Os privilexios fiscais do fútbol
27 de setembro de 2010 (00:01 h.)
Mentres o común dos mortais pagamos relixiosa ou paganamente á Axencia Tributaria, ás sociedades futbolísticas se lles permiten os aprazamentos
"Mentras o común dos mortais pagamos relixiosa ou paganamente á Axencia Tributaria, ás sociedades futbolísticas se lles permiten os aprazamentos a pesar de que non perden o tempo á hora de facer fichaxes multimillonarias"
Como excepción á regra, vou falar de fútbol, mellor dito, da economía do fútbol profesional. Non son seguidora das artes futbolísticas e formo parte dese caladiño sector social que non se ergue do asento cando alguén mete un gol. Prefiro o baloncesto sen dubidalo. Que conste que o meu rexeitamento nasce dos resquemores que me produce un deporte convertido nun negocio financeiro, nunha máquina de facer cartos. Un mercado no que os millóns de euros se pronuncian como quen bebe auga sen se atragantar. Basta con lembrar as fichaxes dos "galácticos" ou das superestrelas do ano pasado que fixeron que persoas como eu nos enteirásemos, a pesar da nosa distancia futbolística.
O feito de que me deteña nesta temática non é algo inocente. Provén da enorme atención mediática que acaparou a moción do deputado do BNG, Francisco Jorquera, aprobada na sesión plenaria do martes 21 de setembro. Unha iniciativa que poñía sobre a mesa a necesidade urxente de que o Goberno central adopte medidas para reclamar aos clubes de fútbol profesional a substanciosa débeda que teñen contraída con Facenda e coa Seguridade Social.
Jorquera logrou por primeira vez no parlamentarismo das Cortes do Estado, un acordo que, sen tapuxos nen reviravoltas, vai directo ao corazón do problema. Reclámanse novas medidas ao Executivo central para que os devanditos clubes sufraguen unha débeda que vai polos 632 millóns de euros, que se saiba.
É hora pois que un deporte que recebe tratamento de "neno mimado" con privilexios de monarquía (que só por nascer xa ten de todo) salde a conta co Estado. É inquietante que ao fútbol profesional non se lle poida perturbar na súa economía financeira debido á súa función de entreter ás masas.
Máis mentres o común dos mortais pagamos relixiosa ou paganamente á Axencia Tributaria, ás sociedades futbolísticas se lles permiten os aprazamentos a pesar de que non perden o tempo á hora de facer fichaxes multimillonarias. Retraso pois para pagar ao fisco, pero ansiedade por facerse coa estrela máis de moda aínda que sexa a prezo de ouro e logo a estreliña rutilante se frustre porque non chegan os goles.
Unha semana antes do éxito, Jorquera interpelaba ao Vicepresidente Tercerceiro, Manuel Chaves, sobre as actuacións do Goberno para recabar os cartos dos clubes. O Ministro negaba que existise tolerancia ou laxitude con eles, pero ao mesmo tempo, contradecíase cando a renglón seguido sinalaba que "actuamos con prudencia e con solucións non traumáticas". É dicer, sen exixencias e sen ser pesado non for que o monstruo se contrariase. Unha permisividade que non existe para os demáis, e aínda que se practique con algunhas empresas a situación é moi distinta, non teñen o descaro de gastar a pasta en fichaxes multimillonarias.
Responsabilidade directa de Zapatero
Visto desde fóra, e desde a óptica de quen non ten moita querencia polo mundo do fútbol, paréceme unha situación impresentábel e inaceitábel. Máxime cando as cifras que se manexan para o pagamento dalgunhas fichaxes son tan estratosféricas que ate costa pronuncialas. O carto fluxe pero non precisamente na dirección de cumprir co deber de pagar impostos a Facenda e á Seguridade Social.
Os privilexios do denominado "deporte rei" son aínda máis difíceis de dixerir no actual contexto de crise económica. Unha situación que vale para salarios de funcionarios, que vale para recurtar o investimento en políticas sociais e en obra pública, que vale para cercenar dereitos dos traballadores con reformas laborais sen parangón e que vale para anunciar con chulería que vai haber reforma das pensións a peor, vamos que imos morrer traballando.
Os gastos dos clubes de fútbol deberían estar condicionados ao equilibrio orzamentario e ao cumprimento das súas obrigas de pago ao Estado. Algo que debería ser norma imprescindíbel para participar na Liga de Fútbol Profesional.
A permisividade para con este deporte de masas é responsabilidade directa do Presidente do Goberno español que, nun exercicio efectista de cara a galería asumiu con orgullo a Secretaría de Deportes á carteira de Presidencia. Dados os tempos que corren e os tantos éxitos deportivos, é doado concluír por que Zapatero adscribiu tan entusiastamente a función deportiva ás arduas tarefas de gobernante. A sempre gulosa foto cos gañadores do momento, o que lle vale para facer política de atracción máis non política de acción. Xa que tanto gusta dos flashes mediáticos é de esperar que tome boa nota do acordo logrado por Jorquera no Congreso e por unha vez cumpra co que o seu partido político respalda nas Cortes.