Xa pasamos a Italia e imos sobrepasar a China...
Temos ao Sr. Zapatero que loita incansablemente polos dereitos dos creadores culturais da elite do desfase
Temos uns gobernos que xa estableceron nitiamente en quén ten que recaer a medicina dos excesos de estes últimos anos de falcatruadas varias (corrupcións, burbulla inmobiliaria, destrución do medio ambiente, créditos lixo, afundimento do sistema bancario, e un longo etcétera). O culpable, din eles por omisión, é o pobo, e polo tanto, é quen ten que pagar todo este destartelo. E parece que leva razón a ese oráculo. Non por facelo directamente, máis por consentirllo a esas élites administrativo-económico-dirixentes. Fai tres anos (meses máis, meses menos), o señor Zapatero, dicía moi ledo aos periodistas, que xa íamos pasar nese ano por diante de Italia, e que íamos pertiño de Francia. Que tremen os gabachos, aplaudían os amigos das baladroadas.
Efectivamente, é posible que nos niveis de corrupción administrativo-política voemos por riba de Italia xa, se non o estabamos no momento que indicaba o sr. Zapatero. Porque en termos económicos e de nivel de vida, aínda nos quedan uns aniños. Eles teñen ó sr. Berlusconi, que é experto en facer cartos e metelos no seu peto, e en usar a erótica do poder para "conquistar" prostis, e nos temos ó sr. Zapatero que loita incansablemente polos dereitos dos creadores culturais da elite do desfase, e que demostrou ser experto en gastar, ein ter en conta de ónde procedían as remesas que ingresaba o Estado (porque a burbulla inmobiliaria, tamén facía que os ingresos do Estado foran moi superiores os que tiñan que ser). "Suave que me estás matando", que dicía a canción. Xa que non houbo capacidade política para frealo, alomenos deberían ter tido a prudencia de ir metendo eses excendentes de aforro nun buraco para cando os tempos mudaran.Pero, claro, todos sabemos que iso non se fixo, e agora xa nos roubaron dous anos da nosa vida para tentar de tapar eses buratos e outros que non din. E seguimos navegando co mesmo capitán. Estes anos de "desfase" de obra pública (moita sen sentido, rachando rúas sen sentido, e facendo outras de deseño) e de boom inmobiliario, fixo que sexamos líderes no capìtulo de "mafías e asuntos escuros". Nada de naves nido, nin solo industrial para novos emprendementos a prezos de "non" especulación, nada de participación de capital público en empresas de contrastada potencialidade xeradora de riqueza e crecemento de emprego; nada de colaboración entre centros universitarios e administración pública para xerar novos ocos de crecemento en sectores punteiros de tecnoloxía.
Nada de sementar para recoller máis adiante. Paseos fluviais, marítimos ou rúas novas para pasear, pero... para pasear quén. En América hai multinacionais que naceron en galponciños e que están a gañar no mercado mundial. Aquí iso é imposible, porque o galponciño é imposible de acadar. Como os que teñen o poder son os pais dos éxitos colectivos, pero nunca dos fracasos, toca que os cidadáns paguen esa incompetencia dos de arriba, coa necesaria, segundo eles, reforma das pensións, que resumidamente fai que todos os traballadores van doar dous anos da súa vida aos paspallases que nos levaron ao abismo.
Eses pais dilixentes, para que non os acusen de "demagogos" non van a recortar ningunha das súas prebendas (de cando España ía a comerlle as papas nun vira vira a Francia). E como somos o que somos, decatáronse que poden seguir apretando, e como xa superamos no que era campiona Italia (o tema ese das mafias e a chulería berlusconiana dos políticos do que temos tamén unha boa colleita), agora teñen fixado un novo obxectivo, que non é outro que adiantar á China, competindo con ela en salarios e condicións de miseria laboral.
Sacan do peto unha acción para xerar emprego xuvenil (ata os trinta es un rapaz), que posiblemente vai a establecer unha autopista ata o desastre (os antecedentes dos que están parindo ideas non me fai pensar noutra cousa). Recoñezo que aínda non lin a lei, pero polo que se dixo nos telexornais, fálase de incremento de emprego o custe cero en seguridade social para eses contratos. Era o que faltaba para a picaresca das nosas mafias.
Nacerán empresas con contratos de ese perfil, e os mesmos donos, pecharán as que teñen custes laborais maiores (sempre que non establezan unhas proporcións de eses contratos bonificados sobre contratos totais e unha férrea vixiancia). Imos repartindo a miseria. Imos mal, polo tanto. Fai falla máis fol para mudar unha realidade que é a que é por moitas razóns, moitas das cales son froito dunha clase política local que é preguiceira, incapaz e que está a traballar sempre para os seus propios intereses e os seus lobbies, e que nunca da a batalla pola xente que soporta este sistema que quer presumir de demócrata.
Fai un par de meses, falaba neste recuncho, de que son outras sociedades, con menores facilidades de comunicación, as que están a dar a batalla ó Pensamento Único, ao Mercado e o Poder. Os exemplos de Túnez ou Exipto están pertiño de nos. Haberá que ver cómo queda a cousa neses países, pero algo que teñen que ter claro os políticos de aquí é que acabouse iso de facer eleccións, gañalas e "pasar" do que di a xente.
A avaliación terminará sendo permanente, e o que si vai a esixir é comportamento ético e sentidiño económico.Imos baixando o listón do nivel de vida, pero polo momento estamos apalancados como sociedade. O poder vai quitando prendas, ata deixar ó corpo social espido, e argumenta que iso e o máis saudable para a nosa condición, mentres eles seguen mercando os mellores ternos para "güapear". Esta sería a hora de facer cambios verdadeiramente democráticos, como o de modificar a lei hipotecaria de tal xeito que cando se hipoteque un ben, esa prenda sexa a que responda do creto, e non a persoa con todo o seu patrimonio presente e futuro. Iso é así noutros países como Alemaña, USA,..., por qué aquí non podemos ser cidadáns como eses onde "reina" o sr. Mercado. Seguridade xurídica si, pero de agora en diante, tamén ética económica neste e noutros moitos asuntos. Van ter que mudar moitas cousas en pouco tempo, pero no sentido contrario no que se están dando, porque por moito que "vistan á crise de seda, crise vai seguir sendo", e nas rúas e descontento vai medrando. E que lle quede claro as nosas elites. A xente quer cambios, pero non eses cambios. E téñense que facer máis pronto que tarde. Oxalá comezaran xa eses cambios, pero co rumbo que levamos, parece que vamos a ter que pelexalos duramente.