O PP marca a folla de ruta para a privatización dos montes veciñais

O BNG é o único grupo político que tanto na oposición como no goberno, defendeu a existencia da titularidade veciñal

A política informativa que está a levar adiante o Partido Popular ao respecto da elaboración de unha lei de montes de Galiza e/ou unha lei de montes veciñais, é un exemplo claro de escurantismo, manipulación e confusionismo. Todo elo con un obxectivo claro, proceder a privatización dos montes veciñais, pola porta e atrás, sen cuestionamento social e xa que logo, sen custe electoral.

Se non é así, non se entende as filtracións do Borrador de lei de montes aos medios de comunicación social e as entidades "amigas ". Se non é así, non se entenden as declaracións do Director Xeral de Montes, asegurando, por activa e por pasiva, que o Borrador do que se está a falar, é de montes de Galiza e non de montes veciñaís. Se non é así, non se entende que, o mesmo Sr Presidente da Xunta de Galiza, no chamado debate sobre o Estado da Autonomía, se mollase e afirmase tamén, que a lei que se está a elaborar e de montes de Galiza e non de montes veciñais. Declaracións todas, que viñeron a ser mentiras.

Evidentemente, a mentira ten as patas curtas e poucas veces acada a meta. A toda esta manobra de  confusión do Partido Popular, caéuselle a careta, cando o dia 13 de Abril de 2011, na páxina web da Consellaría do Medio Rural, o seu titular, manifesta que nestes momentos estase a elaborar unha lei de montes de Galiza e logo (mais na mesma lexislatura política), procederase a modificar a lei
de montes veciñais  actualmente vixente.

Fica claro, xa que logo, que a estratexia do Partido Popular, para esta lexislatura política é privatizar os montes veciñais. Como tamén fica claro, que a táctica do Partido Popular para acadar este fin e, en primeiro lugar aprobar unha lei de montes de Galiza con consenso do sector (difícil, mais non imposible), e logo aprobar as modificacións a lei de montes veciñais. Mais, como nesta segunda
parte o consenso do sector e imposible, procederá a levar adiante estas modificacións furtando o debate (por exemplo a través da Lei de Acompañamento aos orzamentos xerais de Galiza).

Para as comunidades de montes veciñais en mans común que conforman a organización galega de comunidades de montes (orgaccmm), esta estratexia e esta táctica do Partido Popular, non as colle por sorpresa. No mesmo momento en que o Partido Popular, voltou o goberno da Xunta de Galiza, a orgaccmm, xa manifestou que a intención do Partido Popular, era proceder a privatizar os montes veciñais. Na última asemblea xeral da orgacccmm (12 de Marzo de
2011 no concello do Porto do Son), aprobou unha campaña para deter este intento.

Esta campaña, iniciouse o dia 13 de Abril de 2011, levando  adiante concentracións de veciños e veciñas comuneiros diante da Dirección Xeral de Montes e diante do Parlamento Galego para facer entrega de un escrito cos puntos irrenunciables  que debe contenprar unha lei de montes veciñais (reforzamento do concepto xermánico da titularidade veciñal, veciñanza como único requisito para gozar dos dereitos do monte veciñal, capacidade de decisión das asembleas xerais dos veciños e veciñas  e plena capacidade xurídica das comunidades de montes). Por certo, a único grupo parlamentar que
veu a saudar aos veciños e veciñas comuneiros concentrados, foi o BNG.

O segundo paso de esta campaña, será, unha vez constituídos as novas corporacións dos concellos, solicitar dos partidos políticos  que presenten mocións para  defender a titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas. Mais, este segundo paso require unha reflexión previa. Se queremos que estas mocións teñan éxito, os partidos políticos que defenden ao monte veciñal en mans común, teñen que acadar unha boa representación. E nesto, os veciños e veciñas comuneiros podemos e debe-
mos aportar o nos grao de area.

Se afirmamos que o BNG e o único partido que coincide coas comunidades de montes na defensa de estas terras comunitarias e na súa posta en valor de xeito multifuncional e sustentable, estamos a facer partidismo ou estamos contando unha verdade?. Estamos facendo política e estamos a contar unha verdade.

O BNG, e o único grupo político que tanto na oposición como no goberno, defendeu a existencia da titularidade veciñal. Este e verdade e como dicía a finada da miña aboa, a verdade ten un camiño só.