Que pensan os premios nobeis da crise?
11 de novembro de 2011 (23:00 h.)
Jean Ziegler «É preciso un Nürembreg dos especuladores»
As propostas destes estudosos e analistas da economía, defensores acérrimos do sistema e en certa medida do libre comercio, para nada son coincidentes coa propostas financeiras que se están aplicando na Europa, os amos dos cartos. Moitos destes, que tanto abrazaban o libre comercio, ao dia de hoxe, manifestan a necesidade de intervir na economía, de regular a mesma. Ollan atónicos como os seus pensamentos até agora funcionais para os oligárquicas, rebenta polo impulso da realidade. Búscanlle saída para que o monstro non rebente de indixestión. Mais, tarde piaron. Os oligarcas da economía, pouco caso lles fan, e parece que prefiren seguir ao seu; acumulando riqueza até afogar na mesma. Así veñen actuando no últimos anos, gañando cartos a custa de provocar crise e miseria na maioría dos pobos e sociedades. A galega, padéceo mais que ningunha.
Algúns nobeis, son sensatos e propugnas propostas e saídas a situacións, que en certa maneira veñen a abalar as propostas dos que somos alternativas a un sistema, caduco e sen alternativas. Asi Krugman, manter con toda claridade que a situación non se supera con políticas de severo aforro senón que son necesarias inversión en infraestruturas, en sectores produtivos e non naqueles sectores da economía que atrofian estes, como son os especulativos. Que é necesario non permitir caer o poder adquisitivo, para manter o consumo. Proposta enfrontada aos paladíns desa patronal -que pouco interese e menos defensa fai, das pequenas e medianas empresas- que propón reducir os salarios. As patronais dos oligarcas, non xogan ao lado das pequenas medianas empresas, cando propoñen rebaixar os salarios ou abaratar o despido. Moito menos cando non defenden os sectores produtivos coa enerxía necesaria. Outro galo cantaría para os sectores produtivos galegos, se a patronal tivese un comportamento mais incesívo na defensa destes sectores e da nosa economía.
Apalancar ou inverter en sectores no produtivos leva irrefutabelmente a destrucións do tecido empresarial e dos postos de traballo. A situar a nosa economía, cada día que pasa, nunha crise mais profunda. Acaso non é verdade, que as medidas que teñen aplicado os oligarcas nestes últimos anos, non fan mais que agravar a situación. Hoxe estamos pero que onte e maña, peor que hoxe, de seguir este estado de cousas.
Estou convencido que é mellor baleirar as arcas das administración, si iso vale para crear postos de traballo e recuperar as economías produtivas, para manter os servizo públicos, a telas cheas para presumir de riqueza. Non comparto a idea de que as administracións funcionen como avariciosos amos, amontoando cartos, mentres a miseria se incrementa.
Joseph Stiglitz, alértanos sobre o risco do colapso das macro-economias como froito da inestabilidade política e económica, para este, o esquema económico está esgotado por inxusto coas maiorías. Propugna a necesidade de contar con banco independente e representativos e que non conten con ningún actor dos mercados financeiros. Nos dicimos Banca Pública Galega.
Para este a austeridade fiscal e financeira, son suicidas, cando se abusa delas, Grecia é un bon exemplo, e esta onde, entre outras causas, por limitar, a súa capacidade de competitividade e desenvolvemento produtivo. Na nosa sociedade, a galega, é vital fortalecer a nosa economía e mercado interno, con sectores con poder adquisitivo, o que esixe salarios dignos.
Remato, recollendo as opinións de autorizadas persoas: James Galbraith, William Blake, George Akerlof e Joseph Stiglitz, afirman que «é imprescindible meter no cárcere a algúns banqueiros», para empezar a recuperacion económica; ou como manifesta Jean Ziegler -que foi relator especial de Nacións Unidas para o dereito á alimentación durante o período 2000-2008- «É preciso un Nürembreg dos especuladores».