O país dos polos sen cabeza e sen corazón?
O resumo destes anos é o do Gran Tobogán. Canto máis ricos pensabamos que eramos, máis probes nos volviamos
Nestes días parece que estamos vendo mudar cousas relativas ao mundo das hipotecas, coa presión que están a facer os medios de comunicación, despois de varios suicidios de persoas que ían ser desafiuzamento das súas vivendas.
Certamente é necesario modificar as leis que regulan as hipotecas, axeitándoas á realidade dun mundo financeiro máis complexo, mudando o que sexa necesario para que non se volvan a dar situacións que fagan pasar aos individuos dos sonos aos pesadelos da vivenda.
O resumo destes anos é o do Gran Tobogán. Canto máis ricos pensabamos que eramos, máis probes nos volviamos.
Asistimos neses anos pasados ao mundo marabilloso do capitalismo. Ese onde ninguén era da clase traballadora, todos eramos –polo menos- clase media. Agora todo volta a ser como nos oitenta, pero un pouquiño máis cor mate que daquela.
E coa mala dixestión de pensar que éramos unha cousa e estamos chegando a ser menos da metade de iso ao que aspirabamos.
Agora imos todos a salvar aos que non poden pagar as hipotecas (veremos ao final a cantos lles afecta esta medida, seguro que a moitos menos dos que se pensa). Agora parece que existe o problema, cando é un problema, os dos desafiuzamentos, que xa leva moitos anos esnaquizando as vidas dos que van caendo pola parálise económica.
Polo que se hai que mobilizar, ademais, é para que o traballo volva a ser unha actividade a practicar diariamente polos cidadáns, con uns salarios dignos que posibiliten pagar o que se consume ou os cretos que se solicitan.
O máis lonxe do que necesita en este momento a sociedade por parte dos políticos é a caridade. Non pode ser que estando onde estamos vivamos pendentes dun xesto duns “próceres conseguidores”. Xa abonda. Primeiro recortan dereitos e despois establecen medidas de graza.
Traballo digno con un salario xusto. Nada máis e nada menos. E despois que nos deixen vivir cunhas leis que nos respecten como individuos e como pobo. É iso moito pedir?
Está ben iso de que os ricos moi ricos de esta terra doen parte das súas rendas á comunidade (estoume a referir ao Sr. Ortega, o dono de Inditex), pero habería que dicirlle que ademais de dar peixes para resolver de xeito inmediato, él, coa súa Fundación, está en condicións de mobilizar moitas “canas” para que sexa a poboación a que colla o peixe, xa que a súa empresa é unha das máximos beneficiadas de este capitalismo deslocalizado. Oxalá a súa Fundación olle na nosa terra as palancas necesarias para que esa axuda sexa multiplicadora e non soamente caridade.
Necesitamos ese músculo financeiro para que restitúa ao pobo ese traballo que non debe faltar nunha comunidade social e economicamente san.
Coa creación do traballo volverá de novo a riqueza. Volveremos a poder cumprir cos nosos compromisos persoais e financeiros, cumprirase cos cretos bancarios e tamén se pagarán impostor, eses impostos que deben servir para axudar aos que menos teñen e que necesitan verdadeiramente da colectividade.
Eses son, nesta crise, os grandes perdedores.
Esa muller con discapacidades varias, entre elas a da cegueira, que vivía coa súa nai ancián, e que morreu ao tempo que ela, xa que dependía de ela para case que todo e que foron atopadas aos catro días do seu falecemento na súa vivenda, tería que facernos pensar cara a onde imos.
Como case que ninguén se ve nunha situación semellante ao de esta familia, é de estas situacións que a todos entristece, pero que moi poucos a collen como bandeira.
Unha sociedade que aspire a algo, ao que sexa, non pode permitir que pase isto. Se o permite e non se levanta e cómplice do sucedido. Aquí non caben interpretacións de si se firmara un contrato ou se entendía de temas de finanzas.
Aquí se traslada polos medios de comunicación, que unha persoa ancián coas súas facultades moi deterioradas pola súa mala saúde, coidaba da súa filla, con minusvalía psíquica e física que lle imposibilitaba valerse por si mesma.
Con ser os desafiuzamentos un problema social e económico moi grave, permítome hoxe falar de este caso de desatención social que me queima por dentro.
A onde estamos chegando como civilización?
Non quixera pensar que levamos o mesmo camiño que no tema económico, que canto máis ricos criamos ser, máis pobres nos volviamos. Será que nesta postmodernidade, o home moderno soamente quere ver os problemas que lle poden salpicar e non quere ver os que pensa que non vai a ter nunca. Aínda en situacións de crise económica, hai cousas que non son negociables, entre elas a atención a persoas que non se poden valer por si mesmas.
O mércores haberá unha Folga Xeral. Eu estarei na manifestación e os meus pensamentos irán para os que buscan traballo dia a dia e para os que non o poden buscar porque dependen da sociedade na que viven.., e na que teñen que seguir vivindo a pesar da crise.
Dignidade, Xustiza e Traballo, pero antes que nada DIGNIDADE!