O rural non afoga
24 de xuño de 2010 (00:01 h.)
O rural sen xente non é nada e cando queiramos darnos conta a nada estará instalada de tal forma que non haberá ninguén a quen poder falarlle ou convencer
Si, non vos sorprendades polo título xa que é unha realidade constatada durante este período de goberno do Partido Popular. O rural non afoga, xa que nada.
Nada se move, nada se fai, nada se produce agás romper ou desfacer os camiños que nos podían levar a un futuro con algo de proxección de supervivencia.
Hoxe ver os montes do noso pais abandonados ao monocultivo, sen perspectiva de innovar ou racionalizar o seu uso, sen respectar a lei de prevención de incendios e o diñeiro que se está metendo nos servizos de extinción é claramente vivir na mentira. Máis o control sobre a xente do servizo de extinción é unha clara baza electoral que non se pode perder, dende logo que experiencia que teñen acumulado doutros anos confírelles un paso de vantaxe con respecto aos demais. Pero ninguén di nada, todo está ben. Os expedientes derivados da Lei de protección de incendios acumúlanse non só burocraticamente falando senón tamén politicamente. Non convén ser serios e rigorosos senón todo o contrario. Sábeno ben moitos alcaldes, o cumprimento das Leis o avance cara un medio rural estruturado, etc, supón un troco no rigor político, na educación da cidadanía e sobre todo na información e na seriedade coa que se deben tratar estes asuntos. Todo isto é traballoso e politicamente incorrecto, entón para que cambiar algo que lles funciona sen ningún problema? E realmente teñen razón. Os que temos que mudar de actitude somos nos, deixar a pel de submisos eternos e converternos nunha soa voz que reclame o que nos pertence por dereito propio, do mesmo xeito que temos deberes.
No eido agrario máis do mesmo. Escritos sen contestar durante longas etapas que chegan a ser máis dun ano, o banco de terras literalmente parado e obviando as funcións para o cal foi concibido e desprezando, doutra volta, o factor terra. Nas relacións co sector ao nivel de participar na regulación do sector só compre subliñar a total desaparición da administración, loxicamente baixo mando político, deixando o sector ao libre albedrío. A maiores sábese que unha gran parte da xente que estaba traballando na administración que non son funcionarios están sendo despedidos ou non renovados, do mesmo xeito que interinos que estaban facendo estas mesmas labores, sen ter quen faga o traballo que realizaba esta xente.
E o goberno que fai? Simplemente dedicase a saír na televisión pública galega e soltar cifras sen ton nin son e sen concretar nada. Non era o presidente actual o que ía rematar coa crise en menos dun mes? Non era o presidente actual o que prometera dinamizar o rural galego con non se sabe canto diñeiro para paliar os efectos da crise?
Parece ser que era outra persoa, evidentemente. Pero da o mesmo, eles seguen co espectáculo na nosa televisión (que para iso gañaron) e prometendo e prometendo sen concrecións nin entrar nas irregularidades que tiñan denunciado na campaña electoral. Fai uns días este individuo volveu a prometer un aforro enerxético de non sei cantos millóns de euros a costa das enerxías renovables, pero non houbo nin o mínimo comentario sobre a primeira sentenza dun tribunal sobre o decreto eólico que perdeu unión fenosa e que redundaba nos mesmos argumentos que daquela esgrimía o propio partido popular.
A culpa non é deles senón nosa, e o que máis sorprende é a pasividade coa que nos tomamos todo, será que é máis interesante ter o inimigo na casa que fóra?
O rural sen xente non é nada e cando queiramos darnos conta a nada estará instalada de tal forma que non haberá ninguén a quen poder falarlle ou convencer.