Solvencia ou espolio? Sobre o asalto ás caixas
Utilizanse uns criterios de solvencia diferente en función da natureza xurídica das entidades de crédito
Non está en cuestión, así o vimos escribindo desde Outubro de 2008, que o sistema financeiro español está crebado, até o punto de que o Banco de España, no informe anual de 2010 recoñecía para o conxunto do mesmo un furado de 225.000 millóns de euros (100.000 caixas fronte a 125.000 bancos), agora ben, non podemos examinar a solvencia das entidades de crédito atendendo ao core capital ou ao TIER se non reparamos na desvalorización dos activos e da situación real dos balances. O capital ou o TIER son magnitudes contábeis e por iso non son categorías exactas xa que están sometidas a contabilidade imaxinativa, abonda cun apunte nun asento ou outro no balance da caixa ou banco para que fiquen alterados, até o punto de que a totalidade da banca irlandesa situouse no pasado verán por riba do 7% do core capital, anotándose nesa mesma data o Banco Anglo-Irlandés un core do 8,3%. Malia todo, a proba do algodón atopámola nos test de estrés, nos que se esixía un core do 6%, superado pola práctica totalidade do sistema, probas de estrés que se demostraron falseadas pero que o Goberno do Estado segue a tomar como referencia para fixar a solvencia de cada unha das entidades. Acabaramos. Se os responsábeis de economía do Goberno pretenden garantir a solvencia do sistema financeiro, comezarían por proceder á limpeza dos balances do mesmo, determinando a desvalorización dos activos mediante unha taxación a prezos de mercado, clarificando que partes destes se corresponden con impagados e non con recapitalizacións e, fundamentalmente, ofrecendo información veraz sobre o estado de bancos e caixas que nada teñen a ver co resultado dos test de estrés.
Porén o máis grave non é que se tome un punto de partida falso como son as probas de estrés senón que se alteren regras de xogo no medio do proceso; que se adiante a entrada en vigor, mesmo distorsionando, os criterios de Basilea III, que se criminalice as caixas fronte aos bancos e, de xeito destacado, que se fixen uns criterios de solvencia diferente en función da natureza xurídica das entidades de crédito.
Cando e porque deixou de ser solvente a fusión galega avalada e aprobada polo regulador estatal do Goberno de España? Se atendemos aos criterios de solvencia que manexa a ministra Salgado, con todas as reservas que merece o concepto de core capital, o core da Novacaixagalicia situase nun 8,7%, por riba do 8,2% do banco base (O SIP de Caja Asturias e a CAM) e mesmo do banco de Santander (8,5%). Ninguén dubida da situación de dificultade da fusión de Caixa Galicia e Caixanova, sen embargo, o seu core capital é superior ao da case totalidade das caixas e do SIP coa excepción das bascas, de Ibercaja e Unicaja. Pénsese tamén que supera en core capital a totalidade das entidades que acudiron ao FROB a recapitalizarse, mesmo de La Caixa, non sendo explicábel a posición derrotista á súa continuidade en solitario e tampouco cos medios de comunicación editados en Galiza falseen o seu core, situándoo no 6%. Se cadra o que se agocha tras a información é a intención dunha parte da equipa da entidade de bancarizar e desterritorializar a mesma, así como liberar ao Goberno galego para garantir a súa galeguidade e natureza xurídica. Entendámonos, a curto prazo, o futuro da caixa pasa por aumentar o core en algo menos de 1.500 millóns de euros, cantidade asumíbel vía desinvestimentos para lograr liquidez e vía aportes públicos.
Que motiva ao Ministerio de Economía a adiantar en case 8 anos a entrada en vigor de Basilea III, normativa que incumpren as 20 primeiras entidades de crédito de Europa? Gardámonos a resposta, aínda así non deixa de ser paradóxico que o Goberno do Estado aplique xa unha normativa que establece un core capital que supera de longo o 7% que esixe o Banco Central Europeo para as probas de estrés de marzo próximo a nivel europeo, que penaliza as obras sociais das caixas e que no caso do Estado español, reduce as desgravacións que deveñen da fiscalidade da Lei do Mecenazgo, que aumenta os custes dos servizos bancarios, o que de facto vai ocasionar a perda de miles de empregos, desta vez sen axuda das prexubilacións, no conxunto do sector. Debemos reparar, iso si, que os novos criterios de Basilea endurecen as condicións do crédito así como o acceso á financiación, agravando o problema de liquidez que afecta a particulares e Pemes. Non é real que descendera de xeito brusco o diñeiro que as entidades financeiras destinan ao crédito, simplemente que este aumentou nas operacións económicas que se sitúan por riba da franxa de 1 millón de euros e descendeu nas que se sitúan por baixo desta cantidade. Indo ao que nos interesa, alén das motivacións do goberno para adiantar en vigor os criterios de Basilea III, o certo é que esta normativa vai restrinxir -aínda máis- a liquidez para aqueles sectores da poboación que a día de hoxe xa teñen máis problemas para acceder ao crédito.
É certo que as caixas se atopan nunha situación de dificultade maior que os bancos? Hai de todo, como en botica, até o punto que de ser reais os datos recollidos no informe anual de 2010 do Banco de España o furado de 225.000 millóns, dos que 125.000 se corresponden cos Bancos e 100.000 coas caixas. Se adoptaramos como noso o particular criterio de solvencia do Estado, outra vez o core capital, observamos como -por exemplo- o core capital de Novacaixagalicia, o 8.7% é superior ao da outra entidade galega, o Banco Pastor (8,46%) ou como Bankinter (6,47%) se sitúa á cola do Estado nesta magnitude, encabezando o ranking de core Unicaja (13,1%). Do que non temos dúbida é que a cantidade de 20.000 millóns de euros é insuficiente para recapitalizar o sistema financeiro, entre outras cousas porque o burato do mesmo, unha vez actualizados os seus activos a prezo de mercado supera de longo os 350.000 millóns de euros. Así as cousas non é de recibo que se nos intente convencer de que é posíbel unha recapitalización do sector pola vía da inversión privada cando a propia banca española veu como en 2010 a súa capitalización se desmoronaba até o punto de perder nalgún caso máis do 20% da súa cotización bursátil. Non correrían sorte distinta as caixas no caso de saír a bolsa nun escenario como o actual posto que o capital desprázase a onde pode obter beneficios non sendo precisamente o sistema financeiro español o mellor sitio para acadalos.
Como explicar que se fixou un core capital do 10% para as caixas e do 8% para a banca? A resposta teraa Botín e Francisco González e os 40 oligarcas que departiron co Borbón e Zapatero apadriñados polo ex-ministro Serra. O trato desigual que se establece para caixas e bancos acada o réxime do absurdo co réxime específico que se fixe para cooperativas de crédito e caixas rurais, que si poderán acudir ao novo fondo cun core do 8% sen ter que bancarizarse. Aclarado xa as dificultades para acadar financiamento privado para bancos e caixas nos mercados bursatiles, tampouco pode servir de argumento, que os primeiros teñen máis doado o acceso á financiación no interbancario, cando este segue fechado a cal e a canto para o conxunto do sistema financeiro no seu conxunto. Abonda como exemplo que no 2010 as entidades que máis diñeiro recibiron do Banco Central Europeo foron as do Estado Español até o punto de representar o 38% do total do prestado polo regulador europeo.