Radiografía íntima da crise
02 de decembro de 2011 (23:00 h.)
Non virá de fóra remedio nin esperanza
A situación de fondo
"No capitalismo actual hai clases sociais, e hai loita de clases. O que sucede nestes tempos é que a nosa clase (capitalista financieira), está arrasando ás demais clases sociais". Palabras de Warren Bufett, o financieiro máis rico do mundo. Sabe ben de que fala.
"O problema de Europa é político". Pois claro, pero no sentido profundo do término, ou sexa, que clase social e que estados provocan e manexan a crise para explotar outras clases sociais e a outras nacións e estados.
Para empezar, por que hai tan tremenda crise na eurozona? Se as razóns fosen como din e repiten a débeda pública e o déficit público, Estados Unidos, Xapón e o Reino Unido terían que estar nun crise tremenda, arruinados e rescatados, pois teñen uns datos bastante peores que a media da eurozona e, incluso, que algúns dos estados que, segundo eles, provocan o problema: Grecia, Portugal, Irlanda, Italia, Estado Español.
Se Xapón, USA e Reino Unido resolveron ou trampearon, mal que ben, a crise financieira, porque Europa, a eurozona, non as resolve cando é relativamente menor? Porque os que mandan en Europa, Alemaña e o capital financieiro, forzan a crise para empobrecer aos traballadores e aos pequenos e medianos empresarios, sobre todo dos estados e nacións que chaman "periféricas", co fin de aumentar os seus beneficios.
Modus operandi
Van preparando o terreo, asustando antes, adoptando medidas, e vendo as reaccións; mentres as clases traballadoras e pequenos e medianos empresarios non se opoñan seriamente, mentres sigan apoiando ao PSOE ou ao PP, non ven perigo, seguen e seguen apertando, seguen transvasando cara o capital financieiro.
Mentres tanto usan a maquinaria propagandística a tope, intoxícanos con mentiras e máis mentiras, para convencernos de que todos somos culpábeis da crise, que ninguén é inocente, que todos temos a nosa parte de responsabilidade e que temos que asumir as consecuencias.
Dinos que na crise xorden oportunidades, que hai que ser emprendedores: ou sexa, que se temos problemas é porque non sabemos buscarnos a vida, pois oportunidades hai.
Até botaron man da fe reforzada, de crer no contrario do que vemos;
trataron de dicirnos que era unha crise de confianza, ou sexa que a culpa era de quen perdía ou podía perder o traballo, ou de quen sufría no seu negocio ou empresa, por non consumir, por non confiar nos milagreiros santos da UE e do euro. Dá igual que sexan uns santos falsos, o asunto é ter fe.
Tratan de convencernos de que vivíamos por enriba das nosas posibilidades. Vamos, que somos un viciosos por querer ter un traballo digno, unha pensión razoábel, unha empresa que nos dea para vivir, ou que Galiza poida producir.
O que nos están a dicir é que temos que empobrecernos para engordar as ganancias do capital financieiro e do centro de Europa. Iso é o que nos están a dicir!!!
Din que estamos en mans dos mercados. E teñen razón. O PP e o PSOE apoiaron o artigo 123 do tratado de Lisboa, así como a reforma da Constitución Española no que se lle dá prioridade á oligarquía financieira sobre os estados e sobre os cidadáns. Estamos en mans dos mercados porque nos puxeron eles, o PP e o PSOE!!!.
Queren tomarnos por parvos, queren facernos parvos, axitando os tabús da Unión Europea e do euro que son os que nos están arruinando.
Euro e Unión Europea, ruína do pobo galego!!!
E todos a falar da "prima"
Fannos tremer cada día coa prima de risco: ao que sempre se lle chamou usura. O Banco Central Europeo préstalle aos bancos ao 1,25%, aos estados non, aos bancos si. A banca, despois, préstalle estes cartos aos estados ao 6 ou 7%, cando non ao 100% como fan con Grecia, e, para pechar o círculo, o BCE recómpralle a débeda aos financieiros unha vez que eles deron o pelotazo usureiro.
Antes metíannos medo co lobo, agora métenno todos os días coa usura.
E si que é feroz a usura, moito máis feroz que o lobo!!! Moito máis!!!.
Que espectáculo! Xa nin as formas gardan
Reúnense Merkel e Sarkosy entre eles para comparar as ordes que lle deron os financieiros alemáns e franceses. Se estas ordes son parecidas, hai acordo. Se non o son, pois tamén, o que diga Merkel.
Despois fan as Cimeiras Europeas ás que asisten os demais xefes de estado e de goberno para escoitar as ordes que lle transmiten Merkel e Sarkosy.
E veña, a obedecelas sen rechistar!.
Que ordes dan? Austeridade e recortes, ou sexa medidas para restarlle ingresos, tanto directos como indirectos en forma de prestacións públicas, aos asalariados, autónomos, pensionistas e pequenas e medianas empresas, e ás nacións e estados dependentes para transferirllos ao capital financieiro e a Alemaña.
Cando se poñen finos chámanlle consolidación fiscal que aínda dá máis medo: soa a confiscar e a iso se parece.
Se os mesmos que mandaron primeiro por diante a Merkel e Sarkosy a recetar austeridade e recortes, ven que algún Estado non mostra a dilixencia debida en cumprilas, pasan directamente ao ataque especulativo encubertos no "mercado" e poñen ao país ao borde da ruína.
Cando a un Estado xa o levaron a ruína, dánlle a alternativa do "rescate", é dicir, aplican desde fóra as mesmas medidas de espolio, pasan a controlar directamente a súa economía e a súa política. Se un estado non usa a súa soberanía para cumprir as ordes, quítanlle a soberanía !
Até onde van chegar?
Canto pretenden empobrecer ás clases traballadoras, empregados e pequenos empresarios e aos estados e nacións periféricas? Todo o que poidan, todo o que sexa necesario para as ganancias, para a avaricia sen fin dos financieiros.
Canto lle tocará a cada quen? pois variará segundo o peso que se teña e a forza que se faga. En Grecia pode chegar ao 50%. E en Galiza podemos andar cerca.
É unha cadea; os máis fortes roubándolle aos máis débiles, e canto máis débil e submiso máis lle roubarán. Por si alguén se esquecera de que segue a existir a dominación imperialista e a dependencia colonial.
Non lles importa meternos nesta terríbel crise, cada vez máis fonda, que padecemos todos día a día. A oligarquía financieira e Alemaña saen beneficiados!!!
Canto tempo imos estar así?, canto vai durar a crise? Pois o tempo que sexa necesario para sangrar aos traballadores e pequenos e medianos empresarios das nacións e estados periféricos.
Xa falan dunha década. Xa o dixo Merkel, vai ser lento e doloroso.
Pero hai outra posibilidade alternativa á ruína e ao empobrecemento sen saída. Outra política é posíbel sempre e cando as clases sociais e as nacións que padecen a agresión actual disfrazada de crise, actúen en defensa dos seus intereses coa mesma clareza e firmeza coas que actúan os que nos meteron na crise.
A agresión a Galiza como nación e a todas as súas clases traballadoras está sendo brutal; aplicarémonos en darlle a resposta acaída ou teremos outras preocupacións máis transcendentes?