semellante a que teño cando entro nun teatro. Hai uns que se suben ao escenario, que se visten cunha roupa que os identifica como da mesma equipa e que utilizan unha linguaxe que fai que un recoñeza que é difícil chegar a un amaño cando chega a eses locais.
O que quero contar forma parte de esas traxedias anónimas que se están a vivir dia a dia e que lle poden pasar case que a calquera que teña unha pequena actividade empresarial.
Isto é unha propiedade inmobiliaria a medio construír, que por problemas de impagos de salarios a tres traballadores (aprox. 20.000 euros) entra nun proceso xudicial. O investimento real é de aproximadamente 400.000 euros. Ante a imposibilidade financeira (non dispón de tesourería e os bancos "non están para iso de deixar paraugas cando chove") de afrontar esas débedas cos traballadores o Xulgado procede a subastar os bens da empresa. Ata este momento todo normal.
O curioso é que esa propiedade é unhas 20 veces superior á débeda, e que sae valorada a subasta en 30.000 euros soamente (10 veces menos do seu valor a prezo de construción, non de mercado), pero cantidade suficiente para facer fronte aos gastos.
Despois de diversas subastas, chega ao final cunha oferta de pouco máis de 75.000 euros e unha segunda opción de 16.000 euros. De tal xeito que se non se depositan os da primeira opción, unha persoa de profesión "subasteiro", levará o ben.
Esta é unha secuencia, que define por enriba os procesos que seguen a situacións de creba empresarial; de empresarios con vontade de ser, pero sen formación e sen capacidade psicolóxica para enfrontar situacións problemáticas.
Cando todo se torce..., ata a cabeza deixa de estar no seu sitio.
Pero, dende a miña opinión, non se debería actuar como se ven facendo dende a administración de xustiza.
En situacións económicas tan problemáticas como as que se están a vivir, debería existir un órgano da administración que tutelara esas situacións de flagrante desproporción entre débeda e exixencia. Non vexo proporcional que por unha débeda de X, se malvenda un patrimonio de 20 X. En todo caso que sexa a administración a que se quede con ese ben e estableza un calendario de pago co debedor.
Estamos afeitos a ouvir falar dos empresarios "creativos" tipo Mario Conde ou Ferrán, pero a meirande parte do tecido empresarial galego está formado por persoas con vontade de saír adiante nos diferentes sectores económicos onde están instalados, que cumpren coas súas obrigas coa sociedade, e que son necesarios. E posto que son necesarios, tamén haberá que arbitrar medidas que en situacións como as expostas non sexan "carnaza de voitres". A selección natural xa forma parte da historia nas sociedades modernas actuais, pero aínda quedan ámbitos onde se está a actuar coma si estiveramos no século XIX.
Urxe ter un empresariado comprometido coas necesidades de Galiza, pero tamén teñen que artellarse instrumentos que protexan ás empresas viables de esa xustiza cega, que para defender un prato rompe trinta vaixelas. Son moitos pequenos empresarios (traballadores autónomos o seu pesar) os que están a perder os seus negocios, que ao pechar tamén deixan na rúa ós seus traballadores.
Falta, polo tanto, ese instrumento de mediación e tutelaxe para situacións de crise sostida no tempo. E como esta crise parece que vai para tempo, e o momento de poñerse nesa tarefa.