Un rescate bancario innecesario e custoso

É preciso explicar as causas da dependencia do sector financeiro ás axudas públicas, e o porque do fracaso das continuas reformas

A cidadanía está incrédula ante as continuas inxeccións de diñeiro público á Banca que ademais teñen coma consecuencia duros recortes sociais. É preciso explicar as causas da dependencia do sector financeiro ás axudas públicas, e o porque do fracaso das continuas reformas.    

A reforma do sector financeiro continuada segue os requisitos impostos por parte da UE, o actual “RD 24/2012 de reestruturación e resolución ordenada de entidades”, é un decreto continuista na liña dos anteriores decretos do FROB.                

Os problema principais do sistema financeiro do Estado Español eran tres: o sobreendebedamento das entidades, prestaban aquí pedindo a súa vez diñeiro no exterior fundamentalmente á banca europea; un capital, inzado tamén de débeda, que era insuficiente para cubrir a posible morosidade en tempos de crise; e unha sobre exposición ao sector inmobiliario.                    

As distintas reformas, tamén esta última consistiron basicamente en inxectar capital con cargo ao erario público, coa condición de reducir capacidade para non afectar á “libre competencia”.                    

É doado de entender que si unha entidade ten un exceso de sobreendebedamento o único xeito de equilibrar o seu balance é reducir préstamos e/ou captar mais depósitos
.                          

Pola contra e dende o primeiro momento, as axudas á banca tiveron coma contrapartida un recorte da súa capacidade (pechando oficinas e despedindo masivamente persoal) e restricións á captación de depósitos. O peche masivo de oficinas tivo un efecto claro, a carteira de préstamos das oficinas pechadas segue viva, mentres que se provoca unha caída de depósitos.                            

A perda de depósitos e as restricións para captalos, xeran un novo problema mais desequilibrios nos balances e mais necesidades de capital.                                

A alternativa ao rescate bancario                    
Cando estoupou a crise das subprime vendidas pola banca norteamericana á banca europea, non lle requiriron aos EEUU que garantira a devolución das subprime vendidas polos seus bancos. 

A banca alemana e francesa son dos principias acredores da banca do Estado Español, unha hipotética quebra de Entidades “españolas” levaría a Alemaña e Francia a ter que rescatar de novo os seus bancos (a débeda da banca “española coa alemana representa o 50% do capital desta última). Neste caso Alemaña e Francia reclaman a transformación da débeda privada en débeda pública para garantir o seu cobro, vaia socios!.                                

As axudas asociadas ao rescate bancario non teñen coma fin “rescatar” entidades, todo o contrario, a novidade do RD 24/2012, é establece por primeira vez a liquidación total ou parcial de entidades.                              

Fronte a vía de reconversión imposta dende Bruxelas o lóxico sería que os acredores, banca alemana e francesa, se fixeran cargo a través dunha quita, dunha parte dos préstamos concedidos á banca do Estado Español, entrando coma contrapartida no capital das entidades
. O Estado non tería que facerse cargo da débeda privada da banca, nin tampouco os pequenos aforradores.                            

No canto de forzar a liquidación de entidades, habería interese en que estas fosen viables, non habería restricións no seu funcionamento preservando capacidade e o sistema financeiro sería mais competitivo coma aparenta desexar a UE.                      

Esta saída nunca estivo enriba da mesa por parte do PSOE nin polo PP, conscientes de que implicaría unha entrada das entidades europeas no sistema financeiro do Estado e polo tanto unha perda de mercado para os grandes grupos bancarios españois (BBVA, Santander). Españolismo en estado puro.                          

Cando o Feijóo chegou ao poder Galiza tiña 2 Caixas (Caixa Galicia e Caixanova) e 2 Bancos (Pastor e Gallego), en tres anos quedamos sen ningunha pero a cidadanía galega terá que pagar a súa parte do mal chamado “rescate bancario”, para gloria de España, Francia e Alemaña. Vaia calote.