VI Xornadas Agrarias Galegas: Precisamos que o rural viva
14 de decembro de 2010 (23:00 h.)
A conservación e potenciación dos recursos e valores do noso rural non é unha necesidade ideolóxica do nacionalismo, é iso e moito máis
Nun momento de atolondramento xeneralizado da poboación coa anestesia da imbecilidade mediática, moita xente non percibe o que ten diante dos fociños. Non estamos, polo xeral, sendo capaces de percibir o que perdemos cando se perde o rural galego.
A conservación e potenciación dos recursos e valores do noso rural non é unha necesidade ideolóxica do nacionalismo, é iso e moito máis. É unha necesidade para a supervivencia de moitos e moitas que nin sequera se decatan do problema.
Precisamos o rural para propios e para estraños.
As VI XORNADAS AGRARIAS GALEGAS que se celebrarán no Hotel Carlos 96 de Melide na tarde do día 17 de decembro e durante o día 18, retoman -nun momento delicado para o rural galego- a iniciativa de poñer en común os problemas do noso rural entre os propios protagonistas.
Na primavera do 1983 técnicos colaboradores do agrarismo e do sindicalismo agrario galego inician estas xornadas anuais. Anos despois a Comisión Nacional de Política Agraria do BNG periodicamente realiza xornadas sectoriais nas que se debaten os problemas do momento no noso rural e se perfilan propostas de futuro. E xa na etapa da Consellería Nacionalista intensifícanse estes debates tratando de levar á práctica transformacións importantes no noso rural como as UXFOR, o BANCO DE TERRAS, ou o CONTRATO DE EXPLOTACIÓN SUSTENTABLE.
Xuntar a máis de mil parceiros de montes en Silleda para debater a posta en produción e a ordenación dos seus montes, ou a máis de dou mil na Fonsagrada para potenciar a producción de carne de vacún foron fitos relevantes.
A Comisión de colaboradores da Federación Rural Galega (FRUGA) levamos varios meses traballando para non deixar ao hermo un leiro que o nacionalismo sempre cultivou con primor: O da investigación e extensión agraria e forestal. Con isto non queremos ter a exclusiva; sabemos que existen entidades e persoas dentro e fóra do nacionalismo que partillan as nosas preocupacións. Por iso mesmo o programa das xornadas agrarias o asentamos en tres criterios básicos:
-1º Que os debates se fundamenten en estudos de casos concretos. Explotacións reais.
-2º Que os técnicos e os responsables das facendas traballen e debatan conxuntamente.
-3º Debater o futuro do rural galego máis aló do simple rendemento pecuniario e máis acó dos seres humanos que viven por e para as actividades do noso medio rural.
RETOMAR A VALORIZACIÓN DO RURAL GALEGO
Non deixa de chamar a atención que unha parte dos conferenciantes daquelas primeiras xornadas do ano 1983 volvan a selo no 2010, e de que temas como a Política Agraria Común ou a necesidade de ordenación da base territorial e dos cultivos repitan como debate fundamental. Aínda así -diría o filósofo- "nunca nos bañamos dúas veces no mesmo río". O noso rural, neste intre, é moi diferente tanto no seu medio físico como humano do de fai trinta anos. De feito a maioría dos titulares de explotacións que participen nas xornadas non eran titulares fai trinta anos, e unha parte importante dos e das colaboradores técnicos son persoas novas e ao mesmo tempo cualificadas e experimentadas. Tamén mudou moito dende aquela a tecnoloxía, pero non vaiamos a pensar que o feito de que mudaramos de tractores agrícolas de cincuenta a cento vinte cabalos ou do cántaro do leite ao enfriadeiro, supón que a seguranza e a satisfacción dos labregos ou labregas mellorou na mesma proporción. A técnica é unha cousa e organización da convivencia humana e o uso e distribución deses recursos da natureza outra ben diferente. Repasando os debates das primeiras xornadas percíbese como dos dous obstáculos que "groso modo" se presentaban diante do agro galego cara a integración na CEE; o técnico e o político, foi moito máis doado de superar o primeiro que o segundo. Recordemos senón os debates que xa tiñamos daquela con tal Sr. Colino. E onde se quedaron curtos, incluso os máis pesimistas, foi nas previsións demográficas, non exclusivamente da nosa poboación ocupada agraria si non na simplemente rural. A desfeita demográfica do noso rural é un fenómeno que afecta fondamente ao noso futuro como país e debemos abordalo sen presas pero sen pausas. A modo de exemplo comentábame fai poucos días o Alcalde de Poboa de Brollón que no pasado ano nacera un só neno no seu Concello. Un Concello de máis de dous mil habitantes coa metade da poboación xubilada e a outra metade camiño do mesmo. Claro que para resolver o tema de que non haxa moitos xubilados vannos traer uns tratantes de Xudea, acompañados duns reis de Madrid, uns agasallos polo Nadal que nos permitirán a todos, (excepto a un conxunto de privilexiados que se dedicarán a menear a bolsa) estar en activo deica morrer!...
Sendo fieis á nosa visión positiva do rural galego debateremos nestas xornadas na base de que ademais das actividades estrictamente agrarias no noso rural existen outras moitas fontes de valor que defender, pero non como substitución da actividade agroforestal si non como complemento.
SENTIDIÑO FRONTE AO MERCADO
Ese gran deus que chaman mercado, tan maligno e xusticeiro, e que por enriba remata de ter un parto múltiple, "os mercados", leva tempo a facer estragos no noso rural, e particularmente entre a xente moza. Sen negar, porque é dogma, que estamos dominados por estes "malignos"; movidos por detrás por outros demiños de dúas patas, o que non debemos deixar é que no rural e nas explotacións agrarias soamente cheguen os representantes do mercado. É imprescindible que cheguen tamén representantes do sentido común e coa suficiente conciencia crítica para que fomenten que se merque con prudencia, que se aproveiten os recursos e que se poña por diante a dignidade e a felicidade das persoas que a fantasía de futuras falsas riquezas. Polas terras do Xallas andan profetas interesados destes demos mercantís a quentarlle a testa a xente nova con ladaíñas como: " Farémoste grande empresario profesional, rico, competitivo e por enriba dos miserables que teñen ideas políticas". Ou sexa que ricos non acabarán, pero fachas seguro.
Ou si queremos outra boa e lamentable demostración, polas terras de Lugo e Sarria alguén veu, disque de Portugal, cun suposto "bingo piramidal" axudando a facerse ricos, seica, a moita xente que xa estaba hipotecada. O resultado de ter tanta fe nos negocios invisibles xa sabemos cal foi. Non será mais razoable ter máis fe nos negocios discutidos e razoados con xente con experiencia? Claro que a fe cega no mercado do diñeiro tamén leva aparellado moitas veces a fe tola de que mentres ti estarás no ceo da riqueza outros padecerán nos infernos da miseria... Tamén será bo falar algo en Melide do que din que é o menos común dos sentidos...
COMPARTIR E EXTENDER MILLORAS.
Intensificouse estes anos polo noso rural outro dos dons que reparte a cotío a dinastía das deidades mercantís. O don da competitividade e os sentimentos da ambición e da envexa. Afortunadamente as nosas xentes do rural e os nosos labregos e labregas aínda se seguen xuntando, aínda seguen xantando xuntos, aínda seguen facendo cursos, mantendo cooperativas e repartindo entre familiares e amigos moitos e abondosos productos de calidade. Aínda así a mensaxe de ser máis rico, máis poderoso e máis hábil para os negocios que o veciño do lado está moito máis presente que as mensaxes racionais, civilizadas e humanizadas. Non se trata de recomendacións moralistas, senón dunha necesidade sociolóxica, política e até biolóxica. No rural queda pouca xente, con moitas necesidades e moi esquecida, ou se une ou perece.
Xuntarse para poñer en común problemas e solucións é unha vella receita do noso rural que non debemos esquecer. É urxente restablecer a colaboración de labregos e técnicos neste intre en que a Xunta do PP está desfacendo esta relación para acabar o máis pronto posible co noso rural. Como moi coherentemente lle comunicou o Sr. Director Xeral de Montes, D. Tomás Fernández Couto aos representantes das Comunidades de Montes: "Os montes xa os poñerán a producir os bancos cando lle conveña, nada de asociación veciñal, nada de intervención pública"... O malo é que nunca tanta intervención houbo da Administración pública para facilitarlle aos bancos que nos atraquen a pracer.
O P.P. non quere técnicos, nin xuntanzas, nin vida intelixente no
rural. Como dicían en tempos moitos cregos: "Para que precisan os nenos saber ler e escribir. O catecismo apréndese de memoria e con iso chega?". Para os que dirixen o P.P. e tamén o PSOE alí en Madrid (aquí non hai directivos) o rural galego poucos votos vale...
Afortunadamente no rural galego hai moita vida e temos que facer que haxa moita máis; para nós e para os que veñan detrás.