Os tempos mudan mais a explotación de clase non
A CIG, o nacionalismo galego, tense mobilizado contra a reforma laboral e a reforma das pensións, levando adiante dúas folgas xerais en Galiza
Estamos neste 10 de marzo de 2011, a celebrar un ano máis o DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA, para conmemorar e render homenaxe ás vítimas da represión franquista do ano 72 en Ferrol, e de forma especial a Daniel Niebla e Amador Rei que pagaron coas súas vidas, como tantos outros traballadores e traballadoras ao longo da historia do movemento obreiro, a valentía de saír a rúa a defender os seus dereitos como clase. Se en calquera circunstancia compre lembrar estes feitos para que todo o mundo, especialmente as novas xeracións de traballadores e traballadoras, teña presente que os dereitos, a mellora da calidade de vida e condicións de traballo, houbo que conquistalas a base de moito traballo, organización, loita e sacrificio, por parte das clases populares e, particularmente da clase obreira, cobra especial interese facelo nestes momentos en que existe un ataque tan brutal do poder contra os dereitos da clase traballadora.
A CIG, o nacionalismo galego, tense mobilizado contra a reforma laboral e a reforma das pensións, levando adiante dúas folgas xerais en Galiza, nos últimos seis meses, cun notábel éxito de participación, en circunstancias económicas, políticas e mediáticas moi adversas, o que pon de manifesto da existencia dun sector importante da clase traballadora galega disposta a responder a estas agresións e recortes de dereitos e que ten como referencia as propostas e posicións do nacionalismo sindical e político.
Por parte do sindicalismo españolista estase a negociar nestes momentos unha nova reforma laboral, neste caso vinculada á negociación colectiva, na que se busca centralizar e burocratizar máis a negociación, monopolizala, apartala do control e a participación dos traballadores e traballadoras afectados, debilitar a posición das centrais sindicais nacionalistas que mantemos unha práctica sindical contraria a súa, en definitiva, unha reforma que vai fortalecer a posición da patronal, debilitar á clase traballadora, matar a negociación colectiva como arma de presión para mellorar as condicións laborais e xerar conciencia de clase, seguindo así fieis ao que ven sendo a súa política de pacto social e de colaboradores necesarios do poder político i económico para manter o actual modelo capitalista.
A celebración do DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA, nas circunstancias actuais, é sen dúbida algunha un bo momento para traer a un primeiro plano da loita sindical e política, obxectivos estratéxicos do sindicalismo nacionalista como son a superación do capitalismo e a conquista do socialismo, así como o facer realidade a plena soberanía política i económica de Galiza. Nun momento en que o poder económico e político se concentra cada vez máis en institucións que funcionan á marxe de calquera control democrático e social ou que o reparto da riqueza é máis discriminatorio e inxusto, privando á clase traballadora de dereitos humanos fundamentais, compre conquistar formas de organización social, económica e política que garantan medidas estruturais favorábeis aos intereses da maioría social. O referente dese novo modelo debe ser unha Galiza socialista e soberana.