Os deberes dun bo pai de familia
Como son bos pais de familia, indicábanlle aos empresarios famacéuticos que pediran cretos aos bancos
Nestes días hai unha mensaxe que se repite como un mantra por parte dos dirixentes do PP, que din que os gobernantes teñen que facer como un bo pai de familia, isto é, non gastar máis aló do que se ten nese momento. Claro, este razoamento trae, necesariamente, a instalación de recortes de diferente índole, pero sempre no mesmo senso (profesores, persoal sanitario, retraso nos recoñecementos de prestacións sociais e da dependencia, retraso nos pagos ás farmacias,...).
Curioso foi o enfrontamento entre o goberno do PP de Castela-A Mancha co gremio dos farmacéuticos. Resumindo, o goberno de Cospedal pretendía que as oficinas de farmacia asumiran non cobrar o que tiñan servido dende antes das eleccións autonómicas, e que seguiran fiando ata a aprobación dos orzamentos de 2012.
Como son "bos pais de familia", indicábanlle a estes empresarios que pediran cretos aos bancos, avalandos co seu patrimonio ou de familiares e amigos, para seguir mantendo o servizo de farmacia.
Afortunadamente este colectivo, ademais de instruído, ten unha conciencia de clase que non fai doado que se lles poda "ningunear" e o goberno autonómico tivo que sentarse a negociar e xa comezou a pagar a débeda, non sen antes ver que podían pechar perto do 80% das farmacias da súaa comunidade.
Non tiña ningún sentido facer que as farmacias financiaran o gasto farmacéutico dunha comunidade autónoma durante perto dun ano, como tampouco sería de recibo que ningún traballador da administración pública (de calquera) traballe e non cobre durante un ano.
E esta proposta tan rumbosa é presentada por uns dirixentes recen chegados ás tarefas de goberno dunha comunidade, onde non pasa un dia sen que se laien do mal que están as contas que lle deixaron os anteriores (ese parece ser outro dos mantras dos dirixentes do PP que acadan responsabilidades de goberno en toda a península).
Non obstante é curioso ese "extremismo" en facer pagar erros alleos a colectivos que forman parte do sistema, pero que son o último elo, non tendo nada que ver coa desmesura no gasto xeral ou o sanitario en particular.
E é dobremente curioso que sexa nunha comunidade onde a presidenta encabeza o ranking de ganancias recoñecidas por adicación a tarefas político-administrativas.
Está ven ese exemplo de querer cadrar as contas que son responsabilidade de un, cos cartos dos alleos, e non ter nin o máis mínimo compoñente ético ou estético para chamar a facer un esforzo. Si non é de recibo trocar os prazos de pagamento da metade da partida, aínda máis doloroso é saber que quen impulsa esa acción a unha persoa que pide aos seus cidadáns esforzos, cando ela/eles o primeiro que fan e artellar o seu nivel salarial, que se cobrará puntualmente a finais de cada mes. Sinxelamente tremebundo.
Ao tempo de esta escaramuza, entendo eu que perdida polos políticos do PP de Catela-A Mancha, sona insistentemente a canción de "administrar como un bo pai de familia", e ante esa nota, os cidadáns temos a obriga de ser moi claros e pedagóxicos coa clase política que trata de colar ese texto ben intencionado como unha forma rastreira de facer recortes as clases máis desfavorecidas.
Hai que dicirlle claramente a eses individuos que un bo pai de familia nunha situación de necesidade económica, o primeiro que fai si non hai comida para todos os seus, deixa o seu prato para o último e comeza a repartir primeiro aos nenos e aos maiores da casa, que son os máis débiles, sendo os adultos e el mesmo os últimos que se serven (si queda algo). E que si a situación se prolonga no tempo, ten a necesaria obriga de solicitar un creto, endebedarse, para sortear esa situación. Deberá buscar esa rede social e familiar que lle pode botar unha man, e si non a ten, terá que ir ata un banco a tentar acadar un creto que lle permita atender as necesidades vitais dos seus e de el, e que lle permita iniciar, continuar ou mellorar a súa actividade económica, traballando máis e tentando facer as cousas mellor.
Iso é o que fai un "bo pai de familia".
O que non fai un bo pai de familia é o que tentou facer Cospedal en Castela-A Mancha cos donos das farmacias, nin o que fai E. Aguirre en Madrid, nin Feijoo en Galiza, -entre outros achas da cousa pública-, recortando persoal docente nos centros de ensino, enviando mestres ao paro e condenando a moitos centros a "guerras nas aulas".
O que agora din que aforran en mestres, vamos a telo que gastar en policías e en cárceres dentro de pouco.
Se os dirixentes políticos queren que os vexamos como "bos pais de familia" van a ter que mudar radicalmente o seu xeito de pensar e de facer.
Poden tentar de seguir enganando, dicindo unhas cousas e facendo outras, pero iso xa non vai a saír gratis.
Xa non poden comprar vontades dando unha esmola antes das eleccións nin convidando a comerotas.
Agora necesitamos xestores e servidores públicos que entendan que primeiro é o pobo e despois son eles. Como sempre debeu ser, e que na meirande parte das veces, terminou sendo ao revés.
Non podemos ser cómplices do torcimento que fan de todo, inclusive dos ditos arraigados no máis fondo sentimento humano como iso do "bo pai de familia".
Xa que parece que imos para unha situación de "economía de guerra", fai falla que escoitemos dos nosos "dirixentes oficiais" o berro valente e solidario de "Seguídeme" e non o interesado, covarde e casposo de "adiante".
Se as cousas están mal, e seguro que están, é necesario, extraordinariamente necesario nestes intres, que os que están ao mando dean exemplo. Bo exemplo, se entende.