Reactivar a política, entender a política (II): A importancia do partido
14 de marzo de 2011 (23:00 h.)
Temos que volver a rescatar a idea do que debe significar o partido para intentar rachar coas ideas e cliches tan asimiladas por todos
A miña preocupación polas ideas que esperta a palabra "política" na sociedade é crecente. Non acerto a entender claramente porque hai tanto sentimento de desafección política, sobre todo entre a mocidade, que nunha parte importante entende a política como corrupción e interese particular, fronte o que antes implicaba ser un militante político, unha persoa comprometida co cambio social.
O que máis chama a miña atención é toda a negatividade que xera a cuestión organizativa e estrutural da organización de ideas. É dicir, todo os sentimentos de recelo que espertan estas dúas palabras: partido político .
En relación con isto existe un ensaio de Terry Eagleton titulado "Lenin, na era posmoderna" que achega unha visión, dende o meu punto de vista acertada, do que debe representar este concepto nesta sociedade actual.
Achego un fragmento: "...entón que pasa co que para todo o mundo foi unha contribución importante? Que pasa co partido e coa estrutura do partido? Segue estando aquí o significado de Lenin? Sen dúbida isto é así, agás polo feito de que nos nosos días non hai ninguén que queira introducir a cuestión ou mencionar o inmencionábel: o termo "partido". A palabra semella albergar lecturas e asociacións que a mentalidade actual rexeita con profundo desagrado. En primeiro lugar o autoritarismo da primeira forma do partido de Lenin, despois a violencia asasina da era Stalin e finalmente a corrupción do partido de Brezhnev. Todo iso presentásenos como unha horrible lección obxectiva do que sucede cando algún partido acaba incrustado no poder.
Mais as novas situacións históricas esixen novas ideas sobre organización e acción política, pero ás veces a apelación ao cambio histórico é pouco máis que un escusa para evitar o conxunto de estes problemas. Nun período cuxa atmosfera política é en grande medida anarquista, pensar en organización resulta desagradábel e pensar en institucións moito máis. Esta é polo menos unha das razóns do éxito da idea de mercado: prometer orde social sen institucións."
O que achega o autor é, na miña opinión, o que utilizan moitos para desacreditar a idea da necesidade de partidos:
1. Establecer a idea da parte polo todo. Como a estrutura de partido que Lenin propoñía rematou na corrupción, todos os partidos están abocados ao mesmo fin. Mencionaba no artigo anterior o empeño de certos sectores por facer chegar á sociedade civil a idea simple de que todos os partidos son iguais sen atender á realidade da praxe política. A razón é moi sinxela, é máis doado estender estereotipos dese tipo que tentar procurar claves analíticas que axuden a interpretar as diferenzas entre uns e outros.
2. O cambio na historia esixe novas formas de organización. De novo vólvese a introducir a idea da necesidade de novas vías de intervención social. Non me parece mal isto, o que si semella inapropiado é que sexa como substitutos das antigas formas de organización política (nomeadamente partidos) que aínda teñen moito que facer. Moito máis neste intre, onde se demostra que desregularización que propón o mercado non funciona e que é necesario recorrer a vellas formas de organización que foron tildadas por moitos como anacrónicas.
Pero sen dúbida a mín o que máis me interesa é a onde nos leva esta idea do trasnoitado dos partidos políticos tan incrustada na poboación (ou é que ningún de vós foi sinalado como sectario por acreditar no partido?)
Coido que temos que volver a rescatar a idea do que debe significar o partido para intentar rachar coas ideas e cliches tan asimilidas por todos a cerca dos partido e da súa utilidade (e lembremos sempre a quen lle interesa seguir adomercendo e domesticando á sociedade civil) Neste senso, semella axeitada a definición de Badiou, que considera o partido "como unha combinación entre función instrumental e representativa". Intrumento para unha nova orde social máis xusta, e representativa de todos os que queremos que chegue o cambio.
Esa idea é a que debemos ter de partido e non deixarnos convencer por argumentos que empregan entre os seus razonamentos palabras como: sectarismo, control, corrupción ... Os que empregan istes manidos adxectivos son os que ao final acaban sendo creando conceptos novos de partidos que desvirtúan a necesidade de organización deixando o camiño libre para cumprir os seus obxectivos.